León I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Leo PP. I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 390 Toscana, Italia |
Morte | 11 de novembro de 461 (70/71 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Antiga Basílica de São Pedro (pt) |
45º Papa | |
29 de setembro de 440 (Gregoriano) – 10 de novembro de 461 (Gregoriano) ← Sisto III – Hilario → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | escritor, sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 10 de novembro |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo I., St., Leo I. the Great |
León I o Magno ou o Grande (Toscana, 390-Roma, 10 de novembro de 461) foi o papa n.º 45 da Igrexa católica, dende o 440 ata o 461. Procedía da rexión italiana da Toscana. Sendo diácono foi designado polo emperador Valentiniano III para difíciles tarefas de mediación nas Galias. Foi elixido Papa no ano 440, nun momento en que a cristiandade estaba dividida en materia de fe e o Imperio Romano nunha crise sen retorno.
Labor doutrinal
[editar | editar a fonte]Combateu pastoral e argumentalmente contra o maniqueísmo que atribuía a creación (a materia e o corpo) a unha deidade malvada; contra o pelaxianismo que entendía que a salvación non se acadaba polo amor gratuíto de Deus senón polas boas obras do home, contra o priscilianismo na súa vertente gnóstica que chegaba a cuestionar a encarnación do Fillo de Deus no home Xesús de Nazaret e contra o nestorianismo que afirmaba unha dualidade en Cristo.
A súa intensa actividade (coñécenselle 432 cartas e 96 sermones) permitiu asentar a doutrina que hoxe a maior parte da cristiandade considera como auténtica: o Deus do Evanxeo é o único Deus Creador; a redención acádase polo amor de Deus manifestado en Xesucristo que é verdadeiro Deus e verdadeiro Home nunha soa persoa.
En efecto, para León o ceo a terra e canto neles hai fala da omnipotencia e bondade do seu Autor e a admirable beleza dos seus elementos está pedindo da criatura intelixente acción de grazas. Para el, en Cristo a maxestade asume a humildade, o poder a debilidade e a eternidade a mortalidade.
Apoiou o labor do Patriarca de Constantinopla contra o monofisismo de Eutiques, e como sucesor de Pedro reivindicou a súa autoridade nas Igrexas das Galias e de Hispania. As cartas e sermóns que del se conservan tratan dalgúns destes temas. Está considerado por iso un dos Pais da Igrexa.
A el se lle debe o primeiro misal coñecido como Sacramento Leonino
Carisma
[editar | editar a fonte]León posuía unha enorme autoridade moral que radicaba na súa sinxeleza de vida, a súa piedade, e o seu sentido da equidade. O seu valor foi recoñecido cando saíu ao encontro de Atila en Mantua conseguindo evitar a destrución de Roma por parte dos hunos (ano 452).
Cando os vándalos de Xenserico saquearon Roma no ano 456, tamén obtivo deles clemencia para os aterrorizados cidadáns, evitando a queima da cidade e o masacre. Isto fixo que fose venerado polo conxunto do pobo e que morrera en loor de santidade.
Foi soterrado na basílica de San Pedro de Constantino. No ano 688, as súas cinsas foron trasladadas a unha igrexa a el consagrada.
Foi o primeiro bispo de Roma a quen se lle denominou Magno, e tamén o primeiro en exercer de xeito patente e eficaz unha autoridade doutrinal sobre toda a Igrexa. O Concilio de Calcedonia veu recoller a súa postura sobre a dobre natureza de Cristo corrixindo, para as Igrexas monofisitas, ou completando para a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica a fe de Concilio de Éfeso. Segundo a tradición, no Concilio leuse o seu tomo e a maioría entendeu que Pedro falara pola boca de León'´.
En 1754, o Papa Bieito XIV proclamouno doutor da Igrexa.
A festa de San León Magno celébrase o 10 de novembro.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: León I, papa |