El Independiente (1881)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Independiente.
El Independiente | |
---|---|
Fundación | 1881 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Independiente foi un periódico editado en Pontevedra entre 1881 e 1882.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de Pontevedra. Defensor de los intereses de Galicia, apareceu o 7 de abril de 1881. Tiña primeiro unha periodicidade bisemanal (publicábase os xoves e domingos) e a partir do número 56, aparecido o 14 de abril de 1882, pasou a diario e cambiou o seu subtítulo por Diario de Pontevedra. Estaba dirixido por Andrés Muruais e contaba coa colaboración do seu irmán Jesús. Era unha edición local de El Popular de Madrid, que enviaba os exemplares a Pontevedra coa primeira páxina en branco para imprimir alí. Publicouse nunha das planas de El Voto Popular. Cesou a súa edición o 5 de setembro de 1882.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Independiente, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Independiente, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.