Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Neutrón

partícula subatómica

O neutrón é unha partícula subatómica sen carga neta, presente no núcleo atómico de practicamente todos os átomos, excepto o protio. Aínda que se di que o neutrón non ten carga, en realidade está composto por tres partículas fundamentais cargadas, chamadas quarks, cuxas cargas sumadas son cero.

Neutrón
Contido en quarks do neutrón. A asignación de cor dos quark para a imaxe é arbitraria, mais deben estar presentes as tres cores. As forzas entre quark están mediadas polos gluóns.
ClasificaciónBarión
Composición1 quark arriba, 2 quark abaixo
FamiliaFermión
GrupoHadrón
InteracciónGravidade, interacción débil, interacción forte, electromagnetismo
Antipartículaantineutrón
TeorizadaErnest Rutherford
DescubertaJames Chadwick
Masa1,674 927 471 (21)*10-27
Vida media881,5 (15) s (neutróns non ligados)
Carga eléctrica0 e
Spin1/2
Isospin1/2
Paridade+1
CondensadoI(JP) = 1/2 1/2(1/2+)

Un neutrón é un barión neutro formado por dous quarks down e un quark up. Forma, xunto cos protóns os núcleos atómicos. Fóra do núcleo atómico é inestable e ten unha vida media duns 14 minutos[1] emitindo un electrón e un antineutrino para converterse nun protón. A súa masa é moi similar á do protón.

Algunhas das súas propiedades:

O neutrón é necesario para a estabilidade de case tódolos núcleos atómicos (a única excepción é o hidróxeno), xa que interactúa fortemente atraéndose con neutróns e protóns, pero non se repele con ningún, como si o fan os protóns, que se atraen nuclearmente pero repélense electrostaticamente.

Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Muón Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Estraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica


  1. Charley, Sarah. "Teaching a particle detector new tricks". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-09-25.