Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Selo discográfico

Un selo discográfico ou discográfica[1] é unha empresa que se dedica a realizar gravacións de música, así como a comercialización e distribución das mesmas. Ademais, encárgase de producir artistas de calquera xénero musical, lanzar novos cantantes, proporcionar o necesario como a produción de videoclips, álbums, a promoción na radio, descargas de cancións dende Internet, realizar concertos, entre outras tarefas de difusión.

Principais discográficas

editar

As compañías discográficas están, normalmente, baixo o control de grupos internacionais de empresas propiedade de holdings internacionais. Estes grupos de empresas controlan compañías de publicación, gravación, distribución e selos discográficos. No ano 2011, os cinco grupos de empresas de música principais controlaban o 70% do mercado discográfico mundial.

Principais selos até 1998 (Big Six)
  1. Warner Music Group
  2. EMI
  3. Sony Music
  4. Universal Music Group
  5. Polygram
  6. BMG Music
Principais selos en 1998-2004 (Big Five)
  1. Warner Music Group
  2. EMI
  3. Sony Music
  4. Universal Music Group (UMG absorbeu Polygram)
  5. BMG Music
Principais selos en 2004-2011 (Big Four)
  1. Warner Music Group
  2. EMI
  3. Sony Music Entertainment (Sony BMG até 2008)
  4. Universal Music Group
  1. "discográfica". academia.gal. Consultado o 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar