Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Iatromantis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iatromantis[1] é unha palabra grega cuxo significado literal é "médico-vidente" ou "home-medicina". Iatromantis, unha forma de xamanismo grego, está relacionado con figuras semi-míticas como Abaris, Aristeas, Epiménides e Hermótimo.[2] No período clásico, Esquilo emprega o termo para referirse a Apolo[3] e a Asclepio, o fillo de Apolo.[4]

Segundo o estudoso Peter Kingsley, as figuras iatromantis pertencen a unha tradición xamánica máis ampla con orixe en Asia central.[5]

  1. Lingua grega antiga: ἰατρόμαντις from ἰατρός, iatros "curandeiro" e μάντις, mantis "adiviño".
  2. Luck, Georg (2006). Arcana Mundi: Magic and the Occult in the Greek and Roman Worlds: A Collection of Ancient Texts. The Johns Hopkins University Press. pp. 500. ISBN 0-8018-8346-6. 
  3. Aeschylus, Eumenides l. 62.
  4. Aeschylus, Suppliant Women l. 263.
  5. Kingsley, Peter (1999). In the Dark Places of Wisdom. The Golden Sufi Center. pp. 255. ISBN 1-890350-01-X.