Emilia Calé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1837 A Coruña, España |
Morte | 18 de setembro de 1908 (71 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Actividade | |
Ocupación | escritora, autora, xornalista, poetisa |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e teatro |
Familia | |
Cónxuxe | Lorenzo Gómez Quintero |
Fillos | Emilia Quintero,pianista Lorenzo Quintero, Sofía Quintero, Consuelo Quintero |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Calé y Torres de Quintero (Emilia), p.62) |
Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá.[1] Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo concello interino designado en 1868, Francisco Calé Martínez (Orihuela 1813 - A Coruña 1870). En 1862 casou na igrexa de Santiago da Coruña con Lorenzo Gómez Quintero Fernández Morado, natural de San Xoán de Porto Rico e fillo de pai ferrolán, oficial do Consejo Provincial de Orense.[3]
Escribiu artigos e poemas en publicacións galegas como Galicia Revista Universal de este Reino, La Nueva Galicia, Almanaque de Galicia, El Alerta, La Revista, El Desengaño, Revista Compostelana, Revista de Galicia, El Zumbido, El Buscapié, La Tertulia, Galicia Literaria, Galicia Revista Regional, La Revista Popular ou El Eco de Santiago e en xornais e revistas galegas de Hispanoamérica como El Eco de Galicia, La Unión Gallega, Galicia Moderna, Follas Novas, Galicia Revista Semanal Ilustrada ou Aires d’a Miña Terra.
Estableceuse en Madrid en 1871, onde estivo ata 1875, converténdose na anfitrioa da sociedade La Galicia Literaria xunto co seu curmán Teodosio Vesteiro Torres,[4], faladoiro ao que asistían, entre outros, Manuel Curros Enríquez, Francisco Añón Paz, Luis Taboada, Andrés e Xesús Muruais.
A temática da súa obra poética xira en torno á relixión, o amor, a patria e a natureza.
En 1906, cando a fundación da Real Academia Galega, foi nomeada membro correspondente.[5][6]
Acadou sona a súa filla Emilia Quintero Calé, pianista.
Obra bibliográfica
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Horas de inspiración, 1867, Imprenta de Soto Freire[7] colección de 77 poemas (reeditada en Madrid en 1875).[8]
- Crepusculares, con un artículo de Victorino Novo, 1894.[9]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Cuadros sociales o pequeñas novelas, 1878, 40 pp., Biblioteca de El Telegrama, est. tip. de Vicente Abad.
- Escenas de la vida, 1890.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Lazos rotos. Drama en tres actos y en verso, 1884, estreado na Coruña o 14 de outubro de 1883.[10]
- De la cima al abismo, 1894.
Colectiva
[editar | editar a fonte]- Álbum de la Caridad, 1862.
- Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres, 1877.[11]
Edición
[editar | editar a fonte]- Páginas sueltas, de Teodosio Vesteiro Torres, 1892.
Biblioteca virtual
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Calé Torres, Emilia" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 163, Ir Indo.
- ↑ "Calé Torres, Emilia" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 12, p. 9.
- ↑ Pereira Martínez, Carlos: "Emilia Calé Torres Sanjurjo e Culleredo: dous poemas dedicados..." Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. Terra e Tempo, 4/12/2014.
- ↑ "Calé y Torres de Quintero, Emilia (1837-1908)" en Enciclopedia Universal Micronet / MCNbiografias.
- ↑ "A primeiras académicas da RAG"
- ↑ "Calé y Torres de Quintero, Emilia" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Horas de inspiración 1867, Biblioteca Nacional de España.
- ↑ Horas de inspiración. Nueva edición corregida y aumentada 1875.
- ↑ Crepusculares Arquivado 25 de xullo de 2015 en Wayback Machine. en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ Lazos rotos drama en tres actos y en verso Biblioteca Nacional de España.
- ↑ "Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro, Brais do, ed. (2007). Galegas. A Coruña: Novos Vieiros/Gran Enciclopedia Galega. ISBN 978-84-934925-4-0.
- Marco, Aurora (1993). As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-19-9.
- Marco, Aurora (2007): "Calé Torres Sanjurjo, Emilia" en Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, p. 73-74, ISBN 978-84-8341-146-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilia Calé |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Emilia Quintero Calé (filla)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Armas García, Celia María: Emilia Calé no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.