Marilyn Manson
Brian Hugh Warner, coñecido como Marilyn Manson, nado en Canton (Ohio) o 5 de xaneiro de 1969 é un cantante, compositor, actor, escritor, pintor e director de cine estadounidense, coñecido pola súa personalidade e a súa imaxe controvertidas como vocalista e líder da banda de metal industrial Marilyn Manson. O seu nome artístico formouse a partir dos nomes da actriz Marilyn Monroe e do convicto Charles Manson.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Brian Hugh Warner 5 de xaneiro de 1969 (55 anos) Canton, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | Marilyn Manson |
Educación | Broward College (pt) GlenOak High School (en) Heritage Christian School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, cantante, letrista, compositor, autobiógrafo, pintor, guitarrista |
Período de actividade | 1989 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Metal alternativo, Metal industrial, Gothic metal, Glam rock, shock rock (pt) , Rock industrial e hard rock |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz, baixo, guitarra, Saxofón e piano |
Selo discográfico | Cooking Vinyl (mul) Nothing Records Interscope Records |
Familia | |
Cónxuxe | Dita Von Teese (2005–2007) |
Parella | Esmé Bianco (2009–2013) Evan Rachel Wood |
Páxina web | marilynmanson.com |
|
Apareceu nalgunhas películas como Jawbreaker, Lost Highway de David Lynch e Party Monster, e en series como Sons of Anarchy. Non só se dedica á música, senón tamén á pintura. Figura no lugar número 44 na lista dos 100 mellores vocalistas de metal de todos os tempos, segundo Hit Parader. Manson ademais foi certificado polo IFPI como un dos 100 artistas máis exitosos de todos os tempos e ostenta un posto entre os cinco artistas do metal industrial máis exitosos, certificando 50 millóns de discos vendidos. Manson ten o seu alter ego andróxino chamado "Omega" que apareceu no seu álbum de estudio "Mechanical Animals".
Primeiros anos
editarMarilyn Manson naceu en Canton. Segundo a súa autobiografía The Long Hard Road Out of Hell, Manson é de ascendencia alemá e polaca pola parte do seu pai[3] e foi criado coas crenzas relixiosas da súa nai.[2] En 1990 graduouse como periodista para a revista Lifestyle Magazine, 25th Parallel, o cal lle permitiu realizar os seus primeiros contactos coa música, sobre todo cos artistas que entrevistaba.
Carreira
editarMúsica
editarNo ano 1989 (xa con 20 anos), Marilyn formou en Florida a banda Marilyn Manson & the Spooky Kids (en 1992 o nome recortouse a Marilyn Manson). Nos primeiros anos da banda viuse involucrado con varios músicos cos cales gravou o seu primeiro álbum, Jeordie White (máis coñecido polo seu nome artístico Twiggy Ramírez) e Stephen Gregory Bier Jr. (máis coñecido como Madonna Wayne Gacy), Manson non só formaba parte de The Spookie Kids, senón que tamén participou en proxectos paralelos como Satan on Fire, un falso grupo de metal cristián onde tocou o baixo e a batería en Mrs. Scabtree, banda formada en colaboración con Jeordie e a súa noiva Jessicka (vocalista da banda Jack Off Jill).
No verán de 1993 atraeu a atención dun dos expoñentes máis relevantes da industria do metal nesa época, Trent Reznor, vocalista de Nine Inch Nails. Reznor ocupouse da produción do primeiro álbum da banda no ano 1994, chamado Portrait of an American Family, o cal logrou a certificación de ouro nos Estados Unidos,[4] cun número maior de vendas que superaron as 500.000 copias vendidas e foi distribuído pola discográfica Nothing Records (propiedade de Trent Reznor).[5] Con este álbum foi co que a banda conseguiu o seu propio club de fans, o cal creceu co seu primeiro álbum remix denominado Smells Like Children en 1995, que recibiu a certificación de platino,[4] por superar o millón de copias vendidas; conseguiu tamén aparecer na programación de vídeos en MTV co seu primeiro éxito que resultou ser Sweet Dreams (Are Made of This) (versión da canción do grupo Eurythmics).
O éxito seguiu co álbum máis recoñecido da banda ata o momento chamado Antichrist Superstar (coproducido por Trent Renzor e Dave Ogilvie).[6][7] Nos Estados Unidos tres dos álbums da banda conseguiron a certificación de platino e outros tres conseguiron a certificación de ouro,[4] tamén a banda logrou entrar nos dez primeiros do Billboard, incluíndo dous dos seus álbums que lograron debutar no posto n° 1. Manson tamén debutou como produtor na banda Jack Off Jill. Tamén axudou a poñer o nome á banda e é o produtor da maioría dos álbums de Marilyn Manson, tamén toca a guitarra, o cal se ve na canción My Cat e abriu a maioría dos shows no sur de Florida.[8] Así mesmo axudou a escribir a maioría das letras do álbum Humid Teenage Mediocrity 1992–1996 de Jack Off Jill, que é unha compilación de varios dos álbums do grupo nos seus inicios. Marilyn apareceu como cantante invitado no álbum Flesh of My Flesh, Blood of My Blood do rapeiro DMX,[9] e no álbum 2000 Years of Human Error da banda Godhead, o único álbum producido polo seu selo discográfico Posthuman.[10]
Cine e televisión
editarManson fixo o seu debut no cine como actor en 1997, na película Lost Highway, dirixida por David Lynch.[11] Desde entón apareceu en pequenos papeis, como no filme Jawbreaker, xunto coa súa ex noiva Rose McGowan en 1998,[12] En 2002 formou parte do elenco de Beat the Devil.[13] Ese mesmo ano tivo unha intervención no documental Bowling for Columbine do cineasta, documentalista e escritor Michael Moore.[14] En 2003 apareceu en Party Monster xunto con Macaulay Culkin e Seth Green.[15] Un ano despois tivo un papel na cinta The Heart Is Deceitful Above All Things, dirixida por Asia Argento,[16] En 2007 interpretou un barman en Rise: Blood Hunter.[17] En canto á televisión, apareceu na serie animada Clon High, e tamén en varias ocasións en Celebrity Deathmatch, da cadea MTV. O actor Johnny Depp asegurou que se inspirou en Manson para a súa actuación como Willy Wonka na película Charlie e a fábrica de chocolate.[18] Marilyn expresou o seu interese en interpretar el mesmo o papel de Willy Wonka e aparentemente era a primeira elección do director, pero diversos conflitos da programación fixérono imposible.[18]
A mediados de 2007 sóubose que estaba traballando no seu debut como director da película Phantasmagoria: The Visions of Lewis Carroll, acerca do autor de Alicia no país das marabillas, Manson interpretaría tamén o papel do escritor, ademais de escribir o guión e crear a banda sonora da mesma.[19] Así mesmo, publicáronse noticias onde se afirma que Emma Watson fará unha nova adaptación do clásico da Cincenta xunto a Manson. Aínda non hai demasiados detalles sobre este novo traballo pero non terá nada que ver coa versión actual, xa que o musical se converterá nunha versión gótica.[20][21]
Arte
editarEn 2004, durante unha entrevista coa revista i-D Marilyn afirmou comezar a súa carreira como pintor de acuarelas e artista de pintura en seco en 1999, cando realizou cinco pezas en arredor de cinco minutos. Entre o 13 e 14 de setembro de 2002 realizou no Centro de Exhibicións de Arte Contemporánea dos Ánxeles a súa primeira exhibición, que denominou A Idade Dourada do Grotesco.[22] Max Henry, da revista Art in America, dixo que o seu traballo nunca sería tomado en serio, e sinalou:
«Teño a impresión de que estas imaxes son terapéuticas. Recórdanme os cadros elaborados por pacentes psiquiátricos, cando se lles dan materiais de arte para ser usados como terapia. Alí, ves un montón de diaños, e no traballo de Manson, veo tamén un pouco deses diaños».[23]
Entre o 14 e o 15 de setembro de 2004, realizou unha segunda exposición, a primeira noite en París e a segunda en Berlín. O programa foi denominado Trismegistus,[24] que foi tamén o título da peza central da exposición, un cadro grande de Cristo con tres cabezas pintado sobre un panel de madeira antigo dunha mesa portátil de embalsamadores. Manson nomeou o seu autoproclamado movemento artístico Celebritarian Corporation,[22][25] así mesmo acuñou un slogan para o movemento: «Imos vender a nosa sombra aos que están dentro dela.».[25] En 2005, dixo que a Celebritarian Corporation fora xestándose durante sete anos, que de ser certo indicaría que se iniciou en 1998.[26] Celebritarian Corporation é tamén o nome dunha galería de arte propiedade de Manson, chamada Celebritarian Corporation Gallery of Fine Art nos Ánxeles, a cal se inaugurou coa presentación da súa terceira exposición.[22][27] En abril de 2007, as súas últimas obras exhibíronse na galería de arte Space 39 Modern & Contemporary en Florida.[22] Corenta pezas desta exposición foron levadas á galería Brigitte Schenk da cidade alemá de Colonia para ser exhibidas publicamente do 28 de xuño ao 28 de xullo de 2007.[28] Entre os habituais compradores das súas pinturas encóntranse Flea, Nicolas Cage e Jack Osbourne.
Vida privada
editarEn 2008 lanzou a súa propia bebida de asente, denominada Mansinthe, a cal contén un 66,6% de alcohol e é producida pola empresa Matter-Luginbuehl.[29] A bebida recibiu duras críticas pola parte de diversos coñecedores da materia; algúns compararon o seu olor co das augas residuais ou co dun pantano de barro,[30] pero en agosto de 2008 foi elixida como a segunda mellor bebida de absintio,[31] e obtivo unha medalla de ouro na Competición Mundial de Bebidas Alcohólicas de San Francisco.[32] Despois de que varios medios de comunicación mostrasen a Marilyn con pantalóns de coiro, a organización polos dereitos dos animais PETA incluíuno na lista das celebridades peor vestidas de 2008.[33]
Relacións
editarManson mantivo unha relación sentimental de cinco anos coa actriz Rose McGowan, desde 1997 ata 2001.[34] Durante esa época, Rose chamou a atención ao aparecer practicamente núa nos MTV Video Music Awards de 1998, cun vestido de rede e roupa interior de leopardo.[35] Tamén apareceu no vídeo da canción Coma White da banda Marilyn Manson, imitando a Jacqueline Kennedy, e prestou a súa voz como fondo no tema Posthuman, tamén de Manson.[36] A parella comprometeuse no ano 2000, pero Rose terminou coa relación a principios do 2001 alegando diferentes estilos de vida.[37]
Meses máis tarde e trala ruptura con Rose McGowan, comezou unha longa relación de catro anos coa modelo erótica Dita Von Teese. A parella contraeu matrimonio o 3 de decembro de 2005, nun castelo en Irlanda propiedade do artista Gottfried Helnwein.[38] A cerimonia foi oficiada polo escritor, dramaturgo e cineasta chileno Alejandro Jodorowsky, amigo de Manson.[39]
Porén, despois dun ano e medio de matrimonio e seis de relación, en xaneiro de 2007, Dita mandoulle a demanda de divorcio a Manson xusto o día do seu 38 aniversario, o 5 de xaneiro de 2007, alegando diferenzas irreconciliables; o feito foi desmentido máis tarde pola prensa, xa que a verdadeira razón da ruptura da parella fora a infidelidade de Manson coa actriz Evan Rachel Wood, coa que comezou a saír meses antes do divorcio da parella.[40][41]
Días despois do seu divorcio, en xaneiro de 2007 fíxose oficialmente pública a súa relación con Evan Rachel Wood,[42] quen protagonizou xunto con Manson o vídeo da canción Heart-Shaped Glasses (When the Heart Guides the Hand), o cal suscitou unha leve polémica debido ás súas escenas de sexo explícito e as escenas nas que ambos aparecen cubertos de sangue na cama.[43] En maio de 2009 anunciaron a súa separación tras unha grave crise de parella. Non obstante, a principios de 2010 anunciaron a súa reconciliación e compromiso.[44]
Finalmente en agosto dese mesmo ano, anunciaron o fin da súa relación.[45]
Durante o tempo de separación con Wood, a prensa falou sobre unha posible relación do cantante coa actriz pornográfica Stoya,[46] relación á cal Manson puxo o seu fin en novembro, para volver coa que fora a súa parella, a actriz Evan Rachel Wood en xaneiro de 2010.[47] Finalmente Stoya alegou que a relación que ambos mantiñan non era considerada por ningún dos dous como unha relación seria, xa que apenas se vían e non había comunicación, Stoya denominou esa relación como "unha relación de carácter sexual" e sen compromisos de por medio, Stoya dixo que máis que unha relación era "un pasatempo divertido" ademais de dicir en máis dunha ocasión que por Manson non sentía máis alá que unha grande amizade, dicindo "Por que non ter un amigo con dereito a rozamento se ningún ten parella?". Porén, Manson e Stoya manteñen unha relación de amizade desde a finalización desa estraña e curta relación. Manson nunca falou ou desmentiu nada sobre dita relación.
Desde novembro de 2010 mantén unha relación estable coa modelo Lindsay Usich.[Cómpre referencia]
Discografía
editar- 1994: Portrait of an American Family
- 1995: Smells Like Children
- 1996: Antichrist Superstar
- 1997: Remix & Repent
- 1998: Mechanical Animals
- 1999: The Last Tour on Earth
- 2000: Holy Wood (In the Shadow of the Valley of Death)
- 2003: The Golden Age of Grotesque
- 2004: Lest We Forget: The Best Of
- 2007: Eat Me, Drink Me
- 2009: The High End of Low
- 2012: Born Villain
Premios e nominaciones
editarGrammy Awards
Ano | Traballo nomeado | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | "The Dope Show" | Mellor Actuación de Hard Rock | Candidato |
2001 | "Astonishing Panorama of the Endtimes" | Mellor Actuación de Metal | Candidato |
2004 | "Mobscene" | Mellor Actuación de Metal | Candidato |
2013 | "No Reflection" | Mellor Actuación de Metal/Hard Rock[48] | Candidato |
MTV Video Music Awards
Ano | Traballo nomeado | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1996 | "Sweet Dreams(Are Made of This)" | Mellor vídeo de Hard Rock | Candidato |
1997 | "The Beautiful People" | Mellor vídeo de Hard Rock | Candidato |
Mellores efectos especiais en vídeo | Candidato | ||
Mellor dirección de arte en vídeo | Candidato | ||
1999 | "The Dope Show" | Mellor cinematografía en vídeo | Gañador |
- Metal Edge Readers' Choice Awards
Ano | Gañador | Categoría |
1997 | It's a Long Hard Road Out of Hell | Mellor canción de banda sonora de película[49] |
1999 | Marilyn Manson | Mellor interpretación en vivo |
1998 | God Is In The TV | Mellor vídeo caseiro do ano[50] |
2000 | Marilyn Manson | Actuación de home do ano[51] |
Videografía
editar- 1989: The Raw Boned Psalms (sen publicarse)
- 1998: Dead to the World
- 1999: God Is in the TV
- 2002: Guns, God and Government World Tour
- 2003: Doppelherz
- 2004: Lest We Forget: The Best Of
Filmografía
editar- Lost Highway (1997)
- Spawn (1997)
- Celebrity Deathmatch (1998)
- Jawbreaker (1999)
- Clone High (2002)
- Bowling for Columbine (2002)
- The Hire: Beat the Devil (2003)
- Party Monster (2003)
- The Heart Is Deceitful Above All Things (2004)
- Area 51 (2005)
- Rise: Blood Hunter (2006)
- Phantasmagoria: The Visions of Lewis Carroll (non rodada)
- Tim and Eric Awesome Show, Great Job! (2010)
- Splatter Sisters (2011)
- Born Villain (2011)
- Wrong Cops (2012)
- Californication (2013)
- Celebrity Ghost Stories
- Once Upon a Time (2013)
- Sons of Anarchy (2014)
- Let Me Make You a Martyr (2016)
- Salem (2016–2017) (Thomas Dinley)
- The New Pope (2020)
Libros
editar- 1998: The Long Hard Road out of Hell
- 2000: Holy Wood
- Genealogies of Pain. Nuremberg: Verlag für moderne Kunst Nürnberg, 2011 ISBN 3-86984-129-8
- Campaign. Calabasas: Grassy Slope Incorporated, 2011 ISBN B-00-5J24ZH-S.
Notas
editar- ↑ Strauss p. 85-87
- ↑ 2,0 2,1 imdb.com (ed.). "Biography for Marilyn Manson" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ allaboutpopularissues.org (ed.). "Marilyn Manson" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 riaa.com (ed.). "RIAA Database Search for Marilyn Manson" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ allmusic.com (ed.). "Portrait of an American Family" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ allmusic.com (ed.). "Antichrist Superstar" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Alan di Pirna (1996). basetendencies.com, ed. "Dangerous Creatures: Marilyn Manson have come for your Children" (en inglés). Archived from the original on 11 de outubro de 2007. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mtv.com, ed. (1999). "Manson Resumes Tour Without Hole" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mtv.com, ed. (1998). "Manson Hooks Up With DMX" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2007. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mtv.com (ed.). "Godhead" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2007. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Lost Highway" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Jawbreaker" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "The Hire: Beat the Devil" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Bowling for Columbine" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Party Monster" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "The Heart Is Deceitful Above All Things" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Rise: Blood Hunter" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ 18,0 18,1 scifimoviepage.com, ed. (2005). "Charlie and the Chocolate Factory (2005)" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ imdb.com (ed.). "Phantasmagoria: The Visions of Lewis Carroll" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2009. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ celebrity-gossip.net, ed. (2009). "Emma Watson Joins Forces with Marilyn Manson" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ hjoven.hola.com, ed. (2009). "Emma Watson e Marilyn Manson, xuntos nun musical" (en español). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2009. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 ethnicpaintings.com (ed.). "Marilyn Mansion Art Gallery". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Dakota Smith. vh1.com, ed. "Shocker! Marilyn Manson Can Paint, Art Critics Say" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2009. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ galerieschenk.de (ed.). "Mariltn Manson Trismegistus" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2011. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ 25,0 25,1 nachtkabarett.com (ed.). "The Celebritarian Corporation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Chris Harris (2005). mtv.com, ed. "Marilyn Manson Likens His New Guitar God To A Naked Woman" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2007. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ laflecha.net (ed.). "Marilyn Manson inaugura su propia galería de arte" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ gaymagazine.cl, ed. (2007). "Marilyn Manson expone as súas pinturas e prepara o concerto en Chile" (en español). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Miguel Jurado (2008). openstereo.es, ed. "Marilyn Manson tiene su propia marca de Absenta" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Michael Y. Park (2008). epicurious.com, ed. "Absinthe Taste Test Part 3: Mansinthe (Marilyn Manson Absinthe)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ David Wondrich (2008). esquire.com, ed. "The Five Best Bottles of Absinthe" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mansinthe.com, ed. (2008). "Mansinthe Wins Gold at 2008 San Francisco World Spirits Competition" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ entertainmentwise.com, ed. (2008). "Kate, Aretha, Lindsay & Eva Top PETA Worst Dressed List" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ noticiascadadia.com, ed. (2007). "Rose McGowan, a ex de Marilyn Manson máis sexy que nunca" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2009. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ youtube.com (ed.). "Rose McGowan Vestido de infarto" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ alohacriticon.com (ed.). "Rose McGowan. Biografía, filmografía e fotos" (en español). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mtvla.com, ed. (2001). "Manson xa non casa; Incubus dibujantes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ esmas.com, ed. (2005). "Marilyn Manson se casa" (en español). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ los40.com, ed. (2005). "Marilyn Manson casa en Dublín coa súa noiva, Dita von Teese" (en español). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ news.bbc.co.uk, ed. (2007). "Rock star Manson set to divorce" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ upi.com, ed. (2007). "Manson-Von Teese marriage ended" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ Ken Lee (2007). people.com, ed. "Marilyn Manson Dating Evan Rachel Wood" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ mundoextra.com, ed. (2007). "O vídeo polémico de Marilyn Manson e Evan Rachel Wood" (en español). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ tvguide.com, ed. (2010). "Marilyn Manson and Evan Rachel Wood Get Engaged" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2010.
- ↑ People, ed. (2010). "Marilyn Manson and Evan Rachel Wood Call It Quits (Again!)" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2010.
- ↑ Huga Rifkind (5 de xuño de 2009). "A most bizarre encounter with Marilyn Manson". The Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2009.
- ↑ Cindi Loftus (abril de 2011). "Xcitement Interviews: STOYA". xcitement.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2011. Consultado o 24 de abril de 2011.
- ↑ "55° Grammy Awards Nominacións". Consultado o 08-12-2012.
- ↑ Metal Edge, xuño de 1998
- ↑ Metal Edge, xullo de 2000
- ↑ Metal Edge, xuño de 2001
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marilyn Manson |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- Marilyn Manson na IMDb (en inglés).