Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nereidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Nereidas de Gaston Bussiere.

Na mitoloxía grega, as Nereidas (en grego antigo Νηρείδες Nêreídes ou Νηρηίδες Nêrêídes, en singular Νηρείς Nêreís ou Νηρηίς Nêrêís, de νέειν néein, 'nadar') eran as cincuenta fillas de Nereo e de Doris.

Considerábanas as ninfas do mar, posto que vivían nas profundidades do océano; no en tanto emerxían á superficie para axudar os mariñeiros que asucaban os procelosos mares, sendo os argonautas os máis famosos entre os que socorreron mentres viaxaban en procura do vélaro de ouro. Aparécense aos homes do mar montadas en golfiños e outros animais mariños. Os gregos adorábanas en altares nas beiras de mares e cantís, onde lles ofrendaban leite, aceite e mel.

Representaban todo aquilo que houbese de fermoso e amable no mar. Cantaban con voz melodiosa e bailaban ao redor do seu pai. Represéntanse coroadas por ramas de coral e portando o tridente de Poseidón, de cuxo séquito formaban parte.

As máis importantes eran Tetis (muller de Peleo e nai de Aquiles), Galatea (amante de Acis e que namorou ao ciclope Polifemo) e Anfitrite (muller de Poseidón).

Na arte clásica atópanse habitualmente con golfiños, monstros mariños e ata algún hipocampo.

Catálogo das Nereidas

[editar | editar a fonte]

A relación de nereidas aparece nas obras de varios autores clásicos, diferindo dunha a outra.

Pseudo-Apolodoro[1] Hesíodo[2] Hixinio[3] Homero[4]
Actea Actea Actea Actea
Ágave Ágave Ágave Ágave
Amatea Amatea
Anfínome Anfínome
Anfítoe Anfítoe
Anfítrite Anfítrite
Apseudes Apseudes
Aretusa
Asia
Autónoe Autónoe
Beroe
Calianasa Calianasa
Calianira
Calipso
Ceto
Cídipe
Cimatóloge
Cimo
Cimódoce Cimódoce Cimódoce
Cimótoe Cimótoe Cimótoe Cimótoe
Clímene Clímene
Clío
Cranto
Creneis
Dero
Dexámene Dexámene
Deyopea
Dinámene Dinámene Dinámene Dinámene
Dione
Doris Doris Doris
Doto Doto Doto Doto
Drimo
Éfira
Erato Erato
Espeo Espeo Espeo Espeo
Eucranta Eucranta
Eudora Eudora
Eulímene Eulímene
Eumolpe
Eunice Eunice
Eupompa
Eurídice
Evágora Evágora
Evarne
Éyone Éyone
Ferusa Ferusa Ferusa Ferusa
Filodoce
Galatea Galatea Galatea Galatea
Galene
Glauce Glauce Glauce
Glaucónome Glaucónome
Halia Halia Halia
Halimeda Halimeda
Hipónoe Hipónoe
Hipótoe Hipótoe
Janta
Laomedea
Leágora
Leucótoe
Licoria
Ligea
Limnorea Limnorea Limnorea
Lisianasa Lisianasa
Mélite Mélite Mélite Mélite
Menipe
Mera Mera
Nausítoe
Nemertes Nemertes Nemertes
Neomerís
Nesea Nesea Nesea Nesea
Neso
Opis
Oritía Oritía
Panopea
Pánope Pánope Pánope Pánope
Pasítea
Plexaura
Ploto
Polínoe
Polínome
Pontomedusa
Pontoporea
Prónoe
Proto Proto Proto Proto
Protomedea
Psámate Psámate
Sao Sao
Talía Talía
Temisto
Tetis Tetis Tetis
Toa Toa Toa
Yanasa Yanasa
Yanira Yanira Yanira
Yera Yera
Yone
  1. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 2, 7.
  2. Hesíodo, Teogonía 240 ss.
  3. Hixinio, Fábulas, prólogo
  4. Homero, Ilíada XVIII, 389 ss.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]