Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Arqueoloxía

estudo da actividade humana no pasado

A arqueoloxía é a ciencia que estuda as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos. O nome ven do grego ἀρχαιολογία (transliteración: archaios), "vello" ou "antigo", e logos, "ciencia", "saber".

Escavación arqueolóxica en Atapuerca.

A arqueoloxía é unha disciplina dedicada ó estudo de culturas humanas pasadas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos fixeron énfase en aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".

Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.

A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como arqueoloxía industrial.

Sendo a un tempo tanto humanística como científica, a arqueoloxía é unha disciplina académica realmente interdisciplinar. Entre as técnicas analíticas empregadas destacan aquelas que buscan datar os restos do pasado, como a datación por Carbono-14 ou a datación por termoluminiscencia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.