Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Megadeth é unha banda norteamericana de heavy metal liderada polo seu guitarrista e fundador Dave Mustaine. Os seus traballos conseguiron entrar varias veces no top 10 do Billboard, vendendo un total de 20 millóns de copias na súa historia. Xurdida no 1983 trala expulsión de Mustaine de Metallica debido ao seu mal comportamento e á súa adicción ás drogas, a banda publicou doce discos de estudio, tres EP e dous álbums en vivo.

Megadeth
Ao vivo no ano 2008
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1983 - presente
Xénero(s)thrash metal, heavy metal, hard rock, speed metal
Selo(s) discográfico(s)Combat, Capitol, Roadrunner
MembrosDave Mustaine
Chris Broderick
Shawn Drover
James LoMenzo
Kiko Loureiro
Na rede
www.megadeth.com
IMDB: nm1655103 Facebook: Megadeth Twitter: Megadeth Instagram: megadeth MySpace: megadeth Youtube: UC-Ugu5IBFgrYuHBAW2DjmZQ TikTok: megadeth BNE: XX210418 Souncloud: megadethofficial Spotify: 1Yox196W7bzVNZI7RBaPnf iTunes: 488289 Last fm: Megadeth Musicbrainz: a9044915-8be3-4c7e-b11f-9e2d2ea0a91e Songkick: 117140 Discogs: 11770 Allmusic: mn0000406294 Deezer: 3487 Genius: Megadeth Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A formación da banda cambiou moito dende os primeiros días, a causa, en boa medida, á drogadicción de Mustaine. Despois de recuperar a sobriedade ingresando nunha clínica de desintoxicación e atopar un elenco duradeiro, Megadeth publicou varios álbums que acadaron o disco de ouro ou platino, entre os que destacan Countdown to Extinction e Rust in Peace. Porén, Megadeth disolveuse no 2002 a causa dunha lesión nerviosa de Mustaine no seu brazo esquerdo, aínda que tras un intenso proceso de rehabilitación, o guitarrista reformou o grupo no 2004.

As letras de Megadeth tratan sobre política, guerra e, máis recentemente, relacións sentimentais. Dous dos seus vídeos musicais foron censurados na MTV acusados de promoveren o suicidio.

Megadeth é unha das bandas máis exitosas do heavy metal, conseguindo cinco álbums de platino consecutivos e sete nomeamentos consecutivas aos premios Grammy. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de historia, Megadeth tivo dezaoito membros distintos, sendo Mustaine o único factor común de todos os conxuntos. A banda é comunmente mencionada como un dos Catro Grandes do Thrash Metal xunto con Metallica, Anthrax e Slayer.

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Killing Is My Business... and Business Is Good! 1985 Combat Records
Peace Sells... but Who's Buying? 1986 Combat Records, Capitol Records
So Far, So Good... So What! 1988 Combat Records, Capitol Records
Rust in Peace 1990 Capitol Records
Countdown to Extinction 1992 Capitol Records
Youthanasia 1994 Capitol Records
Cryptic Writings 1997 Capitol Records
Risk 1999 Capitol Records
The World Needs a Hero 2001 Sanctuary Records
The System Has Failed 2004 Sanctuary Records
United Abominations 2007 Roadrunner Records
Endgame 2009 Roadrunner Records
Thirteen 2011 Roadrunner Records
Super Collider 2013 Tradecraft
Dystopia 2016 Tradecraft
The Sick, the Dying... and the Dead! 2022 Tradecraft/Universal Music Group

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar