Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cancro de estómago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cancro gástrico
Clasificación e recursos externos
Úlcera de estómago diagnosticada como cancro por biopsia.
ICD-10C16
ICD-9151
OMIM137215
MedlinePlus000223
eMedicinemed/845
MeSHD013274
GeneReviewsHereditary Diffuse Gastric Cancer
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O cancro de estómago ou cancro gástrico é un tipo de crecemento celular maligno producido con capacidade de invasión e destrución doutros tecidos e órganos , en particular o esófago e o intestino delgado, causando cerca dun millón de mortes no mundo anualmente. Nas formas metastásicas, as células tumorais poden infiltrar os vasos linfáticos dos tecidos, diseminarse aos ganglios linfáticos e, superando esta barreira, penetrar na circulación sanguínea, despois do cal queda aberto virtualmente o camiño a calquera órgano do corpo.

Incidencia

[editar | editar a fonte]

A pesar da diminución da incidencia do carcinoma nos últimos anos, esta enfermidade aínda é a causa de morte máis común por cancro en todo o mundo. A incidencia é moi variable por países. Por exemplo, nos Estados Unidos de América preséntase unha incidencia de 11,1, en Inglaterra de 22,1 e no Xapón de 100,2 por 100.000 habitantes. O que demostra a gran variabilidade que existe entre distintas rexións. A nivel mundial é a cuarta causa de casos novos de cancro por ano segundo un estudo do ano 2000, con 945.000 casos novos. O feito de que as poboacións que migran dun país con alta incidencia a outro onde é baixa mostren a partir da segunda xeración, un descenso significativo de casos de cancro gástrico suxire que a causa pode ser ambiental, e que existe un factor causal nos hábitos alimenticios. A pesar de que as diferenzas internacionais na incidencia son moi pronunciadas, as variacións con respecto ao sexo son escasas, pero é dúas veces máis frecuente en homes que en mulleres. A maior incidencia por idade encóntrase entre os 50 e 70 anos, cunha incidencia máxima arredor dos 60 anos, sendo infrecuente antes dos 30 anos. Petterson en 1987 nun estudo retrospectivo demostrou un incremento na incidencia de carcinomas da rexión do cardias. Por outra parte ; Meyer no mesmo ano publicou un descenso dos carcinomas da rexión antral. En Latinoamérica, Chile e Costa Rica destacan pola súa mortalidade de máis de 40 por 100.000 habitantes.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

O cancro de estómago pode ser difícil de detectar nos seus inicios xa que acotío non presenta síntomas, e en moitos casos , o cancro xa está estendido cando se encontra. Cando ocorren os síntomas, son a miúdo tan discretos que a persoa non se preocupa por eles. Pode causar os seguintes efectos:

  • Indixestión ou unha sensación ardente
  • Malestar ou dor abdominal
  • Náuseas e vómitos
  • Diarrea 
  • Inchazón do estómago despois de comidas
  • Perda do apetito
  • Debilidade e fatiga
  • Hemorraxias non habituais
  • Cambios no ritmo intestinal ou urinario
  • Feridas que tardan en cicatrizar
  • Dificultade ao inxerir alimentos
  • Cambios repentinos no aspecto de verrugas cutáneas
  • Tose persistente ou rouquén
  • Perda de peso
  • Mal alento

Calquera destes síntomas pode ser causado polo cancro ou por outros problemas de saúde menos serios, tales como un virus que afecta ao estómago ou unha úlcera. Polo tanto, soamente un médico pode determinar a causa real. Se unha persoa ten calquera destes síntomas debe visitar un profesional da medicina. Despois, este médico, pode enviar ao paciente a un especialista en problemas dixestivos. Será este último, o gastroenterólogo, quen diagnisticará e determinará exactamente o diagnóstico correcto.