The New York Times
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).
The New York Times All The News That's Fit To Print | |
---|---|
Tipo | Diario |
Formato de páxina | Gran formato |
Fundación | 18 de setembro de 1851 |
Propietario | The New York Times Company |
Director | Dean Baquet |
Fundador | Henry Jarvis Raymond George Jones |
Editorial | The New York Times Company e A. G. Sulzberger |
Editor | Bill Keller |
Lingua | Inglés, español e chinés |
Localidade | Manhattan e Nova York |
Prezo | 2.00 USD (luns a sábado) 6.00 USD (domingo) 4.00 - 5.00 USD (edicións especiais) |
Tiraxe | 1.039.031 (diariamente) 1.451.233 (domingo) |
ISSN | 0362-4331 |
Na rede | |
https://www.nytimes.com, https://cn.nytimes.com/, https://www.nytimes.com/es/, https://cn.nytimes.com/zh-hant/, https://www.nytimes.com/ca/, https://www.nytimes.com/, http://query.nytimes.com/search/advanced/, https://hdl.loc.gov/loc.sgp/npe.sn00061556, https://www.nytimesn7cgmftshazwhfgzm37qxb44r64ytbb2dj3x62d2lljsciiyd.onion/ e https://www.nytimes3xbfgragh.onion | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.
The New York Times Magazine
editarThe New York Times Magazine é unha revista incluída na edición dominical de The New York Times. Presenta artigos máis longos que os habitualmente publicados no xornal e atraeu a moitos colaboradores notables, como o ilustrador Christoph Niemann ou o humorista John Hodgman.[1][2] A revista destaca polo seu deseño e a súa fotografía, especialmente relacionada coa moda.
Notas
- ↑ "About – Christoph Niemann". www.christophniemann.com. Consultado o 2024-03-20.
- ↑ "John Hodgman - The New York Times". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2024-03-20.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: The New York Times |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |