Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

National Women's Hall of Fame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
National Women's Hall of Fame
Tipo501(c)(3), organización e salão da fama
Data de fundación10 de marzo de 1969
Localización
Enderezo1 Canal St, Seneca Falls, NY 13148
EnSeneca Falls
PaísEstados Unidos de América
42°54′33″N 76°47′58″O / 42.909166666667, -76.799444444444
Na rede
https://www.womenofthehall.org/ e http://www.greatwomen.org/
Facebook: womenofthehall Twitter: WomenoftheHall Instagram: womenofthehall LinkedIn: national-women-s-hall-of-fame Youtube: UCW-OYJAqQqd5L-RHi5UfV1g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

National Women's Hall of Fame (en galego, Salón Nacional da Fama de Mulleres) é unha institución estadounidense creada en 1969, na cidade de Seneca Falls, Nova York, onde se celebrou a primeira Convención sobre os Dereitos da Muller en 1848.[1][2] A misión do salón, establecida na súa declaración de 1969, é: "honrar a perpetuidade as mulleres cidadás dos Estados Unidos de América cuxas contribucións ás artes, deportes, negocios, educación, goberno, humanidades, filantropía e ciencia foron de grande importancia e valor para o desenvolvemento do seu país.[3][4]

O National Women's Hall of Fame distingue as mulleres estadounidenses a través dun rigoroso proceso de selección no que participan representantes de importantes organizacións do país e expertos en diferentes áreas. As nomeadas son seleccionadas en función da medida en que os cambios que realizaron afectan aos aspectos sociais, económicos e culturais da sociedade; o impacto que tiveron a nivel nacional ou global, os resultados do cambio producido; e o valor duradeiro deses logros ou cambios.[5]

A idea xurdiu de John Rosenkrans, presidente do Eisenhower College, onde se albergou o salón ata 1979,[4] cando a organización comprou un edificio bancario no distrito histórico de Seneca Falls e renovouno para convertelo na nova sede do salón e no lugar da súa residencia e da exposición permanente.[1] A residencia está situada no número 76 de Fall Street, preto do Parque Nacional dos Dereitos da Muller que se estableceu no lugar da Convención de 1848.

Membros do Salón da Fama da Muller Nacional

[editar | editar a fonte]

Lista de mulleres que foron elixidas para o Salón da Fama da Muller Nacional:[6]

  1. 1,0 1,1 "Our History" (en inglés). National Women's Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  2. Associated Press (9 de marzo de 2011). "11 named to National Women’s Hall of Fame" (en inglés). Boston.com. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  3. "Resources" (en inglés). Universidad de Tampa. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Buchanan (2009), p. 203
  5. "Elegibility" (en inglés). National Women's Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2011. 
  6. "View All Women". National Women's Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  7. "2021 Induction". National Women’s Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]