Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Guthrum I de Anglia Oriental

Guthrum o Vello (Gorm den Gamle, Gorm den Barnløse), finado c. 890, bautizado co nome de Aethelstan, foi rei dos viquingos daneses na zona chamada Danelaw.

Modelo:BiografíaGuthrum I de Anglia Oriental

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Guðrum Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte890 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHadleigh (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Anglia Oriental
880 – 890 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEohric Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Guthrum, fundador de Danelaw

editar

Aínda que se descoñece como consolidou o seu dominio como rei sobre os outros xefes daneses en Danelaw (territorio de Inglaterra gobernado polos daneses), si sabemos que en 874 estaba en disposición de emprender unha guerra contra os saxóns de Wessex e os seus reis, sobre todo contra Alfredo o Grande. En 876, Guthrum foi quen de conquistar varias partes dos reinos de Mercia e de Northumbria e a continuación dirixiu a súa atención cara a Wessex. O seu primeiro enfrontamento con Alfredo tivo lugar preto da fronteira galesa. Guthrum levou ao seu exército até o porto de Poole no sur de Inglaterra e alí uniuse con outro exército viquingo que estaba a invadir a área que se atopa entre os ríos Frome e Trent, área gobernada por Alfredo. Segundo Asser, este primeiro enfrontamento tivo como resultado a vitoria viquinga, capturando Guthrum o "castellum" (un pequeno forte da época romana) e a praza fortificada de Wareham onde existía un convento de monxas e desembocou na batalla de Wareham. Alfredo o Grande logrou negociar a paz, que foi rota en 877 cando Guthrum comezou unha serie de incursións no interior de Wessex, obrigando a Alfredo a enfrontarse a el en varias contendas que continuou gañando o líder danés.

Derrotado por Alfredo o Grande

editar

Guthrum conquistaría toda Wessex se non sufrise unha derrota a mans de Alfredo na batalla de Edington (878). En dita batalla, todo o exército de Guthrum tivo que se retirar cara ao seu campamento onde foron asediados por Alfredo. Na Crónica Anglosaxoa explícase que o exército invasor negociou a paz e que o resultado foi o "Tratado de Wedmore". A Crónica Anglosaxoa rexistra así este evento:

"Entón, o exército invasor concedeulle (a Alfredo) reféns e grandes promesas de que habían abandonar o seu reino e tamén lle prometeron que o seu rei (Guthrum) recibiría o bautismo; e todo o cumpriron. E tres semanas máis tarde, Guthrum chegou onde Alfredo, que se atopaba en Aller, preto de Athelney. Co líder, eran trinta dos máis honorábeis homes do exército invasor e alí, o rei danés recibiu o bautismo".

Conversión ao cristianismo e paz

editar

Mediante o "Tratado de Wedmore" establecéronse os límites que dividían as terras de Alfredo e as de Guthrum. E, o que quizais sexa máis importante, Guthrum aceptou o cristianismo e a Alfredo como padriño. A conversión de Guthrum serviu como a súa promesa ou vinculación legal ao tratado, cuxa importancia foi máis política que relixiosa.

Politicamente, a conversión ao cristianismo por parte de Guthrum non fixo desaparecer o dominio danés das zonas adquiridas por conquista. En lugar diso, non só supuxo o recoñecemento da comunidade cristiá que el gobernaba, senón que aumentou a súa propia autoridade e reclamacións. Mediante a adopción do nome cristián Aethelstan, que ademais era o nome do irmán maior de Alfredo, tranquilizou aos seus novos súbditos, indicándolles que a partir dese momento gobernaría como un rei cristián e non como un xefe pagán. Guthrum mantivo as súas promesas do tratado e respectou a fronteira que separaba "Danelaw" da Inglaterra dominada polos ingleses. Aínda que non logrou conquistar Wessex, Guthrum logrou conservar as terras que mantiña baixo o seu control fóra das interferencias de Alfredo. Guthrum retirou o seu exército da fronteira occidental onde estaba orientado cara ao territorio de Alfredo e trasladouno cara ao leste, onde finalmente fundaría en 879 o reino de Anglia Oriental. Probablemente viviu o resto dos seus días alí, morrendo en 890. De acordo cos Anais de Saint Neots, Guthrum foi enterrado en Headleage, que normalmente se identifica como Hadleigh, Suffolk.

Véxase tamén

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Collingwood, M.A. e Powell, F.Y. "Scandinavian Britain" Nova York. Sociedad para la Promoción del Conocimiento Cristiano: 1908 p. 94.
  • "Anglo-saxon Chronicles" traducido por M.J. Swanton (Nova York, Routledge: 1996).
  • Davis, R.H.C. "From Alfred the Great to Stephen" (Londres, The Manbledon Press:1991) p. 48.
  • Loyn, H.R. "The Vikings in Britain" (Nova York, St. Martin’s Press: 1977) p. 59.