Lucy Stone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1818 West Brookfield, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de outubro de 1893 (75 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Cemitério Forest Hills (pt) |
Relixión | Congregacionalismo (pt) |
Educación | Oberlin College (en) Mount Holyoke College (pt) Wilbraham & Monson Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, abolicionista, sufraxista, editora literaria, activista polos dereitos das mulleres, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Henry Browne Blackwell (1855–1909) |
Fillos | Alice Stone Blackwell |
Pai | Francis Stone, Jr. |
Irmáns | William B. Stone |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Lucy Stone) Library of the World's Best Literature (en) Representative Women of New England (en) |
Lucy Stone, nada en West Brookfield, Massachusetts o 13 de agosto de 1818 e finada en Boston o 19 de outubro de 1893, foi unha oradora, abolicionista e sufraxista estadounidense especialmente influente na historia dos Estados Unidos do século XIX.[1] Traballou como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude e nas súas clases avogou tanto contra a escravitude como a prol dos dereitos da muller. En 1869 creou a Asociación Americana a prol Sufraxio da Muller.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era a oitava de nove irmáns. Os seus pais foron Hannah Matthews e Francis Stone. Pasou a súa nenez traballando nunha granxa familiar de Coy's Hill en West Brookfield, Massachusetts.
Ó rematar o Bachelor of Arts foi mestra de escola. Ós 21 anos ingresou no College Oberlin en Ohio, a primeira universidade dos Estados Unidos que admitiu alumnos afroamericanos e o ingreso de mulleres, fundada en 1833 por presbiterianos. En 1839, Stone foi a primeira muller de Massachusetts que obtivo un grao académico.
Graduouse en 1847 e empezou a traballar como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude. Nas súas clases denunciaba a escravitude e tamén defendía os dereitos das mulleres.
En 1847, deu o seu primeiro discurso público sobre os dereitos das mulleres "A Provincia da Muller", convidada polo seu irmán Bowman Stone para falar na súa igrexa rompendo as convencións até o momento de que unha muller falase ante unha audiencia mixta.
En 1850, dous anos despois de que se celebrase en Nova York a Convención de Séneca Falls, organizou a primeira Convención Nacional polos dereitos da muller en Worcester, Massachusetts. Alí coñeceu ó que sería o seu marido.
En 1855 casou con Henry B. Blackwell (1825-1909), activista contra a escravitude. Ambos prometeron ter igualdade de dereitos no matrimonio. Un ano despois da voda, en protesta contra as leis discriminatorias Stone decidiu recuperar o seu apelido de solteira, "o meu nome é a miña identidade e non debo perdela" escribiu nunha carta ó seu marido e foi a primeira estadounidense rexistrada que mantivo o seu apelido despois do matrimonio.[3] Henry era irmán de Elizabeth Blackwell, tamén activista dos dereitos da muller e primeira doutora dos Estados Unidos. Lucy e Henry tiveron unha única filla: Alice Stone Blackwell (1857-1950) xornalista, tradutora e tamén activista polos dereitos das mulleres.[4]
Escravitude e voto feminino
[editar | editar a fonte]En 1861 foi elixida presidenta da Asociación de Mulleres de Nova Jersey e foi confundadora da liga Nacional de Mulleres que promoveu a Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos que aboliu a escravitude aprobada en 1865.
En 1869 creou en Boston a Asociación Americana a prol do Sufraxio da Muller (American Woman Suffrage Association) a partir do grupo de reformadores sociais que pensaban que do mesmo xeito que era necesario abolir a escravitude érao tamén defender os dereitos das mulleres. Foi un grupo moderado, menos militante que a Asociación Nacional do Sufraxio da Muller (National Woman Suffrage Association) de Elizabeth Candy Stanton e Susan B. Anthony e só fixo campaña pola consecución do voto feminino sen ocuparse doutras discriminacións que sufrían as mulleres.
Stone e o seu marido fundaron o semanario feminista Diario da Muller onde publicaban os seus discursos e os doutras activistas. Stone falou ante varios corpos lexislativos para promover leis que desen máis dereitos ás mulleres.[5]
Morreu en Boston en 1893, ós 73 anos. Ese mesmo ano aprobouse unha emenda da Constitución dos Estados Unidos que outorgaba nalgúns estados o dereito ó voto feminino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lucy Stone. Women's Rights Activist and Journalist". Consultado o 24 de maio de 2016.
- ↑ Electronic Oberlin Group. Oberlin: Yesterday, Today, Tomorrow... Lucy Stone (1818-1893). Consultado o 9 de maio de 2009.
- ↑ "Biografías - Sufragismo y Feminismo, 1789-1945".
- ↑ Blackwell, Alice Stone (1 de xaneiro de 1930). Lucy Stone: Pioneer of Woman's Rights (en inglés). University of Virginia Press. ISBN 9780813919904. Consultado o 24 de maio de 2016.
- ↑ Dorchester Atheneum. Lucy Stone, 1818-1893 Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine. . "Perhaps Lucy Stone's greatest contribution was in founding and largely financing the weekly newspaper of the American Woman Suffrage Association, the Woman's Journal." Consultado el 9 de mayo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucy Stone |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baker, Jean H. (2005). Sisters: The Lives of America's Suffragists. Nova York: Hill and Wang. ISBN 0-8090-9528-9
- Baker, Jean H. (2002). Votes for Women: The Struggle for Suffrage Revisited. Oxford: Oxford University Press, ISBN 0-19-513016-2
- Blackwell, Alice Stone (2001). Lucy Stone: Pioneer of Woman's Rights. Charlottesville e Londres: University Press of Virginia, ISBN 0-8139-1990-8
- Buhle, Mary Jo e David Buhle (1978). The concise history of woman suffrage. University of Illinois, ISBN 0-252-00669-0
- Fischer, Gayle V. (2001). Pantaloons and Power: A Nineteenth-century Dress Reform in the United States. Kent State University Press, ISBN 0-87338-682-5