Gregg Popovich
Gregg Charles Popovich, nado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, é un adestrador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente dirixe aos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou cinco títulos de campión: 1999, 2003, 2005, 2007 e 2014. É, pois, un dos únicos cinco adestradores da historia da competición con cinco ou máis aneis de campión, honra que comparte con Phil Jackson, Red Auerbach, Pat Riley e John Kundla. Coñecido habitualmente como "Coach Pop" (do inglés: Adestrador Pop) ou simplemente "Pop", é posuidor do récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis vitorias que derrotas da histoira da NBA, e o terceiro en golbal, só por detrás de Pat Riley con 19 e Phil Jackson con 20. É tamén un dos único nove adestradores da historia da competición que consegiu máis de 1.000 vitorias.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1949 (75 anos) East Chicago, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | East Chicago (pt) San Antonio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Merrillville High School (en) Academia da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador de baloncesto, baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | Pomona College | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, de pai serbio e nai croata,[1] graduouse en 1966 no Instituto Merrillville e en 1970 na Academia de Forzas Aéreas dos Estados Unidos (United States Air Force Academy). Alí xogou catro anos ao baloncesto, sendo no seu ano sénior o capitán e o máximo anotador. Alí graduouse en Estudos Soviéticos, servindo posteriormente á Air Force durante cinco anos, nos que viaxou por Europa Oriental e a Unión Soviética, ademais de xogar ao baloncesto co equipo das Forzas Armadas estadounidenses.
Regresou á Air Force Academy como adestrador asistente en 1973, cargo que ocuparía durante seis anos. Nese tempo, Popovich asistiría á Universidade de Denver e obtería un mestrado en Educación Física e Ciencias Deportivas, sendo nomeado adestrador do equipo masculino de baloncesto de Pomona-Pitzer. En 1988, os Spurs ficharíanlle para servir como asistente do adestrador Larry Brown, con quen terminaría establecendo unha íntima amizade. En 1992, ocupando o mesmo cargo, marchou aos Golden State Warriors por entón dirixidos por Don Nelson.
En 1994 converteríase no director xeral dos Spurs (unha posición que mantería até 2002, cando foi relevado por R.C. Buford) e en 1996 no adestrador tras o despedimento de Bob Hill. En San Antonio, "Pop" faría grandes cousas, como guiar ao equipo á vitoria de cinco campionatos da NBA, en 1999, 2003, 2005 , 2007 e 2014. Ademais, foi nomeado Adestrador do Ano da NBA en 2003, 2012 e 2014. El e a súa esposa, Erin, teñen dous fillos, Micky e Jill.
Notas
editar- ↑ Wojnarowski, Adrian (10 de xuño de 2007). Yahoo Sports, ed. "'Pop' art" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)