Hadrián IV, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(década de 1100) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Nicolas Breakspear 1100 ↔ 1120 St Albans (Reino de Inglaterra) |
Morte | 1 de setembro de 1159 Anagni (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Causa da morte | Abscesso peritonsilar (pt) |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
169º Papa | |
11 de decembro de 1154 – 1 de setembro de 1159 ← Anastasio IV – Alexandre III → | |
Cardeal | |
1146 – | |
Cardinal-Bishop of Albano (en) diocese de Albano | |
1146 – 1154 ← Pietro Papareschi (en) – Gualterio (en) → | |
Abade | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | St Albans School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | diplomático, sacerdote católico, filósofo, bispo católico |
Orde relixiosa | Ordem de Santo Agostinho (pt) |
Consagración | Uxío III |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hadrián IV (de nome de bautizo Nicolau Breakspeare), nado en St Albans en 1100 e finado en Anagni o 1 de setembro de 1159, foi Papa da Igrexa católica romana do 1154 ao 1159.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Breakspeare, o único papa de nacionalidade inglesa da historia, trasladouse na súa mocidade a Francia para seguir os seus estudos, tomando os hábitos e ingresando ao mosteiro de Santo Rufus (Aviñón) onde en 1137 converterase no seu abade.
En 1146 é nomeado por Uxío III cardeal bispo de Albano, e en 1152 é nomeado legado pontificio a Escandinavia onde estableceu, en Trondheim, a sé arciprestal de Noruega e en Uppsala a sé arciprestal de Suecia.
Ao seu retorno a Roma en 1154 recibe o apelativo do "Apóstolo do norte", e logo da morte de Anastasio IV foi elixido por unanimidade o seu sucesor, sendo consagrado o 18 de xuño de 1155.
A cidade que se atopa o novo papa está sumida en revoltas populares alimentadas polas ideas heterodoxas de Arnaldo de Brescia e que desembocan no asasinato dun cardeal. Hadrián refuxiouse en Viterbo e como resposta tirou un interdito contra Roma polo cal prohibe a celebración dos santos oficios, a administración dos sacramentos e a sepultura eclesiástica, rexeitando recoñecer o Senado e esixindo o desterro de Arnaldo para conceder o perdón.
Este interdito provocou unha crise económica na cidade ao verse interrompida a afluencia de peregrinos a Roma, e conduciu á submisión da cidade á vontade papal e a expulsión de Arnaldo.
No plano temporal, a política de alianzas de Hadrián decantouse nun primeiro momento para conseguir, a cambio da súa coroación, o apoio do emperador xermánico
Federico I no seu conflito co reino normando de Sicilia, cuxo rei, Guillerme I de Sicilia, fora excomungado polo papa ao invadir territorios pontificios.
O encontro prodúcese o 9 de xuño de 1155 en Sutri pero fracasa por unha cuestión de protocolo: segundo a tradición os reis tiñan que suxeitar o estribo do cabalo do papa como sinal de submisión. Federico avanzou cara a el pero obviou esta cerimonia de homenaxe, aínda que si que bicou a zapatilla papal unha vez desmontado. O papa, durante a celebración da misa, e en represalia, nega a Federico o "bico da paz", o cal implicaba que non habería coroación.
O conflito resólvese uns días despois, o 11 de xuño, noutro encontro celebrado en Nepi o cerimonial é respectado por ambas partes e o 18 de xuño, Federico é coroado polo papa.
Aquel mesmo día Arnaldo de Brescia, que fora capturado polo emperador, era entregado ao papa e executado, o que provoca unha rebelión en Roma. O enfrontamento coas tropas imperiais finaliza coa derrota dos romanos, o encarceramento dos seus líderes máis significativos e a execución de máis dun milleiro de romanos que foron afogados no río Tíber. A vitoria do emperador foi aínda así pírrica posto que debido á falta de aprovisionamentos e a un gromo de malaria viuse obrigado a abandonar a cidade e volver a Alemaña.
Hadrián, que se ve obrigado a abandonar Roma e instalarse en Benevento, buscou entón o apoio dos bizantinos para someter os sicilianos, pero ao ser derrotados por estes impúxose un cambio radical na política papal.
En efecto, Hadrián asinou en 1156 o tratado de Benevento con Guillerme I de Sicilia, polo cal o papa, ademais de investilo como rei, recoñécelle unha serie de territorios que, ao ser tamén pretendidos polo seu antigo aliado Federico, enfrontarao con el. Guillerme pola súa banda recoñécese como vasalo tributario do papado, renuncia ao nomeamento de bispos no seu reino e promete defender os Estados Pontificios.
Durante a súa estadía en Benevento, Hadrián recibe a visita de Xoán de Salisbury quen lle solicita que decrete que Irlanda pase a ser dominio do rei Henrique II de Inglaterra. A solicitude, que supón un permiso de invasión para o rei inglés, é concedida por Hadrián, baseándose na Doazón de Constantino, mediante a Bula Laudabiliter.
O 1157 Hadrián chega a un acordo co pobo romano que lle permite volver a Roma. O 1 de setembro do 1159, o papa atopábase en Anagni e achegouse á fonte da praza da vila para beber auga. Insolitamente, unha mosca entrou na súa gorxa, e ao non poder sacarlla, o papa morreu de asfixia.
Durante o seu pontificado empezou a utilizarse o termo vicario de Cristo para referirse ao papa.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De rure albo (Do campo branco), citación que fai referencia á súa orixe campesiña e ao seu lugar de nacemento, Saint-Alban (Alba = "branco, albino").
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |