Álvaro Arzú
(2017) | |
Nome orixinal | (es) Álvaro Enrique Arzú Irigoyen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de marzo de 1946 Cidade de Guatemala |
Morte | 27 de abril de 2018 (72 anos) Cidade de Guatemala |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Alcalde de Guatemala | |
15 de xaneiro de 2004 – 27 de abril de 2018 (morte) ← Fritz García Gallont (en) – Ricardo Quiñónez Lemus (en) → | |
32º Presidente de Guatemala | |
14 de xaneiro de 1996 – 14 de xaneiro de 2000 ← Ramiro de León Carpio (pt) – Alfonso Antonio Portillo Cabrera (pt) → | |
Alcalde de Guatemala | |
15 de xaneiro de 1986 – 30 de xuño de 1990 (dimisión) – Óscar Berger → | |
Datos persoais | |
Educación | Rafael Landívar University (en) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político |
Partido político | National Advancement Party (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Patricia de Arzú (1981–2018), morte do cónxuxe Sylvia García Granados (1961–1981), divorcio |
Premios | |
Descrito pola fonte | Álvaro Arzú, Ex-President of Guatemala, Dies at 72 (en) |
Álvaro Enrique Arzú Irigoyen, nado na Cidade de Guatemala, 14 de marzo de 1946 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 2018, foi un político guatemalteco. Presidente de Guatemala desde o 14 de xaneiro de 1996 ata o 10 de xaneiro do 2000. Tamén foi elixido alcalde de Cidade de Guatemala en catro ocasións: en 1982, pero un golpe de estado impediulle asumir o cargo; 1986, desta vez asumiu e serviu o seu mandato; outra vez en xaneiro do 2004; e foi reelixido unha vez máis en setembro do 2007, cun 55% dos votos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou a súa educación primaria e secundaria no Liceo Guatemala, unha das institucións máis prestixiosas e influentes do país centroamericano. Ocupou o cargo de Alcalde da Cidade de Guatemala durante 8 anos. Foi elixido en eleccións populares e tivo o apoio do Congreso, onde o seu partido obtivo maioría de deputados. Asumiu o a presidencia de Guatemala o 14 de xaneiro de 1996.
Recoñéceselle o haber logrado a paz no país coa URNG, logo de máis de tres décadas de loitas internas. Tal firma realizouse nun solemne acto o 29 de decembro de 1996 ao cal asistieron xefes de Estado e representantes doutros países, así coma tamén o Secretario da ONU. No seu mandato a construción de estradas e infraestruturas, así coma o reforzo e depuración das forzas de seguridade do país, foron unha prioridade. En febreiro de 1996, o seu goberno recibiu a segunda visita do Papa Xoán Paulo II. Aínda todo, a súa xestión viuse empañada por escéndalos de corrupción ao privatizar empresas do Estado, coma Gautel, Fegua ou Indeca.
No 2003 e co seu novo partido Unionista regresou ao Palacio de La Loba e de novo foi alcalde da Cidade de Guatemala. No 2005, Álvaro Enrique Arzú Irigoyen aparece no terceiro posto dos mellores alcaldes do mundo.
No 2007 creou o servizo de Transmetro na Cidade de Guatemala, o cal fora criticdo por moitos cidadáns, pero non hai dúbida que foi de grande axuda, posto que trátase dun transporte rápido, seguro, moderno e hixiénico. Nese mesmo ano foi reelixido como alcalde da cidade novamente.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía extensa por Fundación CIDOB Arquivado 22 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en español)
Predecesor: Ramiro de León Carpio |
Presidente de Guatemala 1996 - 2000 |
Sucesor: Alfonso Portillo |