STS-55
STS-55 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-55. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 26 de abril de 1993, 14:50 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 9,99 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos a bordo do laboratorio Spacelab D2.[3][6] |
Regreso | 5 de maio de 1993[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1993-027A |
STS-55 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 26 de abril de 1993 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-55, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio Spacelab D2, patrocinado por Alemaña. A tripulación estaba formada polo comandante Steven R. Nagel, o piloto Terence T. Henricks, os especialistas de misión Jerry L. Ross, Charles J. Precourt e Bernard A. Harris e os especialistas de carga Ulrich Walter e Hans Schlegel.[3][5][6][7]
Os 88 experimentos a bordo de Spacelab D2 abranguían ciencias da vida, microgravedade, ciencias terrestres e astronomía e foi a sucesora de Spacelab D1, con 11 paísese participando no deseño e elaboración dos experimentos. A tripulación dividiuse en dous equipos para levar a cabo os experimentos de forma óptima. Outros experimentos secundarios a bordo do transbordador foron SAREX II e SAFEX. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de maio de 1993.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 11 August 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-46671(E)). 25 de agosto de 1993: 4. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-55 - Spacelab-D2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-55" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-55 |