Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Europa-Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa-Park
Información
Cidade Rust
Localización Rust, Baden-Württemberg
Apertura 12 de xullo de 1975 (49 anos)(resort)[1]
Empresa Familia Mack
Sitio web europapark.de

Europa Park é un resort turístico, que conta con dous parques temáticos (o propio Europa-Park e o parque acuático Rulantica) un centro de conferencias, zona de acampada, un restaurante e coctelaría externo combinado cunha atracción, Eatrenalin, un salón de cine e seis hoteis temáticos. Está situado no municipio de Rust, no distrito de Ortenau, a unha hora de distancia de Estrasburgo e a 40 minutos do seu aeroporto Aeroporto de Estrasburgo SXB. O parque é propiedade da familia Mack, dona da empresa alemá Mack Rides GmbH & Co KG, fabricantes de vagóns e automóbiles desde o ano 1780 , carruseis e atraccións de feira desde o 1921 e de montañas rusas desde o 1958 [2] A familia Mack fabricou máis de 150 atraccións para parques a nivel global, como o Xardíns Tívoli, Disney California Adventure, o Parc Astérix, Disney's Hollywood Studios, o Real Madrid World etc ... A idea inicial de Europa Park naceu de Franz Mack, pai, e Roland, fillo, como un showroom onde mostrar só a potenciais clientes as novas montañas rusas da casa en funcionamento. Este primeiro Europa Park orientado só aos comerciais do sector industrial e provedores de parques temáticos abriu no ano 1972 na vila de Breisach. Mais dado o éxito da idea só entre clientes da propia industria decídeno abrir ao público xeral no verán de 1975, xa en Rust por riscos de inundación dos terreos previos de Breisach.[3] A idea de apertura ao público xeral foi criticada pola prensa especializada no momento pero obtivo moi bos resultados de asistencia, con 250.000 visitantes o primeiro ano, 700.000 o segundo e sobrepasaron o millón en 1978. [4]

Desde a década dos noventa o Europa Park de Rust é o segundo parque de atraccións máis visitado de Europa e foi elixido o mellor parque de atraccións do mundo en oito edicións consecutivas do Golden Ticket Awards outorgado pola publicación especializada Amusement Today. Durante a súa tempada máis alta de verán, o resort turístico recibe uns 50.000 visitantes ao día.[5]

Construción do parque

[editar | editar a fonte]
Hotel Krønasår, novembro de 2023

No ano 1974 a familia Mack localizou a venda do antigo castelo da vila de Rust e un parque de contos de fadas adxacente, cunha saída directa da autoestrada Karlsruhe/Basilea, propiedade da autoridade local, que sumaba unha superficie total de 16 hectáreas. Tras mostrar o seu interese de compra o alcalde da vila, o falecido Erich Spoth, foi especialmente activo no seu apoio aos planificadores e puxo a disposición destes o parque e o castelo nas beiras do Alte Elz. Tras o eforzo administrativo e de remodelación Europa-Park abriu as súas portas por primeira vez ao público en 1975.[6]

En 1982, expandíuse a construción coa primeira sección temática dun país europeo, Italia. Como a maioría das áreas temáticas orixinais do Europa-Park, foi deseñada por Ulrich Damrau. Máis tarde, os paseos Alpenexpress "Enzian" e Schweizer Bobbahn abriron en 1984 e 1985, respectivamente. A temática europea seguiu aínda máis coa apertura das seccións Holanda (1984), Inglaterra (1988), Francia (1990), Escandinavia (1992), España (1994) e finalmente unha nova entrada ao parque coñecida como a German Alley (1996). En 1991, por primeira vez o parque contou con máis de 2 millóns de visitantes. Con El Andaluz en 1995, abriuse o primeiro hotel dun parque temático alemán. O aumento da duración da estadía como resultado do crecente número de atraccións no parque provocou un aumento da demanda de aloxamento. No seu primeiro ano, o hotel foi reservado ata o 87% da súa capacidade. En 1999, seguiu a construción do hotel Castillo Alcázar. A sección de España converteuse na area temática de hoteis tamén tematizados, tanto na cultura andaluza e do flamenco, como na dos Reinos medievais, cada piso do Castillo Alcázar representa un Reino da Península Ibérica da Idade Media. En 2001, o número de visitantes ascendeu a 3,1 millóns. O mesmo ano, Europa-Park foi o primeiro parque temático de Alemaña que funcionaba tamén no inverno, con 180.000 visitantes nesa tempada.[7] Xa en 2004 abre un hotel italiano de catro estrelas, o Colosseo e en 2005 a sección de Portugal. Para 2009 estrean a nova area temática de Islandia. En 2012 abre o Bell Rock Hotel inspirado na historia dos peregrinos fundadores dos EUA, buscando atraer a visita do público norteamericano.

Co fin de fortalecer a súa propia marca e iniciar as actividades comerciais do parque en formatos dixitais, Michael Mack fundou MackMedia en 2002.[8] A compañía roda películas de imaxe e publicidade, produce vídeos musicais, xogos e películas especiais. Despois dun aumento continuo de visitantes nos anos seguintes, en 2011, o parque contou con 4,5 millóns de visitantes,[9] e en 2012 o parque abarcaba unha superficie de 90 hectáreas, con once montañas rusas, cinco hoteis temáticos cun facturación de preto de 300 millóns de euros e máis de 3.000 empregados. Xa en 2019 abre o sexto hotel Krønasår xunto co parque acuatico de Rulantica, unha expansión de 4 hectáreas.

Area temática de Croacia, aberta en abril de 2024.

No ano 2023 o parque anuncia que se está a construír a area temática de Croacia centrada na figura de Nikola Tesla. Durante ese ano instalouse dentro do parque un cinema en 3D coa proxección "Traumzeitdome Kroatien", na que os visitantes podían informarse sobre a cidade de Dubrovnik, as illas e os parques naturais croatas. Na véspera da cea de fin de ano da compañía, celebrouse unha conferencia no parque. A nova área temática presentouse aos convidados dos medios estranxeiros e mostrouse unha película sobre Croacia. Tonči Glavina, o secretario de Estado do Ministerio de Turismo e Deportes; Kristjan Staničić, o director da Xunta de Turismo de Croacia; Romeo Draghicchio, o director da Representación de HTZ en Alemaña e Ivan Sablić, o cónsul xeral da República de Croacia en Stuttgart participaron no evento e foron convidados especiais na inauguración do parque.

"A localización do Parque na propia fronteira franco-alemá, xunto ás cidades de Friburgo e Estrasburgo, convérteo nun lugar ideal para presentar Europa, os seus países e as súas culturas. É unha gran honra para nós que despois do décimo aniversario da adhesión de Croacia á Unión Europea, e especialmente no ano da entrada de Croacia no espazo Schengen e na Eurozona, está a abrir unha sección dedicada a Croacia nun destino de entretemento tan grande. Esta é unha gran oportunidade para promocionar o noso país no corazón de Europa", dixo o director da Xunta de Turismo de Croacia, Kristjan Staničić. [10]

A nova área abriu o 26 de abril de 2024 co acceso á nova montaña rusa Voltron Nevera, unha gran praza de abastos, bordeada de edificios de pedra calcaria de cores claras, ruínas e tramos de muro, simulando a cidade de Dubrovnik. Os restaurantes 'Sunce i Lavanda' e 'Ćevapčići-Snack' e un xardín preparado cunha oliveira centenaria, piñeiros, vides e lavanda. .

Europa-Park

[editar | editar a fonte]

Europa Park é dividido en dezanove áreas temáticas diferentes, dezaseis tematizadas en cadanseu país europeo, representado as paisaxes e decoracións propias asociadas á cultura de cada país, e tres áreas temáticas adicadas a mundos de fantasía infantil ; os contos dos Irmáns Grimm, o país das aventuras e a saga francesa dos Minimoy. Logo, as principais atraccións de cada área están listadas.

Abenteuerland

[editar | editar a fonte]
Crocodilo en African Queen, atracción de 1975 re-tematizada polas críticas aos estereotipos africanos incluídos na súa tematización
  • African Queen : Era un cruceiro de aventura aberto en 1975 inspirando en clixés sobre a colonización europea en África, como representacións de homes e mulleres africanos como poboadores primitivos entre animais salvaxes. Foi re-tematizada como o Danube Steamer tendo en consideración " os sentimentos dos visitantes" en 2021 e sobre unha polémica pública na prensa con acusacións de racismo. [11]
  • Wasserspielplatz : Parque infatil con mangas de auga situado enbaixo do Bar Crocodilo.
Area de Alemaña, na entrada principal
  • Elfenfahrt : Barco sobre raís tematizado nun pequeno río de elfos.
  • Jim Knopf – Reise durch Lummerland : Tren infantil inspirado en "Jim Botón e Lucas o Maquinista" de Michael Ende.
  • Marionetten-Bootsfahrt : Paseo en góndola circular de carga continua sobre un río tematizado sobre as princesas europeas. Animatrónicos de silicona das princesas saúdan aos visitantes desde pequenos palcos decorados con xoguetes e adornos florais.
  • Narrenscheune Museum : Cabana de madeira cunha colección de máis de 150 máscaras de entroido suevas.
  • Oldtimer-Fahrt-Vintage Cars : Módelos reais do Ford T engarzados a carrís nun percorrido natural enfocado para o público infatil.
  • Schatzkammer : Museo enfocado nos fans do propio Europa Park con cartelaría e historia sobre o parque.
  • Voletarium : A atracción Voletarium é un simulador de voo de calidade de imaxe 4k, con dúas salas para os usuarios, cada unha cunha pantalla de 21,5 metros de diámetro e unha superficie de pantalla de 400 metros cadrados utilizando un produto de aluminio perforado da firma Endurescreens Pro+. O fabricante do simulador foi Kraftwerk Living Technologies. A tematización versa sobre os pioneiros da aviación en Europa cunha estética steampunk. As imaxes en pantalla mostran un voo sobre toda a Europa continental.
Transporte
  • A estación de tren EP-Express "Alexanderplatz"
  • A parada do Panoramabahn Bahnhof Deutschland

Inglaterra

[editar | editar a fonte]
Europa-Park - O London Bus
  • Arena of Football - Be Part of It! : Coches de choque misturando con bolas xigantes de fúltbol.
  • Crazy Taxi : Flat Ride de xiros con pequenos taxis bi-praza que rotan ao estilo das Cuncas (Las Tazas) en PortAventura World.
  • FootballScooter
  • London Bus : Unha Flat Ride que rota e sube un pequeno bus inglés a unha altura de 7 metros.
  • Shooting Gallery : Mini-xogo de disparos láser.
  • Silverstone-Piste : Coches sobre raís para visitantes a partir de 3 anos.
  • The British Carousel : Carrusel de máis de 100 anos de antigüidade aínda en activo.
  • Wasserwegs : Ponte con fontes e mangas de auga ocultas que se activan ao azar ao paso dos visitantes.
  • Queen’s Diamonds – Laser Maze : Labirinto con raios láser a esquivar polo visitante. É posíbel comparar os tempos cunha pantalla de apoio que rexistra o rápido que se resolveu o labirinto en cada intento.
Transporte
  • A parada do Panoramabahn Paddington Station
Europa Park. Decoración de Nadal na area do Estado español
  • Abenteuerspielplatz : Randeeiras para nenos.
  • Feria Swing : Carrusel que pode chegar a unha inclinación de 90 graos. Tematizado nunha feira andaluza.
  • Kolumbusjolle : Barcos bi-praza suxeitos a brazos mecánicos que xiran sobre o seu pivote e ondean simulando o movemento dos barcos no mar.
Transporte
  • A parada o EP-Express "Spanien"
  • A parada do Panoramabahn "Bahnhof Spanien"
Cúpula branca da EuroSat Can Can Coaster, a montaña rusa central na area de Francia
  • Euro-Tower : Un ascensor acristalado con vista aos 360 graos, cunha altura de 75 metros acádase a ver desde dentro as lindes da Selva Negra.
  • Eurosat - CanCan Coaster : Unha montaña rusa en interior con caída en espiral inspirada no Moulin Rouge e no baile do Can-can. A montaña rusa está instalada dentro dunha esfera de máis de 30 metros de altura, que forma a area central de Francia. Pódese montar tamén nunha versión con Realidade Virtual usando un visor, nesta versión a temática céntrase sobre a película de Luc Besson Valerian[12].
  • Eurosat Coastiality : Montaña rusa puramente en Realidade Virtual, onde se viven escenas da obra O fantasma da ópera
  • Madame Freudenreich Curiosités : Un circuíto de vagóns interior que visita a casa dunha muller francesa que coida de dinosauros.
  • Mercedes-Benz Hall MONACO : Un salón de exposicións de Daimler.
  • Silver Star : Unha montaña rusa do tipo hyper de aceiro de 73 metros de altura e capaz de subir a 1750 visitantes á hora.
  • Abenteuer Atlantis : Un xogo de disparos láser sobre dianas mentres os pasaxeiros sentan sobre un vagón que percorre túneles tematizados coa procura da Atlántida.
  • Fluch der Kassandra : É unha Madhouse inspirada no mito da maldición de Casandra.
  • Flug des Ikarus : O voo de Ícaro era un pequeno carrusel onde se podía facer un pequeno voo turístico en góndolas típicas italianas. O paseo pausado en globos existe en Europa-Park desde 1996, pero despois foi retematizado como o Voo de Ícaro no transcurso da expansión de Grecia. Os hóspedes do parque puideron tomar o último voo con Ikarus ao final da tempada de inverno 21/22 o 9 de xaneiro de 2022.
  • Pegasus - Die YoungStar Achterbahn : Montaña rusa familiar cunha altura de 13 metros e capacidade para 18 pasaxeiros.
  • Wasserachterbahn Poseidon : Montaña rusa acuática cunha caída con remate en salpicadura para os pasaxeiros do tren de 23 metros de altura. As colas da atracción contan con animatrónicos, salas con esculturas, unha fachada falsa que simula o Partenón e ocasionalmente actores reais representando a sereas ou seres mitolóxicos gregos como sátiros.
Transporte
  • EP-Express Station "Griechenland"

Grimms Märchenwald

[editar | editar a fonte]
  • Frau Holle : A señora Holle comeza a facer a cama cando os nenos activan o sensor interactivo ao pé da atracción. Cando sacude as almofadas polo balcón dous aspersores disparan plumas cara o paseo da area temática e os visitantes embaixo.
  • Froschkönig : Parecen a escultura dunha ra decorativa mais molla aos visitantes ao azar ao cruzar a porta de entrada a esta area temática.
  • Grimm Bibliothek – Märchenwaldkino : Cinema con espazo para 40 persoas.
  • Märchengalerie: Käthe Kruses Puppenausstellung : Colección histórica de bonecas.
  • Hänsel und Gretel : A casa da bruxa en Hänsel e Gretel con xogos e marionetas no seu interior.
  • Rapunzel : A torre da lenda de Raponcio, un animatrónico da princesa sae a saludar se os vistantes atinan coa melodía correcta nun xogo interactivo de botóns e audio.
  • Rotkäpppchen : Conto con audio interactivo e bonecas de silicona sobre a lenda de Carapuchiña Vermella
  • Tischlein deck dich! : Un xogo con animatrónicos aos que se lles pode botar comida de xoguete e recibir moedas de ouro.
  • Wichtelhausen : Circuíto de raís en pequenos vagóns infantís que contan a historia dos 7 ananos.
  • Piraten in Batavia : Unha Dark Ride acuática tematizada nunha colonia holandesa en Asia no ano 1619. A atracción é comunmente asociada na prensa especializada á mesma Dark Ride de Disney Piratas do Caribe polo seu inicio, temática e percorrido.[13]
  • Ballpool : Piscina de 100.000 bolas.
  • Fliegender Holländer : Barquiños que suben e baixan coa axuda dun brazo robótico tematizados no O holandés errante
  • JUNIOR CLUB Studios : Un teatro onde se programan actuacións musicais, de maxia ou de humor colaborativo.
  • Koffiekopjes : Cuncas de té que xiran sobre si mesmas e sobre a plataforma da atracción. Este mesmo modelo foi vendido pola familia Mack ao parque Plopsaland De Panne.
  • Mini-Scooter : Coches de choque para nenos de menos de 8 anos.
  • Roter Baron : Avións sobre brazos robóticos para nenos inspirado no Roter Baron.
  • Wackelbücke mit Wendelrutsche : Unha ponte tambaleante e un tobogán de gran tamaño.

Irlanda — Welt der Kinder

[editar | editar a fonte]
  • Ba-a-a Express : Tren infantil que acada os 22 kph e ten unha duración dun minuto e medio.
  • BIG-Bobby-Car Parcours : Pista de carreiras con coches de xoguete para nenos de menos de 4 anos.
  • Dancing Dingie : É unha atracción do tipo Rockin' Tug representando a un bote salvavidas do Titanic que sube e baixe en forma de diagonal e tamén vira sobre si mesma.
  • Limerick Castle Réplica do Castelo do Rei Xoán de Limerick con tobogáns e pasarelas interiores.
  • Little Lamb’s Land : Area de descanso con ovellas de xoguetes e ovellas en forma de cama.
  • Old Mac Donald’s Tractor Fun : Viaxe en chimpín conectado nun rail que recorre o decorado dunha granxa irlandesa.
  • Paul’s Playboat : Unha réplica dun barco de pesca de Galway con xogos e sorpresas para os nenos no seu interior.
  • Quipse Paddle Boats : Canoas para nenos nun circuíto decorado con cartelaría de Cork.
  • Sheep Rock : Un carrusel acuático.
  • Spinning Dragons : Dragóns con asentos para dúas persoas que xiran sobre si mesmos e ao redor da plataforma da atracción.
  • Tower Tow : Unha caída controlada infatil, deseñada como un faro irlandés de 9 metros.
Blue Fire Megacoaster - a montaña rusa estrela na area de Islandia
  • Blue Fire : Patrocinada por Gazprom, a súa tematización simula a combustión de gas natural. Acada os 100kmph en 2.5 segundos no seu arranque.
  • Lítill Island : Parque de auga infantil, con escorregadoiros e xogos de auga.
  • Blue Fire Dome : Antiguamente a Nord Stream 2 Dome. Unha cúpula adicada a xogos de VR, YULLBE GO, e a exposicións de arte, como a permanente adicada a Janosch.
  • Whale Adventures — Northern Lights : Circuíto de barcos sobre raís con canóns de auga para que os visitantes poidan xogar aos disparos de auga entre outros barcos no rego oposto ou cos observadores desde fóra da atracción.
  • WODAN : Unha Timburcoaster de madeira de 41 metros de altura adicada ao deus Odín da mitoloxía nórdica, co seu nome adaptado na mitoloxía xermánica. A fileira de espera para subir ao vagón está decorada moi en detalle con esculturas, copias de pedras preciosas, xogos de trivia sobre a mitoloxía nórdica e covas subterráneas.
Transporte
  • Parada do Monorail-Bahn
Italia foi a primeira expansión do parque despois da area de Alemaña en 1982.
  • Geisterschloss : Casa do terror aberta na década dos 90. Foi restaurada no ano 2024.
  • Piccolo Mondo : Dark Ride infantil sobre un tren de catro prazas con carga continua, os trens están decorados como góndolas venecianas.
  • Volo Da Vinci : Tren suspendido sobre raís aéreos cunha distancia de 300 metros de percorrido inspirada nos enxeños de Leonardo da Vinci. Na cola de espera a atracción está tematizada cun animatrónico de silicona de Da Vinci.

Königreich der Minimoys

[editar | editar a fonte]
  • ARTHUR : Unha montaña rusa de tipo Dark Ride suspendida a 14 metros de altura sobre raís, tematizada na película de Luc Besson Arthur e os Minimoys.
  • Minos Spielecke : Un parque infantil decorado ao redor do mundo dos Minimoys.
  • Mül-Müls Karussell : Vagóns enganchados a un brazo robótico tematizado coas bolas peludas animadas da película de Arthur, os Mul-Muls.
  • Poppy Towers : Flat ride de caída controlada a unha altura de 12 metros.
  • Wurzelrutschen : Dous tobogáns de 11 e 13 metros baixan desde o tronco dunha árbore accesíbel para os nenos con escadas no seu interior.

Luxemburgo

[editar | editar a fonte]
  • Reise nach Rulantica : Unha exhibición permanente de como se levou a cabo a construción de Rulantica.
Transporte
  • Parada do Monorail-Bahn Luxemburg
  • Alpenexpress "Enzian" : Montaña rusa cun tren para 38 persoas, sube a 6 metros e chega a unha velocidade máxima de 45 kph.
  • Spielplatz Würmchen Wies’n : Parque infantil con pelotas de xoguete e regos polos que poden xogar a empuxar os balóns desde unha pequena pendente acolchada.
  • Tiroler Wildwasserbahn : O vagón da atracción simula un tronco de árbore e o vagón circula libre sobre un tubo de auga ata caer 18 metros cara o final do circuíto.
  • Wiener Wellenflieger : Atracción das cadeas.
  • Yomi Adventure Trail : Labirinto e paseo pola mina dos diamantes dos ananos máxicos.
Vista da montaña rusa Atlantica desde a habitación do Hotel Castillo Alcazar en Europa Park
Caída de Atlantica SuperSplash
  • Atlantica SuperSplash : Montaña rusa acuática cun bote que pode montar a 16 pasaxeiros, inverte a dirección de caída en dúas ocasións. A historia da atracción céntrase nunha travesía polo Océano Atlántico do barco a Santa María.
  • Casa da Aventura — das Quipse Haus : Unha xincana infantil.
  • Euro-Mir : É unha montaña rusa do tipo Spinning Coaster. Os vagóns caen en espiral mentres rotan sobren si mesmos. Está bautizada co nome da estación espacial rusa МИР(MIR).
  • Lada Autodrom : Paseo en réplicas de modelos de Bugatti antigos para nenos.
  • Russisches Handwerk : Casas tradicionais rusas onde operarios do parque fabrican matrioskas con asistencia de público.
  • Schlittenfahrt Schneeflöckchen : Paseo en tren infantil coa nena personaxe de "Copo de neve"
Transporte
  • Parada do Panoramabahn Bahnhof Russland
  • Jungfrau-Gletscherflieger : Avións conectados a brazos mecánicos que xiran en círculo.
  • Matterhorn-Blitz : Unha montaña rusa do tipo Wild mouse. A atracción érguese sobre un chalé real suízo do ano 1785. [14]
  • Schellen-Ursli Haus : A atracción é unha réplica fiel da casa da película Schellen Ursli baseada na obra da suíza Selina Chönz, que tamén conta con varios atrezzo da película, así como a famosa campá xigante.
  • Schweizer Bobbahn : Unha montaña rusa de aceiro do tipo Bobsleigh. A diferenza doutras montañas rusas, as pistas de bobsleigh non corren sobre carrís, senón nunha canle feita de tubos de aceiro, de forma similar a unha pista de xeo. Polo tanto, a experiencia de condución é diferente dependendo da carga, os trens balancean máis ou menos cara ao lado nas curvas, o que crea unha vaga notable.

Escandinavia

[editar | editar a fonte]
  • Fjord Rafting : Atracción de descenso de río clásica ambientada en Escandinavia. O percorrido dura 4 minutos. En parte percorre o mundo dos Trolls. A estación consta dun disco e parte das filas son en zigzag, cunha tenda de refrescos e doces no medio.
  • Snorri Touren : Dark Ride e simulador de 4 minutos e medio de duración. Nela seguimos a Snorri, a mascota de Rulantica nas súas aventuras pola neve.
  • Vindjammer : Barco a tamaño real que se move en vaivén con alturas dependendo da posición do pasaxeiro de entre 10 e 20 metros.
  • Wackelsteg und Seilfähre : Xincana cunha ponte tambaleante para cruzar o lago e aforrar tempo para cambiar de area temática, os visitantes tiran dun cable que move unha barca de madeira.
  • Voltron Nevera : Unha montaña rusa do tipo Stryker Coaster, gañadora do premio a mellor montaña rusa nos premios Golden Ticket Awards de 2024. En termos técnicos a montaña rusa consta dun lanzamento LSM (Mótor Síncrono Lineal, xira en sincronía exacta coa frecuencia de liña) Tres voltas en tirarrollas. Un Dive Loop. Un Double Up. Un xiro Immelmann. Dous Top Hat, un interior e outro exterior. Un Turntable, a plataforma xira nun punto da atracción virando o sentido de dirección. Un Zero-G Stall, un punto da atracción no que o visitante experimenta a sensación dun voo libre a zero g durante toda a duración da curva. Freos do tipo Block Brake, que impiden ao teu vagón chocar co vagón de diante ou de atrás. Unha curva Helix. Sistema de fotografía durante o percorrido e un Trick-Track, truco polo que o vagón váise á gabia aos lados do raíl principal simulando un tambaleo aos lados pero sen estar realmente cambiando o ángulo. [15]

Rulantica

[editar | editar a fonte]
Interior do hotel Krønasår

O 28 de novembro de 2019, o parque acuático Rulantica, unha piscina de aventura con zonas interiores e exteriores, abriu anexo ás leiras ao sueste de Europa Park. O tema do parque acuático está baseado nunha historia ideada por MackMagic, deseñadores da compañía propietaria do resort, sobre unha illa ficticia no mar de Noruega. Xunto a el, construíuse Krønasår, o sexto hotel temático do Europa Park Resort, que ten como modelo un museo de historia natural. Ademais, a localización principal do centro de experiencias de realidade virtual Yullbe (inauguración o 17 de setembro de 2020) e o restaurante de aventuras Eatrenaline (inauguración do 4 de novembro de 2022) todos eles na proximidade da entrada principal de Rulantica.

Dado que o novo parque está situado a unha certa distancia do parque temático princial e dos seus hoteis, creóuse unha liña regular de transporte de autobús dispoñíbel para os hóspedes entre os dous puntos.

En Rulantica hai unha instalación de trinta e tres atraccións [16]  :

  • Dugdrob : Unha caída do tipo Aquarena trapdoor, onde o visitante se prepara nun tubo pechado a que se abran as comportas do chan para caer a alta velocidade.
  • Falrok : Tobogán exterior de 6 metros.
  • Frigg Temple : Spa adicado á deusa Frigg cun bar acuático dentro da piscina onde se poden consumir bebidas alcólicas ou refrescos.
  • Hoppablad : Xincana con plataformas de auga, varias falsas.
  • Hugin : Un tobogán de auga de 149 metros de longo e 16,5 metros de caída para dúas persoas.
  • Isbrekker : Unha atracción do tipo ProSlide TWISTER, cunha caída libre de 4 metros.
  • Isrok : Tobogán completamente pechado con seguridade extra para nenos de máis de 4 anos.
  • Istapprok : Caída circular
  • Kullerbuller : Decoración de cogombros xigantes e tobogáns infantís.
  • Munin : Tobogán cunha caída de 16 metros e 150 metros de percorrido á que se suba nunha colchoneta de dous asentos.
  • Översnabb
  • Översnurra
  • Överstor : Competición familiar de descensos, con tobogáns de distintos tamaños e lonxitudes.
  • Schabernakker : A boca dun trol, a súa lingua é o tobogán da atracción.
  • Skiprok : Pequeno tobogán de auga para nenos ou principiantes.
  • Slalom Rok : Tobogáns exteriores decorados con escudos viquingos.
  • Snorri Snorkling VR
  • Snorri Strand : Un parque infantil no que se pode atopar á mascota do parque.
  • Snorri´s Saga
  • Snorri Rutscheplads : Simulador de surf infantil.
  • Stormrok : Tobogán cama circular exterior.
  • Stormvind : É unha atracción do tipo ProSlide CannonBOWL de 136 metros e unha caída de 15 metros[17]
  • Surf Fjord : Piscina de ondas artificiais.
  • Svalgur Rytt : Caída libre en colchoneta nun tubo decorado con forma de dragón nórdico. Caen 4 persoas en colchoneta ao mesmo tempo, a caída é de 19 metros.
  • Tommelplums : País dos troles, cunha piscina infantil e carrandiolas adaptadas á auga.
  • Tonnervirvel : Unha atracción con esta única copia en funcionamento da familia Mack. 9 botes de pasaxeiros xiran en círculo, levan instaladas pistolas de auga e pódese xogar a mollar ao público de fora da atracción, que tamén dispón de pistolas nos bordos da plataforma, ou entre os botes.
  • Två Fall : Caída en círculo en forma de oito.
  • Vågorrok : Carreira entre dúas caídas adicada ao público infantil.
  • Vikingløp : 8 tobogáns de auga interconectados nos que 8 visitantes poden lanzarse tras a espera dun semáforo inicial, cada corredor deslízase polo seu tobogán de auga vendo a posición dos outros corredores e podendo comprobar na chegada o tempo de cada un e do gañador.
  • Vildfål : Xemelga de Dugdrob.
  • Vildstrøm : Rápidos de auga que comezan na parte interior do parque e levan aos nadadores simulando un pequeno río pola parte exterior climatizada para volver ao punto de partida despois de 190 metros. O tobogán comeza cunha sección de 40 metros antes de que os pilotos entren nunha piscina intermedia. Aquí poden saír por escaleiras laterais ou continuar por dúas rutas diferentes. A ruta máis longa ten uns 80 metros de lonxitude e a ruta máis curta e lenta, uns 10 metros máis curta. As rutas reúnense despois antes do tramo final e da saída.
  • Vinter Rytt : Unha ProSlide TornadoWAVE de 60 metros de caída.
  • Vragrok : Tobogán infantil cunha cámara fotográfica incorporada, os nenos poden ver a foto que se lles fixo automaticamente ao baixar do tobogán nun monitor protexido contra a auga dento da propia piscina.


Restaurantes temáticos

[editar | editar a fonte]

Schwarzwälder Vogtshaus

[editar | editar a fonte]

Tematizado como unha cabana de leñadores da Selva Negra oferta comida de Biergarten. Ao atoparse na dirección oposta ao camiño natural entre as areas temáticas de Alemaña e Italia o parque instalou un ventilador para chamar a atención dos visitantes co olor das cociñas do local. * ¡EUROPA PARK a fondo! - Episodio 2: Alemania

The Three Piglets

[editar | editar a fonte]

Restaurante na área de Inglaterra tematizado no conto de Joseph Jacobs, Os tres porquiños.

Local tematizado no mundo das montañas rusas, situado na area temática de Luxemburgo. Nel o comensal senta en illas redondas para 10 persoas, cada tres comensais contan cunha tableta na que poden solicitar o seu prato, unha vez enviada a orde vía telemática o prato chegará rodando (protexido dentro dunha friameira) por raís de ata 4 metros de altura que conecta a cociña no último piso do restaurante con candansúa mesa.[18]

Raís polo que baixa o prato do comensal no restaurante FoodLoop

Restaurant Ammolite

[editar | editar a fonte]

Construído dentro do faro, de tamaño real, nas aforas do Hotel Bell Rock. Ammolite - The Lighthouse Restaurant foi galardoado con dúas estrelas Michelín baixo a dirección do chef Peter Hagen-Wiest. A partir de 2015, pasou a ser o único restaurante nun parque temático coa condecoración da Guía Michelin no mundo.[19]

Don Quichotte

[editar | editar a fonte]

Restaurante español na planta do Reino de Aragón do hotel Castillo Alcazar. Situado nunha entrada privada ao parque para os hóspedes do hotel pola cal poden entrar unha hora antes a Europa-park que o público xeral.

Casa Atlântica

[editar | editar a fonte]

Restaurante de peixe na area temática de Portugal. Diante do cal se pode atender ao espectáculo de acrobacias o "Retorno dos Piratas".[20]

Incidentes

[editar | editar a fonte]

O 26 de maio de 2018, ao redor das 18.20 horas, produciuse un incendio no patio interior situado entre as áreas temáticas holandesas e escandinavas que incluía a atracción Piratas en Batavia, un escenario, un restaurante e un espazo privado para os empregados. Dado que o lume medrou fora da primeira habitación na que foi localizado, as dúas áreas temáticas adxacentes e, finalmente, todo o parque, que foi visitado por uns 25.000 hóspedes ese día, foron evacuados pouco tempo despois.

Inicialmente pensouse que o lume se iniciou nun almacén preto dos Piratas en Batavia. O 6 de xuño de 2018, a xefatura da policía de Offenburg anunciou finalmente que, segundo o estado actual da investigación, o incendio se debeu a un defecto técnico na zona de rafting dos fiordes en Escandinavia.[21]

Tanto a vila escandinava como os Piratas de Batavia reconstruíronse en gran parte na súa forma orixinal, tendo en conta as normas e regulamentos actuais e utilizando tecnoloxías máis modernas (por exemplo, a animatrónica electromecánica en lugar de pneumática). Para gardar a sensibilidade dos afeccionados, unha escena da atracción na que os piratas queimaban unha vila de mariñeiros foi eliminada por posíbeis danos emocionais ao ser referenciada ao incendio real. Escandinavia reabriuse en xullo de 2019, e nesta área temática creouse a nova Dark Ride Snorri Touren, que se centra no mundo acuático Rulantica e a mascota asociada Snorri. O paseo temático dos Piratas en Batavia, moi popular entre moitos visitantes, reabriu desde o 28 de xullo de 2020.

Un segundo incendio afectou ao parque o 19 de xuño de 2023 na zona da atracción cuberta "Yomi-Zauberwelt der Diamanten" ao redor das 16:40 horas. Segundo a policía, o incendio produciuse nunha sala técnica . Esta atracción, unha das máis antigas do parque, é unha cova deseñada artificialmente pola que corren partes da montaña rusa "Alpenexpress Enzian" e da "Tiroler Wildwasserbahn". Non houbo feridos entre os visitantes pero dous bombeiros sufriron unha leve inhalación de fume. Desprazáronse un total de 450 servizos de emerxencia. 25.000 invitados foron evacuados de forma ordenada, todos saíron do parque ao redor das 18.50 horas. A policía dixo: "Os mecanismos de seguridade -como as alarmas contra incendios e os plans de alarma- funcionaron segundo o previsto". O parque puido reabrir ao día seguinte, pero as atraccións "Alpenexpress Enzian", "Tiroler Wildwasserbahn" e "Yomi-". Zauberwelt " non reabriron ata maio de 2024.[22]

Calendario

[editar | editar a fonte]

Europa-park decora o parque con elementos do verán do 23 de marzo – 27 setembro e abre todas as súas atraccións acuáticas de 9 da mañá a 6 da tarde.

Halloween

[editar | editar a fonte]

O parque decora as areas temáticas con motivos do Samaín do 28 de setembro – 03 de novembro. Actores asustan aos visitantes con disfraces de terror. O horario permanece igual que durante o verán.

HALLOWinter

[editar | editar a fonte]

Tempada de transición entre o 04 de novembro – 29 novembro. As decoracións transicionan entre o Halloween e o Nadal.

Do 30 de novembro – 12 de xaneiro. Abren das 11 da mañá ás 7 da noite.

Europa-park pecha desde mediados de xaneiro ata mediados de marzo. [23]


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "History of the park". corporate.europapark.com. 13-06-2002. Consultado o 9-17-2024. 
  2. "Wie aus einer Kutschenfabrik der Achterbahnbauer Mack Rides wurde". badische-zeitung.de. 27-01-2011. Consultado o 5-09-2024. .
  3. "Europa-park". blooloop.com. Consultado o 19-09-2024. .
  4. "Fast 50 Jahre Europa-Park Erlebnis-Resort". europa-park.de. Consultado o 5-09-2024. .
  5. "Customer Europa-Park". ecos-systems.com. Consultado o 5-09-2024. .
  6. "A success story brought to you by the Mack Family". corporate.europapark.com. Consultado o 18-09-2024. .
  7. "Der winterliche Europa-Park". parkscout.de. Archived from the original on 22-02-2023. Consultado o 18-09-2024. .
  8. "MackMedia". darkridedatabase.com/. Consultado o 18-09-2024. .
  9. "Bilanz für 2012 Neuer Rekord: Mehr als 4,5 Millionen Besucher im Europa-Park Rust". badische-zeitung.de. Consultado o 18-09-2024. .
  10. "Europa Park in Rust dedicates a part to Croatia! Rust". htz.hr/. Consultado o 20-09-2024. .
  11. "Europa-Park plant grote renovatie voor themagebied Abenteuerland: 'Niet eenvoudig'". looopings.nl. Consultado o 17-09-2024. .
  12. https://www.imdb.com/title/tt2239822/ Valerian
  13. "How Disneyland attractions inspire rides around the world". disneyandmore.blogspot.com. Consultado o 17-09-2024. .
  14. "Matterhorn-Blitz Wild an rugged mountain ride". europa-park.de. Consultado o 17-09-2024. .
  15. "Voltron Nevera". coaster.cloud. Consultado o 20-09-2024. .
  16. "Europa-Park-Wasserwelt Rulantica nimmt neue Outdoor-Erweiterung in Betrieb". baden.fm. Consultado o 17-09-2024. .
  17. "Stormwind". coasterpedia.net. Consultado o 18-09-2024. .
  18. "FoodLoop en Europa Park". pa-community.com. Consultado o 23-09-2024. .
  19. "Europa-Park Rust glänzt mit Sterne-Küche". Rheinische Post. Consultado o 29-10-2024. .
  20. "Retorno dos Piratas". europapark.de. Consultado o 23-09-2024. .
  21. "POL-OG: Rust - Brand in Freizeitpark - 3. Nachtragsmeldung". presseportal.de. Consultado o 20-09-2024. .
  22. "Europa-Park reopens Austria area attractions after fire". blooloop.com. Consultado o 20-09-2024. .
  23. "Europa-Park opening hours & seasons". europapark.de. Consultado o 11-10-2024. .