Andrés Muruais
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1851 Pontevedra, España |
Morte | 21 de outubro de 1882 (30 anos) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Formación profesional | Medicina e Cirurxía |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Irmáns | Jesús Muruais |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Dicionario biográfico de Galicia |
Andrés Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 30 de novembro de 1851 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1882, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Co seu irmán Jesús frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé.
Foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia, colaborou cos periódicos La Constancia, El Deber, La Paz, El Porvenir, El Anunciador, El Eco de Pontevedra e El Lérez, foi o responsable de El Urco e fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882).
Apaixonado por Galicia e considerando que o sistema federativo era o máis conveniente para ela, fundou comités e dirixiu un partido en Pontevedra.
Escribiu poesía en castelán e algúns poemas en galego, e cultivou tamén o teatro e a zarzuela. A súa obra caracterízase polo seu costumismo e imaxinación.
Finou por mor da tuberculose. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, poucos días despois da súa inauguración.
Obras
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
- Cantos inarmónicos, 1874 (poesía).
- La hija del timonel, 1878 (teatro).
- Percances de un viejo verde (zarzuela).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Muruais |
Bibliografía
- "Muruais Rodríguez, Andrés". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 15.
- "Muruais Rodríguez, Andrés". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 467.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 292. ISBN 84-7492-465-0.
- García Domínguez, Raimundo (2005). Vida breve de Andrés Muruais. Poio: Litoral das Rías. ISBN 84-933408-3-9.
- Odriozola, Antonio (2005). "Muruais Rodríguez, Andrés". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.