Níxer
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Níxer[1][2] é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.
Nijar (ha) | |||||
Himno | La Nigérienne (12 de xullo de 1961) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Fraternité, Travail, Progrès» «Fraternity, Work, Progress» «Братство, труд, прогрес» «Brawdoliaeth, Gwaith, Datblygiad» | ||||
Epónimo | Río Níxer | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Niamey | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.477.348 (2017) (16,95 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.267.000 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Idoukal-n-Taghès (pt) (2.022 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Níxer (200 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1960 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Presidente | Mohamed Bazoum (2021–2023) Mahamadou Issoufou (2011–2021) Salou Djibo (pt) (2010–2011) Tandja Mamadou (1999–2010) Abdourahamane Tchiani (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Niger (en) | ||||
• Primeiro ministro | Ibrahim Assane Mayaki (mul) (1997–2000) Hama Amadou (2000–2007) Seyni Oumarou (en) (2007–2009) Albadé Abouba (en) (2009–2009) Ali Badjo Gamatié (pt) (2009–2010) Mahamadou Danda (en) (2010–2011) Brigi Rafini (2011–2021) Ouhoumoudou Mahamadou (pt) (2021–2023) Ali Lamine Zeine (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Níger (pt) , (Escano: 171) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 14.915.002.098 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ne | ||||
Prefixo telefónico | +227 | ||||
Teléfono de emerxencia | 17 e 18 | ||||
Código de país | NE | ||||
Sitio web | presidence.ne | ||||
Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.
Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Níxer.
O territorio nixerino estivo habitado dende hai máis de 60.000 anos, como así o testemuñan a evidencia arqueolóxica encontrada. Este descubrimento entronca coa evidencia botánica, climática e xeolóxica, que indica que neses tempos o proceso de desertificación de toda a rexión norte aínda non se producira ou era apenas incipiente.
Entre os séculos X e XIX, existiu un poderoso reino denominado Hausa, que se alimentou do control das rotas das caravanas que cruzaban o Sáhara e dominaba a rexión máis fértil do sur. O apoxeo desta cultura produciuse arredor de 1400, para comezar a decaer coa conquista europea de Níxer no século XVIII.
A colonización francesa concretouse totalmente no século XIX, cando o actual territorio de Níxer pasou a formar parte da África Occidental Francesa, situación que persistiu até 1958.
Independencia
editarO país obtivo a súa independencia en 1960. O primeiro presidente foi Hamani Diori, que logrou a súa reelección nas eleccións de 1965 e 1970, cun goberno tranquilo e moderado. Mais as fortes secas que se sucederon a partir de 1968 comezaron a xerar un estado de inquietude social e de inestabilidade gobernativa, que conduciron a un primeiro golpe de estado militar en 1974 dirixido polo coronel Seyni Kountché, que derrocou a Diori. Kountché sufriu á súa vez varios intentos golpistas que conseguiron ser abortados. En 1983 elaborou un Consello Lexislativo de Ministros formado por civís e presidido por Oumarou Maname.
Kountché faleceu catro anos máis tarde, sendo substituído polo seu camarada Ali Seibou, que acrecentou a súa base de poder na década dos 80. A principal preocupación do seu goberno foi desenvolver e diversificar a feble base económica e produtiva do país, intentando desprenderse da dependencia con respecto á extracción de mineral de uranio, por aquela, única fonte de ingresos económicos de exportación. A estes efectos, Seibou constituíu o Movemento Nacional para o Desenvolvemento Social (MNSD), que se quedaría como o único partido político legal.
Mentres se estendía a pobreza entre amplas capas da sociedade e as secas ameazaban xerar fame negra, o MNSD comezou a solicitar préstamos ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial, que lle impuxeron cambios estruturais macroeconómicos, como a conxelación dos salarios dos empregados públicos durante dous anos, o que provocou maior pobreza.
Anos 1990
editarEn 1990 a firmeza de Seibou foi superada pola presión popular, manifestacións estudantís e obreiras, que se viu obrigado a adoptar medidas amplamente aperturistas. Así, o goberno convocou unha Conferencia Nacional que preparara o camiño a unha saída democrática, encargando ao político Amadou Cheiffou a preparación dun goberno de transición.
En 1993 promulgouse a Constitución e celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) —unha coalición de seis partidos de oposición— que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de Mahamane Ousmane, candidato dun dos partidos integrantes da AFC.
Este novo goberno intentou mellorar a situación económica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos tuaregs, habitantes da zona norte do país. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nómade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamáballe ao goberno unha solución ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solución fácil as súas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou até ben entrado o ano seguinte.
Á súa vez, as manifestacións estudantís continuaban e o goberno seguía reprimíndoas, feitos que conduciron á ruptura da coalición nese mesmo ano de 1994 e á renuncia do Primeiro Ministro. En 1995 formouse unha nova coalición que alcanzou a maioría no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formación dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.
A nova situación pouco durou. En xaneiro de 1996 o coronel Ibrahim Baré Mainassara realizou un novo golpe de estado e suspendeu a vixencia da constitución. Mainassara prometeu devolver o goberno ao poder civil e cumpriu en 1999, cunhas eleccións municipais que lle deron o triunfo á oposición. Esa circunstancia provocou descontento en amplos sectores militares, cuxa reacción foi facer asasinar a Mainassara a mans da súa propia garda.
En decembro de 1999 dese mesmo ano o poder pasou novamente a mans de civís, posto como presidente a Mamadou Tandja e a Hama Amadou como primeiro Ministro —este último nomeado en xaneiro de 2000—.
Política
editar- Artigo principal: Política de Níxer.
Subdivisións
editarO Níxer está dividido en 7 rexións que teñen coma nome o da súa capital: Agadez, Difa, Doso, Maradi, Tahoua, Tillaberi, Zindar, ademais dunha oitava rexión, Niamay, que agrupa cinco concellos.
As rexións están divididas en 35 departamentos.
A capital, Niamey, é un concello urbano separado.
# | Rexión | Capital | Superficie (km²) | Poboación (2004) | Mapa |
---|---|---|---|---|---|
1. | Agadez | Agadez | 634.209 | 344.916 | |
2. | Diffa | Diffa | 140.216 | 362.216 | |
3. | Dosso | Dosso | 31.002 | 1.625.174 | |
4. | Maradi | Maradi | 38.581 | 2.419.513 | |
5. | Niamey* | Niamey | 670 | 741.610 | |
6. | Tahoua | Tahoua | 106.677 | 2.096.547 | |
7. | Tillabéri | Tillabéri | 89.623 | 2.041.876 | |
8. | Zinder | Zinder | 145.430 | 2.224.880 |
Xeografía
editarArtigo detallado : Xeografia de Níxer
O Níxer atópase no interior da África Occidental, localizada ao sur de Alxeria e Libia e ao norte de Nixeria. A súa área é de 1 267 000 quilómetros cadrados (algo máis do duplo ca a Península Ibérica), dos cales 1 266 700 km² son terra e 300 km² auga. Níxer é o 63° país máis poboado e o 22° máis grande do mundo.
O Níxer fai fronteira con sete países e ten un total de 5 697 km de fronteiras. A fronteira máis longa é co Chad, polo leste, con 1175 km. A esta séguelle a fronteira con Nixeria, polo sur (1497 km), con Alxeria, a norte-noroeste (956 km) e con Malí, con 821 km. Níxer tamén posúe fronteiras máis miúdas a suroeste (Burkina Faso con 628 km e Benín con 266 km) e a norte-nordeste (Libia con 354 km).
O país ten dous terzos do seu territorio no deserto do Sáhara, que son practicamente inhabitables e constitúen todo o norte do país. O resto esténdese polas marxes do río Níxer, con grandes sabanas onde é posible a cría de gado e practicar agricultura. É nesta zona onde se atopa a capital, como ademais os principais centros poboados, (Zinder, Maradi e Tillabéri).
A zona desértica alcanza o seu máximo rigor no Teneré. Alí áchanse macizos montañosos como o do Aïr, que acada o seu cumio máximo no monte Bagzane, de 2022 m. As cidades máis importantes desta zona son Tahoua e Agadez.
Sinalar que no extremo suroriental atópase unha parte do lago Chad, que Níxer comparte con Chad, con Nixeria e con Camerún, e onde habitan os beri beri. Este lago e o río Níxer subministran a maior parte de auga potable do país.
O punto máis baixo é o río Níxer, a unha altitude de 200 m. Os punto máis elevado son o dito monte Bagzane e monte Greboun, con 1 944 m.
O clima nixerino é moi caloroso, onde a temperatura media supera os 30 °C. Trátase dun clima subtropical, que é xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima tropical.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Níxer é membro da Unión económica e monetaria de África do oeste
Demografía
editar- Artigo principal: Demografía de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
editar- Artigo principal: Cultura de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixerino.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |