2016
ano
2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.
2016 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2016 MMXVI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2769 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1465 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4712 – 4713 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5776 – 5777 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2071 – 2072 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1938 – 1939 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5117 – 5118 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1394 – 1395 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1438 – 1439 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2266 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarA Asemblea Xeral da ONU proclamou o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes (resolución A/RES/68/231). Posteriormente, en 2019, declarou o 10 de febreiro como o Día Mundial dos Legumes (resolución A/RES/73/251). O obxectivo destas celebracións foi concienciar a opinión pública sobre os beneficios nutricionais do consumo de legumes, "un elemento fundamental da cesta dos alimentos", o seu papel na prevención da obesidade e de certas enfermidades e do papel beneficioso no medio ambiente ó mellorar a fertilidade do chan [1] [2].
Xaneiro
editar- 2 de xaneiro: Arabia Saudita executa corenta e sete persoas por terrorismo.[3]
- 3 de xaneiro: Arabia Saudita rompe relacións diplomáticas con Irán a raíz das fortes protestas provocadas pola ejecución de Nimr Baqr al-Nimr.[4]
- 4 de xaneiro: na India e Bangladés, rexístrase un terremoto de magnitude 6,9 na escala de Richter que deixa 10 mortos e 160 feridos.[5]
- 5 de xaneiro: Na Asemblea Nacional de Venezuela asumen como deputados os 167 candidatos electos nas eleccións do 6 de decembro, dando inicio ao IV período lexislativo dese órgano.
- 6 de xaneiro: Corea do Norte detona a súa primeira arma nuclear de hidróxeno, despois de que Corea do Sur detectara un sismo dunha intensidade entre 4,5 e 5,1.[6]
- 8 de xaneiro: na cidade de Los Mochis (México), o narcotraficante Joaquín Guzmán Loera «El Chapo Guzmán» é capturado por terceira vez nun operativo da mariña mexicana despois da fuga do 11 de xullo de 2015.[7]
- 9 de xaneiro: en Barcelona (España), Artur Mas dimite e é substituído por Carles Puigdemont como candidato de Junts pel Sí á presidencia da Generalitat de Cataluña.
- 11 de xaneiro: en Zürich (Suíza), o futbolista Lionel Messi gaña o seu quinto premio Balón de Ouro como «mellor xogador do ano 2015», tras derrotar nas votacións a Cristiano Ronaldo e ó seu compañeiro de equipo Neymar.
- 13 de xaneiro: Quedan constituídas as novas Cortes Xerais de España e arranca a XI lexislatura trala celebración de Eleccións Xerais o 20 de decembro.
- 14 de xaneiro:
- Rexístranse en Yakarta, capital de Indonesia, 5 explosións nun centro comercial e varios tiroteos, que deixan un saldo de 5 mortos e 19 feridos. O Estado Islámico adxudicouse os atentados.
- Jimmy Morales asume como presidente de Guatemala.
- 15 de xaneiro: un atentado terrorista nun hotel en Uagadugú (Burkina Faso) deixa polo menos 29 persoas mortas e 30 feridos. Os grupos terroristas Al Qaeda del Magreb Islámico e Al Murabitun reivindican a súa autoría do atentado.
- 16 de xaneiro
- Na cidade de Rosario (Arxentina) remata o Rally Dakar.
- Estados Unidos e a Unión Europea anuncian que levantan as sancións a Irán por cumprir o acordo nuclear.[8]
- Tricentenario da promulgación dos Decretos de Nueva Planta en Cataluña.
- 28 de xaneiro: A OMS anuncia un gromo do virus de Zika.[9]
Febreiro
editar- 1 de febreiro: a Organización Mundial da Saúde (OMS) declara emerxencia internacional pola propagación do virus do Zika.
- 2 de febreiro Na Igrexa católica: Clausurarase o Ano da vida consagrada.
- 6 de febreiro: en Taiwán, un terremoto de 6,4 graos da Escala de Mercalli deixou máis de 500 feridos, 116 mortos e un desaparecido.
- 7 de febreiro: Corea do Norte lanza o seu segundo satélite ó espazo.
- 11 de febreiro: na cidade mexicana de Monterrei, prodúcese un enfrontamento entre dous grupos de reos no penal do Topo Chico, que deixou 52 mortos.
- A Asemblea Nacional de Venezuela declara a 'crise humanitaria' pola agudizada situación de escaseza de alimentos no país.[10]
- Científicos anuncian a primeira detección de ondas gravitacionais predito pola teoría da relatividade xeral de Albert Einstein.[11][12]
- Estados Unidos legaliza a circulación de coches autónomos en todo o seu territorio.
- 12 de febreiro: O papa Francisco e o patriarca ortodoxo Cirilo I reúnense no Aeroporto Internacional José Martí, da capital de Cuba, despois de 962 anos do Cisma de Oriente.[13][14] Máis tarde o papa realizou unha visita oficial a México durante 5 días.[15]
- 15 de febreiro: realízanse ataques aéreos sobre dous hospitais da cidade de Azaz, en Siria, houbo polo menos 22 mortos, 8 desaparecidos e decenas de feridos. Mentres que unha misión médica apoiada por Médicos sen Fronteiras, na cidade de Idlib, sufriu un bombardeo que provocou a morte de 7 traballadores e a desaparición de 8.[16]
- Jocelerme Privert asume de forma interina a presidencia de Haití para convocar novamente á segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebraron no mes de novembro.[17][18]
- 16 de febreiro: Venezuela aproba o proxecto de lei de amnistía e reconciliación, que contempla unha amnistía para moitos políticos encarcerados dende 1999, cando o expresidente Hugo Chávez tomou posesión da presidencia. A oposición parlamentaria argumentou que os xuízos non se realizaron de forma imparcial. O actual xefe de Estado, Nicolás Maduro, dixo non estar disposto a promulgar a lei.[19][20][21]
- 17 de febreiro: un ataque terrorista contra o Exército de Turquía deixa 28 mortos e 16 feridos na capital, Ancara.[22] Os Falcóns da Liberdade do Kurdistán, grupo terrorista kurdo escisionado do PKK, reivindicaron o atentado.[23]
- 20 de febreiro Conclúe a visita do papa Francisco en México.
- 21 de febreiro: o ciclón Winston golpea as illas Fiyi.[24]
- 22 de febreiro: o Estado Islámico lanza atentados terroristas na cidade siria de Homs e na capital Damasco, que deixan a 184 persoas mortas.[25]
- 26 de febreiro: o suízo Gianni Infantino é electo novo presidente da FIFA.[26]
- 27 de febreiro: comeza o alto o fogo en Siria, sumida na Guerra Civil, acordado polos Estados Unidos e Rusia, xunto coas partes do conflito que cada un apoia. E excluíndo a organizacións terroristas como o Estado Islámico ou Jabhat al-Nusra (asociada a Al Qaeda).[27]
- 29 de febreiro: a Arxentina e varios fondos de investimento acredores, coñecidos como «fondos voitre», asinaron un principio de acordo para a resolución da disputa xudicial comezada en 2001, cando o país entrou en cesamento de pagos ou default, produto da grave crise económica de entón. O acordo tamén permitirá a Arxentina regresar ós mercados internacionais.[28][29]
Marzo
editar- 14 de marzo: a Axencia Espacial Europea e a Axencia Espacial Federal Rusa planean lanzar a articulación ExoMars Trace Gas Orbiter nunha misión a Marte.[30]
- 19 de marzo: un avión que realizaba un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, na súa segunda tentativa de aterraxe e non houbo superviventes (62 mortos).
- 20 de marzo: en Tarragona, un accidente de autobús, no que viaxaban rapazas do Programa Erasmus, causa a morte de máis dunha ducia delas.
- 21 de marzo: un atentado terrorista con explosivos no aeroporto e no metro de Bruxelas causa máis de 30 mortos.
Abril
editar- 3 de abril: máis dun cento de persoas morreron nun incendio durante un espectáculo de fogos de artificio nun templo no estado de Kerala, no sur da India.
Maio
editar- 9 de maio: Tránsito de Mercurio.
- 14 de maio: Final do festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo. Gañou Jamala, de Ucraína, co tema "1944".
- 19 de maio: un avión de pasaxeiros con orixe no Aeroporto de París-Charles de Gaulle e destino ao Cairo cae ao Mediterráneo con 66 persoas a bordo.
Xuño
editar- 10 de xuño: inicio da Eurocopa 2016 en Francia
- 12 de xuño: nun club nocturno de Orlando, Florida, un home armado mata 49 persoas.
- 26 de xuño: celebráronse as décimo terceiras eleccións xerais en España.
Xullo
editar- 9 de xullo: bicentenario da independencia da Arxentina. O papa Francisco visita a cidade de San Miguel de Tucumán para presidir o Congreso Eucarístico Nacional.
- 14 de xullo: Un camioneiro atropela intencionadamente os peóns no Paseo dos Ingleses de Niza, matando máis de 80 persoas.
- 25 de xullo ao 1 de agosto: en Cracovia (Polonia) celébrase a XIX Xornada Mundial da Xuventude coa presenza do papa Francisco.
Agosto
editar- 5 de agosto: en Río de Xaneiro (Brasil) inaugúranse os Xogos Olímpicos de 2016.
- 21 de agosto: clausúranse os Xogos Olímpicos do Río de 2016.
- 24 de agosto: un terremoto na rexión italiana de Lacio produce máis de douscentos mortos, centos de feridos e cuantiosos danos materiais.
Setembro
editar- 9 de setembro: No Porriño descarrila un tren da liña Vigo-Porto. Morreron catro persoas e resultaron feridas máis de corenta.
- 25 de setembro: Celébranse as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia. O Partido Popular revalida a maioría absoluta.
Outubro
editar- 10 de outubro:Tránsito do posible exoplaneta análogo á Terra KOI-4878.01.
Novembro
editar- 8 de novembro: en EEUU celébranse eleccións presidenciais, resultando gañador Donald Trump.
- 8 de novembro: en Porto Rico celébranse as eleccións xerais.
- 20 de novembro: un accidente ferroviario a uns 100 km de Kanpur, no estado indú de Uttar Pradesh, deixa máis de 140 mortos.
Decembro
editar- 19 de decembro: Un camioneiro atropela intencionadamente os peóns en Berlín, matando unha ducia de persoas.
Mortes
editar- Artigo principal: Finados en 2016.
Xaneiro
editar- 1 de xaneiro, Vilmos Zsigmond, 85 anos, director de fotografía húngaro, Oscar en 1977[31].
- 2 de xaneiro, José Manuel Barros, 73 anos, antigo alcalde do Porriño, fallo multiorgánico[32].
- Michel Delpech, 69 anos, cantante francés, cancro de gorxa e de lingua[33].
- 3 de xaneiro, Paul Bley, 83 anos, pianista de jazz canadense, causas naturais[34].
- 6 de xaneiro, José Canosa Vidal, 106 anos, o segundo home máis vello de Galicia[35].
- Pierre Boulez, 90 anos, compositor francés.
- Silvana Pampanini, 90 anos, actriz italiana.
- Nivaria Tejera, 86 anos, poeta cubana, cancro de páncreas[36].
- Christy O'Connor, 67 anos, golfista irlandés.
- 7 de xaneiro, André Courrèges, 92 anos, xastre e deseñador de moda francés, párkinson.
- 7 de xaneiro, Ashraf Pahlevi, 96 anos, irmá do xa de Irán.
- 9 de xaneiro, María Teresa Alvajar López, 94 anos, política e escritora galega.
- Maria Teresa de Filippis, 89 anos, piloto de Fórmula 1 italiana, a primeira muller en disputar un Gran Premio[37].
- Angus Scrimm, 89 anos, actor de filmes de terror estadounidense[38].
- 10 de xaneiro, David Bowie, 69 anos, cantante británico, figura da cultura pop, cancro de fígado[39].
- 13 de xaneiro, Ignacio Salas, 70 anos, presentador de televisión español, cancro.
- 14 de xaneiro, Alan Rickman, 69 anos, actor de cinema, teatro e televisión inglés, cancro[40].
- Franco Citti, 80 anos, actor de cinema italiano.
- 18 de xaneiro, Michel Tournier, 91 anos, novelista francés.
- António Almeida Santos, 89, político portugués, presidente de honra do Partido Socialista luso.
- 19 de xaneiro, Glenn Frey, 67 anos, guitarrista de The Eagles, complicacións derivadas de artrite reumatoide, colite e pneumonía[41].
- 20 de xaneiro, Ettore Scola, 83 anos, director de cinema italiano.[42].
- 21 de xaneiro, Guillermo Lago, 71 anos, alcalde da Gudiña, infarto.
- 22 de xaneiro, Antonio Docampo García, 107 anos, o home máis vello de Galicia[43], pneumonía.
- 23 de xaneiro, Francisco Rubio Llorente, 85 anos, xurista español, expresidente do Consello de Estado, infarto.
- 24 de xaneiro, Fredrik Barth, 87 anos, antropólogo noruegués.
- 25 de xaneiro, Concepción Picciotto, 80 anos, manifestante pacifista que acampara diante da Casa Branca.
- 26 de xaneiro, Abe Vigoda, 94 anos, actor estadounidense, causas naturais.
- 29 de xaneiro, Jacques Rivette, 87 anos, director de cinema francés, alzheimer.
- 30 de xaneiro, Francisco Flores, 56 anos, antigo presidente do Salvador, derramo cerebral.
- 31 de xaneiro, Terry Wogan, 77 anos, presentador de radio e televisión, e xornalista musical británico, cancro.
- Benoît Violier, 44 anos, cociñeiro suízo, considerado o mellor chef do mundo, suicidio con arma de fogo[44].
Febreiro
editar- 2 de febreiro, José Luis y su guitarra, actor e cantante andaluz.
- 3 de febreiro, José Serafín Pena Souto, empresario e político galego do PPdeG.
- 4 de febreiro, David Mirra, 41 anos, ciclista de BMX estadounidense, suicidio con arma de fogo[45].
- Maurice White, 74 anos, cantante estadounidense e líder do grupo de R&B Earth, Wind & Fire, parkinson[45].
- 5 de febreiro, Edgar Mitchell, 85 anos, astronauta do Apolo 14.[46].
- 8 de febreiro, Alfonso Castro Beiras, cardiólogo e Medalla de Ouro de Galicia, suicidio ao botarse pola fiestra.[47].
- Paula Sueiro, 20 anos, cantante e co-presentadora do Luar, accidente de tráfico[48].
- 9 de febreiro, Sushil Koirala, 77 anos, ex primeiro ministro do Nepal, pneumonía[49].
- 11 de febreiro, Juan Fernández Rivas, 50 anos, arquitecto e escultor, suicidio ou caída accidental desde unha ponte da estrada[50].
- 13 de febreiro, Trifon Ivanov, 50 anos, futbolista internacional da selección búlgara, infarto[51].
- 14 de febreiro, Muriel Casals, 70 anos, antiga presidenta de Òmnium Cultural e deputada no Parlamento de Cataluña, lesións recibidas logo de ser atropelada por un ciclista[52].
- 15 de febreiro, George Gaynes, 98 anos, actor de cinema e televisión estadounidense.
- 16 de febreiro, Butros Butros-Ghali, 93 anos, político exipcio, antigo secretario xeral das Nacións Unidas, como consecuencia dunha rotura da pelve[53].
- 17 de febreiro, Andrzej Zulawski, 75 anos, director de cinema polaco, cancro[54].
- 19 de febreiro, Tamerlan Aguzarov, 53 anos, líder (presidente) da república de Osetia do Norte-Alania, pneumonía.
- Harper Lee, 89 anos, escritora estadounidense, autora de To Kill a Mockingbird[55].
- Umberto Eco, 84 anos, escritor e semiólogo italiano, cancro[56].
- 20 de febreiro, Nando Yosu, 76 anos, exfutbolista e adestrador de fútbol español, vinculado especialmente ao Racing de Santander, alzheimer[57].
- 22 de febreiro, Alberto Rojas, alcumado El Caballo, 72 anos, actor de cinema mexicano, cancro de vexiga.
- 23 de febreiro, Ramón Castro, político galego-cubano, 91 anos, irmán de Fidel e de Raúl Castro.
- Kupido, 62 anos, cantante surafricano.
- 25 de febreiro, François Dupeyron, 66 anos, director de cinema francés, tumor cerebral.
- 26 de febreiro, David Mackenzie, 72 anos, galicianista británico.
- 27 de febreiro, Luis Rodríguez Míguez, 84 anos, médico e especialista en termalismo.
- 28 de febreiro, George Kennedy, 91 anos, actor de cinema estadounidense.
Marzo
editar- 2 de marzo, Enrique Loewe, 103 anos, empresario español, que dirixiu a empresa familiar Loewe durante varias décadas.
- 3 de marzo, Berta Cáceres, 43 anos, líder ambientalista hondureña, asasinada con arma de fogo.
- 4 de marzo, Pat Conroy, 70 anos, novelista estadounidense autor de The Prince of Tides, cancro de páncreas[58].
- 5 de marzo, Antoni Asunción, 64 anos, ministro de Interior español en 1994[59].
- 5 de marzo, Ray Tomlinson, 74 anos, programador informático estadounidense, inventor do correo electrónico, infarto.[60].
- 5 de marzo, Nikolaus Harnoncourt, 86 anos, director de orquestra austríaco[61].
- 6 de marzo, Nancy Reagan, 94 anos, actriz, política e primeira dama dos Estados Unidos, crise cardíaca[62].
- 6 de marzo, Gaspar Rosety, 57 anos, xornalista deportivo español, hemorraxia cerebral como consecuencia dunha caída.[63].
- 8 de marzo, George Martin, 90 anos, produtor musical británico, responsable de boa parte dos arranxos dos Beatles.[64].
- 9 de marzo, Naná Vasconcelos, 71 anos, percusionista brasileiro, cancro de pulmón[65].
- 9 de marzo, Clyde Lovellette, 86 anos, xogador de Baloncesto estadounidense medallista de ouro nos Xogos de Helsinqui, cancro[66].
- 10 de marzo, Roberto Perfumo, 73 anos, futbolista internacional arxentino, caída polas escaleiras como consecuencia dun aneurisma[67].
- 10 de marzo, Keith Emerson, 71 anos, compositor estadounidense de rock progresivo, membro de Emerson, Lake & Palmer, suicidio con arma de fogo.
- 12 de marzo, Lloyd Shapley, 92 anos, matemático e premio Nobel de Economía en 2012[68].
- 13 de marzo, Hilary Putnam, 89 anos, filósofo estadounidense[69].
- 14 de marzo, Peter Maxwell Davies, 81 anos, compositor de música clásica contemporánea, leucemia.
- 17 de marzo, Paul Daniels, 77 anos, mago e actor británico, tumor cerebral.
- 17 de marzo, Josep Maria Ballarín, 96 anos, crego e escritor catalán.
- 18 de marzo, Guido Westerwelle, 54 anos, político alemán, antigo ministro de Exteriores, leucemia[70].
- 19 de marzo, Manuel Abeledo López, 70 anos, expresidente da Deputación de Pontevedra.
- 20 de marzo, Carles Flavià, 70 anos, actor e presentador español, cancro.
- 21 de marzo, Ricardo Larraín, 59 anos, director de cinema chileno, linfoma non hodgkiniano.
- 21 de marzo, Andrew Grove, empresario e enxeñeiro húngaro nacionalizado estadounidense.
- 24 de marzo, Johan Cruyff, adestrador e exfutbolista neerlandés ligado ao F.C. Barcelona, cancro de pulmón.
- 29 de marzo, Patty Duke, actriz estadounidense, sepse como consecuencia dunha ruptura intestinal.
- 31 de marzo, Imre Kertész, 86 anos, escritor húngaro.
- 31 de marzo, Ronnie Corbet, 85 anos, actor cómico británico.
- 31 de marzo, Zaha Hadid, 65 anos, arquitecta anglo-iraquí, infarto como consecuencia do tratamento dunha bronquite.
Abril
editar- 1 de abril, Hans Dietrich Genscher, 89 anos, político alemán, ministro de exteriores liberal, crise cardíaca[71].
- Douglas Wilmer, 96 anos, actor británico, coñecido por interpretar a Sherlock Holmes[72].
- 3 de abril, Gato Barbieri, 83 anos, saxofonista arxentino, pneumonía[73].
- Cesare Maldini, 84 anos, antigo futbolista e adestrador de fútbol italiano.
- Koji Wada, 42 anos, músico e cantante de pop-rock xaponés, cancro de cabeza e pescozo.
- Lars Gutsafsson, 79 anos, novelista sueco.
- 4 de abril, Manolo Tena, 64 anos, cantante español de pop, cancro de fígado.
- Chus Lampreave, 85 anos, actriz española.
- 11 de abril, Guillermo Muñoz, 63 anos, xogador chileno do Deportivo da Coruña dos anos 70, cancro de estómago[74].
- Shangay Lily, 53 anos, drag-queen e activista español.
- Tomaž Pandur, 53 anos, director teatral esloveno, infarto.
- 13 de abril, Mariano Mores, 98 anos, pianista arxentino de tango.
- 19 de abril, Patricio Aylwin, 97 anos, primeiro presidente democrático de Chile dende a ditadura militar de Augusto Pinochet.
- Walter Kohn, 93 anos, físico e químico estadounidense, que obtivo o Premio Nobel de Química en 1998, cancro de mandíbula.
- 21 de abril, Prince, 57 anos, cantante de pop e rock estadounidense, sobredose.
- 23 de abril, Luis González Seara, 79 anos, avogado e político, ministro durante a Transición Española.
- 24 de abril, Billy Paul, 81 anos, cantante de soul estadounidense, cancro de páncreas.
- Papa Wemba, 66 anos, cantante e compositor congolés de soukous, infarto durante un concerto.
- 26 de abril, José Isorna, 94 anos, escritor, frade franciscano e presentador de televisión, crise respiratoria.[75].
- 28 de abril, Enrique Cal Pardo, 93 anos, historiador e deán da catedral de Mondoñedo[76].
- Jenny Diski, 68 anos, novelista británica, cancro de pulmón.
Maio
editar- 7 de maio, Pep Subirós, filósofo e escritor español.
- 14 de maio, José Giráldez, 82 anos, político do PSOE.
- 20 de maio, Miguel de la Quadra-Salcedo, 84 anos, reporteiro, promotor cultural e atleta español.
- 23 de maio, Sabino Torres, 91 anos, editor e escritor, cancro.
- 26 de maio, Baltasar Pujales, 75 anos, presidente do Rápido de Bouzas[77].
- Jean-Claude Decaux, 78 anos, publicista e empresario francés, dono da multinacional JC Decaux.
- 30 de maio, Erkin Vohidov, 69 anos, poeta e dramaturgo uzbeko.
- 31 de maio, Mohamed Abdelaziz, 68 anos, presidente do Sáhara Occidental, cancro.
- Antonio Imbert Barrera, 95 anos, militar e político da República Dominicana, presidente do país na década de 1960.
Xuño
editar- 3 de xuño, Muhammad Ali, 74 anos, boxeador estadounidense, infección respiratoria complicada con párkinson.
- Luis Salom, 24 anos, piloto de motociclismo español, accidente de moto.
- 4 de xuño, Berta Guimaraens, 87 anos, cociñeira e escritora.
- 6 de xuño, Viktor Korchnoi, 85 anos, gran mestre de xadrez ruso.
- 7 de xuño, Quino Salvo, 58 anos, xogador e adestrador de baloncesto, tumor cerebral.
- 8 de xuño, Pedro Costa Musté, 74 anos, produtor de cinema e televisión español.
- 17 de xuño, Fernando Quesada, 82 anos, debuxante e humorista gráfico.
- 19 de xuño, Anton Yelchin, 27 anos, actor de cinema estadounidense, esmagado polo propio coche.
- 20 de xuño, Lalo Vázquez Xil, 89 anos, escritor e xornalista.
- Chayito Valdez, 71 anos, cantante popular mexicana.
- 25 de xuño, Jaime Rey de Roa, 73 anos, naturalista e político.
- 27 de xuño, Bud Spencer, 86 anos, actor italiano de cinema.
- Alvin Toffler, 87 anos, escritor estadounidense de ciencia ficción futurista.
- Ángel Nadal, 86 anos, debuxante de banda deseñada español, pai entre outros de Casildo Calasparra.
- 30 de xuño, Juan Carmona, chamado Habichuela, 83 anos, guitarrista flamenco español.
Xullo
editar- 2 de xullo, Michael Cimino, 77 anos, director de cinema estadounidense.
- Elie Wiesel, 87 anos, escritor romanés supervivente do Holocausto, Premio Nobel da Paz en 1986.
- Michel Rocard, 85 anos, antigo primeiro ministro francés.
- 3 de xullo, Ramón Prado Fraguas, 59 anos, futbolista do Atlético de Madrid nos anos setenta[78].
- 4 de xullo, Abbas Kiarostami, 76 anos, director de cinema iraniano, cancro gastrointestinal.
- 11 de xullo, Emma Cohen. 69 anos, actriz e escritora española, cancro.
- 12 de xullo, Agustín Fernández Paz, 69 anos, escritor e profesor, especializado en literatura xuvenil, cancro.
- 13 de xullo, Juan Peña, chamado El Lebrijano, 75 anos, cantaor de flamenco español, problemas cardíacos.
- Bernardo Provenzano, 83 anos, criminal italiano, xefe da mafia siciliana, cancro de vexiga.
- 14 de xullo, Miguel Ángel Fernández Refojo, 88 anos, oftalmólogo e investigador.
- Hector Babenco, 70 anos, cineasta brasileiro, complicacións dunha sinusite.
- Péter Esterházy, 63 anos, novelista húngaro, cancro de páncreas.
- 15 de xullo, José Monleón, 89 anos, dramaturgo español.
- 16 de xullo, Coral Troncoso, 44 anos, actriz e bailarina, accidente de helicóptero.
- Yoshiro Tachibana, 75 anos, pintor.
- Nate Thurmond, 74 anos, xogador de baloncesto estadounidense do Golden State Warriors, leucemia.
- Alan Vega, 78 anos, músico e vocalista estadounidense do grupo Suicide, causas naturais.
- 20 de xullo, Garry Marshall, 81 anos, director de cinema e televisión estadounidense, pneumonía
- 21 de xullo, Luc Hoffmann, 93 anos, ornitólogo e filántropo suízo, cofundador de WWF.
- 24 de xullo, José Chapela, Chimé, 72 anos, político comunista galego e alcalde de Cangas no comezo da democracia.
- 27 de xullo, Einojuhani Rautavaara, 87 anos, compositor finlandés, complicacións logo dunha cirurxía de cadeira.
- 30 de xullo, José Menese, 74 anos, cantaor flamenco, infarto.
Agosto
editar- 7 de agosto, Pablo Cachón, 80 anos, xuíz.
- Gustavo Bueno, 91 anos, filósofo español.
- 13 de agosto, Françoise Mallet-Joris, 86 anos, novelista belga.
- 15 de agosto, Dalian Atkinson, 48 anos, xogador de fútbol inglés, por disparos dunha pistola eléctrica nun enfrontamento coa policía.
- 16 de agosto, João Havelange, 100 anos, waterpolista olímpico brasileiro e antigo presidente da FIFA, pneumonía.
- Gurdial Singh, escritor en lingua panxabi.
- 17 de agosto, Víctor Mora, 85 anos, escritor español, creador de El Capitán Trueno.
- 18 de agosto, Ana Viqueira, 59 anos, xornalista, cancro.
- Epifanio Campo Fernández, 63 anos, empresario do sector da cerámica e financeiro, cancro.
- 20 de agosto, Ignacio Padilla, 48 anos, novelista mexicano, accidente de automóbil.
- 21 de agosto, José Ramón Arteche, 63 anos, adestrador e antigo xogador de fútbol do Racing de Ferrol.
- Donald Henderson, 87 anos, epidemiólogo estadounidense, director do programa mundial de erradicación da varíola, complicacións logo de fracturar a cadeira.
- Benet Rosell, 78 anos, artista español, esclerose lateral amiotrófica.
- Jordi Carbonell, 92 anos, lingüista e político catalán, antigo presidente de ERC.
- 22 de agosto, Toots Thielemans, 94 anos, músico de jazz belga e intérprete de harmónica, infarto mentres se recuperaba dunha operación de ombro.
- 25 de agosto, Sonia Rykiel, 86 anos, deseñadora de moda francesa, como consecuencia de párkinson.
- 28 de agosto, Juan Gabriel, 66 anos, compositor e cantante mexicano, complicacións cardíacas e de diabete.
- 29 de agosto, Gene Wilder, 83 anos, actor estadounidense, linfoma non de Hopkins.
- 30 de agosto, Joe Sutter, 95 anos, enxeñeiro estadounidense, director do equipo de deseñou o Boeing 747, pneumonía.
- Abu Mohammad al-Adnani, 38 anos, líder do ISIS en Siria, disparos dun dron.
- Marc Riboud, 93 anos, fotógrafo francés, o autor dunha icónica fotografía de protestas contra a Guerra do Vietnam, alzheimer.
- 31 de agosto, Xosé Luís Laredo Verdejo, 85 anos, sacerdote e escritor.[79]
- Antonino Fernández, 98 anos, empresario hispano-mexicano do sector cervexeiro.
Setembro
editar- 2 de setembro, Islom Karimov, 78 anos, político e presidente de Uzbekistán, consecuencias dun derramo cerebral.
- Jon Polito, 65 anos, actor de cinema estadounidense, mieloma múltiplo.
- 8 de setembro, Martial Ménard, 64 anos, lingüista e promotor da lingua bretoa.
- 11 de setembro, Alexis Arquette, 47 anos, actriz de cinema estadounidense.
- 13 de setembro, Fernando Acuña Castroviejo, 71 anos, arqueólogo e profesor universitario.
- 16 de setembro, Edward Albee, 88 anos, dramaturgo.[80]
- 20 de setembro, Curtis Hanson, 71 anos, director de cinema estadounidense, gañador dun Óscar por L.A. Confidential, alzheimer.
- 25 de setembro, Arnold Palmer, 87 anos, golfista estadounidense, problemas cardíacos mentres agardaba para ser operado.
- 26 de setembro, Benito Canal, 75 anos, boxeador, campión de España dos pesos pesados en varias ocasións.
- Herschell Gordon Lewis, director de cinema estadounidense, un dos impulsores do cinema gore.
- 28 de setembro, Shimon Peres, 93 anos, antigo primeiro ministro de Israel e Premio Nobel da Paz, consecuencias dun derramo cerebral.
Outubro
editar- 2 de outubro, Neville Marriner, 92 anos, director de orquestra británico, director da Academy of St. Martin in the Fields.
- 5 de outubro, Fran Cortegoso, 31 anos, poeta, cancro do sistema linfático[81].
- 7 de outubro, Luís Caruncho, 87 anos, pintor e escultor abstracto, e xestor cultural.
- 8 de outubro, Stylianos Patakos, 103 anos, militar golpista grego.
- 9 de outubro, Andrzej Wajda, 90 anos, cineasta polaco, Oscar á súa traxectoria.
- 13 de outubro, Dario Fo, 90 anos, dramaturgo italiano, Premio Nobel de Literatura, complicacións respiratorias.
- Bhumibol Adulyadej, 88 anos, rei de Tailandia.
- 16 de outubro, Kigeli V, 80 anos, antigo rei de Ruanda.
- 17 de outubro, Elena Santonja, 84 anos, actriz e presentadora de televisión española.
- 20 de outubro, Junko Tabei, alpinista xaponesa, a primeira muller en escalar o Everest, cancro.
- 22 de outubro, Steve Dillon, 54 anos, debuxante de banda deseñada estadounidense.
- 23 de outubro, Genrih Perevoshchikov, 80 anos, escritor udmurto.
- 24 de outubro, Jorge Batlle, 84 anos, antigo presidente do Uruguai, traumatismo cranio-encefálico como consecuencia dunha caída.
- 25 de outubro, Carlos Alberto Torres, 72, futbolista brasileiro, campión do mundo en México 1970, infarto.
- 29 de outubro, Fermín Bouza Álvarez, 70 anos, sociólogo e escritor.
Novembro
editar- 2 de novembro, Egon Wolf, 90 anos, dramaturgo chileno
- Oleg Popov, 86 anos, pallaso ruso, infarto.
- 10 de novembro, Francisco Nieva, 91 anos, dramaturgo e escenógrafo español.
- Leonard Cohen, 82 anos, cantante e compositor canadense, como consecuencia dunha caída da cama.
- 11 de novembro, Ilse Aichinger, escritora austríaca.[82]
- 12 de novembro, Robert Vaughn, 83 anos, actor de cinema e televisión estadounidense, leucemia.
- 15 de novembro, Narf, 48 anos, músico e compositor, cancro.[83]
- Manuel Ferreiro Losada, 69 anos, xeneral da Garda Civil.
- 15 de novembro, Sixto Durán Ballén, 95 anos, antigo presidente do Ecuador, parada cardíaca mentres durmía a sesta.
- 22 de novembro, Dorotea Bárcena, 72 anos, actriz.
- 23 de novembro, Arturo Pereiro Vilariño, 82 anos, antigo alcalde de Castro de Rei.
- Rita Barberá, 68 anos, senadora española e antiga alcaldesa de Valencia, infarto.
- 24 de novembro, Marcos Ana, 96 anos, poeta e político comunista español durante o franquismo.
- 25 de novembro, Fidel Castro, 90 anos, líder comunista cubano e antigo presidente de Cuba.
- 29 de novembro, Luis Alberto Monge, 90 anos, antigo presidente de Costa Rica, parada cardíaca.
Decembro
editar- 6 de decembro, Peter Vaughan, 93 anos, actor inglés, coñecido por Game of Thrones.
- 7 de decembro, Greg Lake, 69 anos, cantante estadounidense, líder de King Crimson, cancro.
- Cho Ramaswamy, 82 anos, actor, director, xornalista, dramaturgo e avogado támil.
- 8 de decembro, John Glenn, 95 anos, astronauta estadounidense, o quinto humano en orbitar a Terra.
- 12 de decembro, Manuel Bermúdez Arias, 80 anos, antigo futbolista do Deportivo da Coruña.
- 13 de decembro, Javier Echevarría, 84 anos, bispo español, prelado do Opus Dei, infección pulmonar.
- Alan Thicke, 69 anos, actor estadounidense, protagonista de Growing Pains, infarto mentres xogaba ao hockey sobre xeo.
- 14 de decembro, Isidro Silveira Cameselle, 73 anos, presidente do Racing de Ferrol, cancro.
- 18 de decembro, Zsa Zsa Gabor, 99 anos, actriz estadounidense, de orixe húngara, infarto.
- 25 de decembro, George Michael, 53 anos, cantante inglés, infarto.[84]
- Vera Rubin, 88 anos, astrónoma estaodunidense, causas naturais.[85]
- 27 de decembro, Bibiano, 66 anos, cantautor e produtor, antigo membro de Voces Ceibes, causas naturais mentres durmía.
- Carrie Fisher, 60 anos, actriz estadounidense, famosa por interpretar a princesa Leia na Guerra das galaxias, consecuencias dun infarto.
- Richard Adams, 96 anos, escritor inglés de literatura infantil e xuvenil.
- 28 de decembro, Gregorio Álvarez, 91 anos, militar golpista uruguaio, fallo cardíaco.
- Debbie Reynolds, 84 anos, actriz estadounidense, protagonista de Singin' in the Rain, derramo cerebral.
- 29 de decembro, William Salice, 83 anos, empresario italiano, creador dos ovos Kinder Sorpresa, accidente cerebrovascular.[86][87][88]
- Olga Ulianova, 53 anos, historiadora ruso-chilena, cancro.
Premios Nobel
editar- Premio Nobel de Física: John M. Kosterlitz, Duncan Haldane e David J. Thouless, polos descubrimentos teóricos das transicións de fase topolóxica e fases topolóxicas da materia.
- Premio Nobel de Química: Ben Feringa, Jean-Pierre Sauvage e Fraser Stoddart, polo deseño e síntese de máquinas moleculares.
- Premio Nobel de Medicina: Yoshinori Ohsumi, polos seus descubrimentos sobre os mecanismos da autofaxia.
- Premio Nobel de Literatura: Bob Dylan, por ter creado unha nova expresión poética dentro da gran tradición da canción estadounidense.
- Premio Nobel da Paz: Juan Manuel Santos, polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC.
- Premio Nobel de Economía: Oliver Hart e Bengt R. Holmström, polas súas contribucións á teoría de contratos.
Notas
editar- ↑ "Día Mundial de las Legumbres. 10 Febrero" (en castelán).
- ↑ "Año Internacional de las Legumbres", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela, 13.01.2016.
- ↑ "Arabia Saudí ejecuta al clérigo reformista chií Nimr Baqir al Nimra, entre otras 46 personas acusadas de terrorismo". El Mundo. 2 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Arabia Saudita rompe relaciones diplomáticas con Irán". bbc. 3 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Al menos 10 muertos y 160 heridos por un terremoto en India y Bangladesh". La Patilla. 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ Javier Espinosa (6 de xaneiro de 2016). "Corea del Norte realiza una nueva prueba nuclear con una bomba de hidrógeno, desafiando a la comunidad internacional". El Mundo. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ "La tercera captura de «El Chapo»". Milenio. 8 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ Axencia EFE. 20 Minutos, ed. "Estados Unidos y la Unión Europea anuncian que levantan las sanciones a Irán por cumplir el acuerdo nuclear".
- ↑ Botelho, Greg (29 de xaneiro de 2016). "Zika virus 'spreading explosively,' WHO leader says - CNN.com". CNN.com (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2016.
- ↑ La Hora (ed.). "Parlamento venezolano declara 'crisis humanitaria' por falta de alimentos". Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ "Phys. Rev. Lett. 116, 061102 (2016) - Observation of Gravitational Waves from a Binary Black Hole Merger" (en inglés). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ THERE, Out (11 de febreiro de 2016). "Gravitational Waves Detected, Confirming Einstein’s Theory - The New York Times". The New York Times (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Papa y el patriarca ruso inician en Cuba la reconciliación de católicos y ortodoxos". El País. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ "El papa y Kiril firman declaración común ante desafíos como persecución cristianos". 14ynedio. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ "Papa Francisco llegó a México". El Universal. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ "Al menos 22 muertos por bombardeos en 2 hospitales en Siria". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ "Jocelerme Privert, nombrado presidente interino de Haití". Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ "Haití: presidente interino llama al diálogo para superar severa crisis". Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ "Congreso aprueba en primera instancia ley de amnistía". Terra Perú. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Cabello: “Todos los organismos del mundo condenan las leyes de amnistía”". El Nacional. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "La Amnistía pone fin a persecuciones y protege a trabajadores públicos". El Universal. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Un atentado en Ancara dejó 28 muertos y 61 heridos". Télam. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Un grupo terrorista kurdo reivindica el atentado de Ancara y contradice la teoría de Erdogan". ABC. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Más de 20 muertos en las islas Fiji tras el paso del ciclón Winston". La Nación. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Atentados terroristas en Siria dejan cerca de 200 muertos". CNN en Español. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Gianni Infantino es el nuevo presidente de la FIFA". CNN Expansión. 26 feb. 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
- ↑ "EE.UU. y Rusia acuerdan un alto el fuego en Siria a partir del sábado". RPP Noticias. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- ↑ "Mediador anuncia acuerdo entre Argentina y fondos de capitales de riesgo o “fondos buitre”". El Dínamo. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "Se cerró el acuerdo con los fondos buitre y la Argentina vuelve a los mercados internacionales". Río Negro. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
- ↑ "ESA - Robotic Exploration of Mars: ExoMars Trace Gas Orbiter (TGO)" (en inglés). 24 de novembro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2015.
- ↑ "Vilmos Zsigmond: the cinematographer who transformed how films look". The Guardian (en inglés). 6 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Porriño despidió a su alcalde más famoso". Atlántico Diario (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Michel Delpech, sa dernière interview dans Paris Match". Paris Match (en francés). 2 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Paul Bley, el pianista más libre del jazz". El Mundo (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Vivió 107 años y solo bebía vino tinto". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nivaria Tejera, poeta y escritora cubana". El País (en castelán). 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ "F1, addio a Maria Teresa De Filippis: morta la prima donna in pista". Il Corriere dello Sport (en italiano). 9 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Phantasm star Angus Scrimm dies at 89". Entertainment Weekly (en inglés). 10 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ "David Bowie, the Legendary Musician, Has Died at 69". The New York Times (en inglés). 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Alan Rickman dies: British giant of stage and screen dies of cancer aged 69". The Telegraph (en inglés). 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Eagles guitarist Glenn Frey, 67, dies". BBC News (en inglés). 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016.
- ↑ "È morto Ettore Scola, addio al maestro del cinema italiano". La Repubblica (en italiano). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Fallece José Canosa a punto de cumplir 106 años". Faro de Vigo (en castelán). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Le chef franco-suisse Benoît Violier est mort". Le Monde (en francés). 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2016.
- ↑ 45,0 45,1 "David Mirra, Iconic BMX Bike Star, Dies in an Apparent Suicide". The New York Times (en inglés). 5 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
- ↑ "Astronaut Edgar Mitchell, 6th Man on Moon, Dies in Florida". ABC News (en inglés). 5 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ "El cardiólogo Alfonso Castro Beiras fallece en A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ "Muere la cantante gallega Paula Sueiro en un accidente de tráfico". Faro de Vigo (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2016.
- ↑ "Sushil Koirala, Ex-Premier of Nepal Who Fought for Democracy, Dies at 77". New York Times (en inglés). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ "Aparece muerto el arquitecto Juan Rivas en un río de Moaña". Faro de Vigo (en castelán). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
- ↑ "Bulgaria hard man Ivanov, 50, dies after heart attack". Reuters (en inglés). 13 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
- ↑ "Mor Muriel Casals, símbol de la lluita per la independència de Catalunya". Ara (en catalán). 14 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
- ↑ "Boutros Boutros-Ghali, First U.N. Chief From Africa, Dies". ABC News (en inglés). 16 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Mort d’Andrzej Zulawski, cinéaste de la passion". Le Monde (en francés). 17 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2016.
- ↑ "To Kill a Mockingbird author Harper Lee is dead at 89". The Verge (en inglés). 19 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016.
- ↑ "Cultura in lutto, è morto Umberto Eco". La Stampa (en italiano). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ "Fallece Nando Yosu, histórico entrenador del Racing". Marca (en castelán). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
- ↑ "Pat Conroy, Author of ‘The Prince of Tides,’ ‘The Great Santini,’ Dies at 70". Variety (en inglés). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ "Antonio Asunción, exministro valenciano del Interior, muere a los 64 años". Las provincias (en castelán). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ "Ray Tomlinson, email inventor and selector of @ symbol, dies aged 74". The Guardian (en inglés). 7 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
- ↑ "Mort de l’Autrichien Nikolaus Harnoncourt, un chef d’orchestre révolutionnaire". Le Monde]] (en francés). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ "Former U.S. first lady Nancy Reagan dies at 94". Reuters (en inglés). 6 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
- ↑ "Fallece el periodista deportivo Gaspar Rosety a los 57 años de edad". Huffington Post (en castelán). 6 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
- ↑ "George Martin, Producer and Arranger for The Beatles, Dies at 90". The Hollywood Reporter (en inglés). 8 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016.
- ↑ "Morre, aos 71 anos, o percussionista pernambucano Naná Vasconcelos". Folha de São Paulo (en portugués). 9 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Clyde Lovellette, 86, One of the Early Big Men Of Basketball, Is Dead". The New York Times (en inglés). 10 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Murió Roberto Perfumo, el mariscal del fútbol argentino". La Nación (en castelán). 10 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Lloyd Shapley, a Nobel laureate in economics, has died". The Economist (en inglés). 13 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016.
- ↑ "Hilary Putnam obituary". The Guardian (en inglés). 14 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Politiker, Lehrer, Weggefährten: So trauert Bad Honnef um Westerwelle". Focus (en alemán). 18 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "Früherer Außenminister: Hans-Dietrich Genscher ist tot". Spiegel (en alemán). 1 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Sherlock Holmes actor Douglas Wilmer dies aged 96". BBC (en inglés). 1 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Adiós al gran maestro argentino del saxofón". Clarín (en castelán). 3 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Ídolo de Wanderers y San Felipe: Falleció Guillermo "Hallulla" Muñoza". ADN Radio (en castelán). 11 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
- ↑ "Hondo pesar por el fallecimiento del padre José Isorna". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
- ↑ "Galicia e A Mariña perden a Cal Pardo, gran historiador da Igrexa". La Voz de Galicia. 29/4/2016. Consultado o 30/4/2016.
- ↑ Manuel Pedro Seoane (26 de maio de 2016). "Se nos fue el Comandante". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2016.
- ↑ "La estrella que no brilló por las lesiones: Fraguas". La Región (en castelán). 4 de xullo de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2016.
- ↑ "Información da Provincia de España da Compañía de Xesús". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 01 de setembro de 2016.
- ↑ Howard, Adam (16 de setembro de 2016). "Pulitzer Prize-Winning Playwright Edward Albee Dead at 88". NBC News. Consultado o 17 de setembro de 2016.
- ↑ Antón Lopo (6 de outubro de 2016). "Cortegoso, unha voz que reparte tesouros". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ Redacción. "Fallece la escritora Ilse Aichinger a los 95 años". elmundo.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2021.
- ↑ http://www.elcorreogallego.es/portada/ecg/morre-fran-perez-narf-un-dos-grandes-da-musica-galega/idEdicion-2016-11-16/idNoticia-1027332/ Arquivado 13 de marzo de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "Ex-Wham singer George Michael dies". BBC News. 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Pioneering astronomer Vera Rubin dies at 88". Atlanta Journal-Constitution. The Associated Press. 26 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ http://www.larazon.es/lifestyle/gente/muere-william-salice-el-creador-del-huevo-kinder-JG14218771
- ↑ http://cincodias.com/cincodias/2016/12/30/empresas/1483119314_784687.html
- ↑ http://www.20minutos.es/noticia/2923817/0/muere-william-salice-inventor-huevo-kinder/