Golden State Warriors
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Os Golden State Warriors son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Oakland (California). Forman parte da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) e xogan os seus partidos como local no Oracle Arena, un pavillón con capacidade para 19.596 espectadores.
Golden State Warriors | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1946 |
Historia | Philadelphia Warriors (1946–1962) San Francisco Warriors (1962–1971) |
Cores | Azul, amarelo |
G League | Santa Cruz Warriors |
Retirados | 6 (13, 14, 16, 17, 24, 42) |
Localización | |
Cidade | Oakland (California) |
Pavillón | Oracle Arena |
Capacidade | 19.596 espectadores |
Inauguración | 9 de novembro de 1966 |
Persoal | |
Propietario(s) | Joe Lacob, Peter Guber |
Director | Bob Myers |
Adestrador | Steve Kerr |
Títulos | |
Campión | 7 (1947, 1956, 1975, 2015, 2017, 2018, 2022) |
Conferencia | 11 (1947, 1948, 1956, 1964, 1967, 1975, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019) |
División | 7 (1975, 1976, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019) |
warriors.com |
O equipo foi fundado foi en 1946 na cidade de Filadelfia, no estado Pensilvania, xa co nome de Warriors. Durante esa época o equipo gañou o campionato da tempada inaugural da Basketball Association of America (BAA), torneo que acabaría derivando na actual NBA. En 1962, a franquía trasladouse a San Francisco, en California, pasando o equipo a chamarse San Francisco Warriors. Finalmente, en 1971 cambia o seu nome foi polo actual de Golden State Warriors, en referencia ao alcume do Estado califoniano: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State).
Os Warriors xogan no Oracle Arena de Oakland desde 1966, con algunha excepción durante os primeiros anos e ininterrompidamente desde 1971. Porén, en abril de 2014, a franquía anuncia que se trasladará a un novo pavillón situado na cidade de San Francisco para a tempada 2018-19. Ademais do seu título na tempada inaugural da BAA, os Warriors acadaron o título de campións noutras catro ocasións, na tempada 1955-1956 como Philadelphia Warriors, onde venceron na final aos Fort Wayne Pistons; en 1974-1975, xa como Golden State Warriors, onde venceron aos Washington Bullets; e nas tempadas 2014-15 e 2016-17, onde se impuxeron aos Cleveland Cavaliers. Por mor disto son o quinto equipo en canto a palmarés da NBA. Os Warriors retiraron o dorsal a algúns dos seus xogadores máis destacados ao longo da historia: Wilt Chamberlain, Tom Meschery, Al Attles, Chris Mullin, Rick Barry e Nate Thurmond.
Historia
editarOs Philadelphia Warriors
editarOs Warriors foron fundados en 1946 en Filadelfia, Pensilvania, co nome de Philadelphia Warriors, sendo un dos membros fundadores da Basketball Association of America (BAA). O seu primeiro propietario foi Peter A. Tyrrell, un empresario do entretemento que tamén era dono dos Philadelphia Rockets da American Hockey League. Para dirixir e adestrar ao equipo, Tyrell contratou a Eddie Gottlieb, un promotor de baloncesto da área de Filadelfia. O nome do equipo foi escollido debido a un antigo equipo profesional que xa existira na cidade. Liderados polo sensacional anotador Joe Fulks, os Warriors gañaron o campionato na tempada inaugural da competición, a 1946-47, batendo a Chicago Stags en cinco partidos. En 1949 a BAA convertese na National Basketball Association, e dous anos despois, en 1951, Gottlieb compra a franquía.
Os Warriors gañaron o seu outro campionato en Filadelfia na temporada 1955-56, derrotando aos Fort Wayne Pistons por catro partidos a un na final. As estrelas deses primeiros Warrios eran Paul Arizin e Neil Johnston. En 1959, o equipo elixe no Draft ao pivote Wilt Chamberlain. Coñecido como "Wilt the Stilt", Chamberlain liderou ao equipo en anotación seis veces e bateu incontábeis récords da NBA, cambiando mesmo o rumbo da liga para sempre. O 2 de marzo de 1962, nun partido no que os Warriors exercían como locais nun pavillón neutral en Hershey, Pensilvania, anotou 100 puntos ante New York Knicks, o que aínda hoxe supón a maior marca de puntos conseguidos nun só partido da historia da liga.
Os San Francisco Warriors
editarEn 1962, Franklin Mieuli adquiriu unha parte maioritaria das accións do equipo e trasladouno ao área da Baía de San Francisco, cambiando ao nome a "San Francisco Warriors". Os novos Warriors xogaron a maior parte dos seus partidos como local da temporada 1962–64 no Cow Palace en Daly City, xusto ao sur dos límites da cidade de San Francisco, e no San Francisco Civic Auditorium durante a temporada 1964–66. Con todo, ás veces xogaban os seus partidos en grandes cidades próximas como Oakland ou San José.
Antes da temporada 1963-64, os Warriors draftearon ao xigante Nate Thurmond para acompañar a Chamberlain. Os Warriors gañaron a coroa da División Oeste desa tempada, mais perderon as Finais ante os Boston Celtics por catro xogos a un. Na temporadada 1964-65, os Warriors traspasaron a Chamberlain aos Philadelphia 76ers a cambio de Connie Dierking, Lee Shaffer, Paul Neumann e 150.000 dólares, pasando a gañar tan só 17 partidos. En 1965, o equipo draftea a Rick Barry na primeira rolda. O xogador, que sería nomeado Rookie do Ano, lidera aos Warriors ás finais da NBA na tempada 1966-67, onde perderían outra vez. Esta vez a derrota sería por catro xogos a dous ante o novo equipo de Chamberlain, os 76ers.
Irado polo fracaso da xestión ao pagarlle certas bonificacións de incentivo que sentía que lle debían, Barry marcha do equipo na tempada 1967-68 e asina para a temporada seguinte cos Oakland Oaks da competición rival: a American Basketball Association. Porén, despois de catro tempadas na ABA volvería aos Warriors en 1972. Durante a ausencia de Barry, a franquía non volveu ser candidata para o título, caendo o mando do equipo en Thurmond, Jeff Mullins e Rudy LaRusso. Coa apertura do Oakland Coliseum Arena en 1966, os Warriors comezaron a xogar un número crecente de partidos como local alí, sendo a temporada 1970-71 a última do equipo co nome de San Francisco Warriors.
Primeiro campionato en California
editarNa te mporada 1971-72 o equipo cambia o seu nome ao actual "Golden State Warriors", en referencia ao alcume de California: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State), xogando a meirande parte dos seus encontros como local en Oakland. Alén diso, os Warriors xogan seis encontros como local en San Diego, aínda que xa non voltarían nin a San Francisco nin a Daly City. Despois deste cambio de nome, os Warriors convertéronse no único equipo da competición que non inclúe no seu nome o nome da súa cidade ou do Estado.
Entre 1971 e 1977, os Warriors conseguiron chegar aos Playoffs todos os anos menos en 1974, gañando o seu único campionato da NBA desde que están na costa oeste norteamericana na temporada 1974-75. No que moitos consideran a maior sorpresa da historia da NBA, os Golden State non só derrotaron aos Washington Bullets na final, claros favoritos ao título, senón que os varreron en tan só catro partidos. Ese equipo estaba adestrado polo ex-Warrior Al Attles, e liderado na pista por Rick Barry, Jamaal Wilkes e Phil Smith. Barry foi nomeado MVP das Finais.
A partir de 1978, debido á perda de xogadores clave como Barry, Wilkes e Thurmond por mor de traspasos e retiradas, os Warriors experimentaron unha profunda muda. Despois de ser un dos equipos dominantes da NBA na década de 1960 e da maior parte da década de 1970, tiveron que loitar para poder conseguir ter un equipo competitivo desde 1978 até 1987. A través do Draft da NBA adquiriron algúns xogadores como o ala-pivote anotador Purvis Short (1978) ou o pivote da Universidade de Purdue Joe Barry Carroll (1980). Este último chegou aos Warriors, tras traspasar en 1980 ao pivote Robert Parish (drafteado en 1976) aos Boston Celtics, e xunto cunha futura elección de Draft que lles depararía a Kevin McHale. Parish e McHale serían pezas clave nos Boston Celtics tetracampións da NBA.
En 1983, os Warriors igualan oferta dos New York Knicks para asinar ao axente libre Bernard King, mais, incapaces de pagar o seu alto salario, traspasárono rapidamente ao equipo neoiorquino a cambio do escolta Michael Ray Richardson, quen pronto sería enviado aos New Jersey Nets a cambio do base de Georgetown Eric "Sleepy" Floyd, e ao ala Mickey Johnson. Floyd chegaría a anotar 29 puntos para os Warriors no último cuarto dun partido de playoffs contra os Lakers, aínda que sería posteriormente traspasado aos Houston Rockets. A saída destes xogadores simbolizou por diversas razóns a vacuidade da franquía durante este período. Proba disto son os numerosos cambios de adestrador que fixo o equipo despois de que Attles deixase o posto para converterse no director xeral en 1980. Os novos propietarios, Jim Fitzgerald e Dan Finane, finalmente lograron devolver o equipo ao seu antigo prestixio mediante a contratación de exadestrador dos Cleveland Cavaliers George Karl en 1986, xunto coa selección no Draft do ala da Universidade de St. John Chris Mullin en 1985.
A era Run T-M-C
editarDespois do mediocre período de finais de 1970 e principios de 1980, o equipo tivo un breve rexurdimento baixo o mando de George Karl, chegando ás semifinais da Conferencia Oeste de 1987 contra os Lakers de Earvin "Magic" Johnson e Kareem Abdul-Jabbar. O cuarto partido desta eliminatoria aínda é emitido na actualidade por televisión como un dos mellores encontros da historia da NBA. Neste partido destacou por riba de todo o rendemento do base All-Star Sleepy Floyd o segundo período, onde bateu os récord dos Playoffs da NBA de puntos nun cuarto (29) e nun medio (39). As súas seis canastras consecutivas ao final do partido levárono a acadar a marca de 51 puntos para el e unha vitoria para os Warriors. Porén, a eliminatoria remataría cunha derrota por 4-1 para os Warriors.
O "partido de Sleepy Floyd" foi un catalizador para incrementar o interese pola NBA na área da Baía, impulsado ademais polo novo adestrador Don Nelson, quen chegara aos Warriors desde os Milwaukee Bucks dan man de Jim Fitzgerald, quen con Dan Finnane, foi o propietario do equipo entre 1986 e 1995. Co novo adestrador conseguiuse outra exitosa serie de vitorias entre finais da década 1980 e comezos de 1990. Na pista destacaba a achega do trío de anotadores exteriores Tim Hardaway, Mitch Richmond e Chris Mullin, coñecidos colectivamente como "Run TMC" debido ao grupo de rap "Run-DMC". Con todo, os "Run TMC" duraron só dúas tempadas, nas que tan só conseguiron superar unha rolda dos playoffs. O motivo da disolución foi a tentativa do adestrador Nelson de conseguir unha nova promesa que xogase en posicións interiores, podendo así complementar o seu sistema "run-and-gun". Finalmente Richmond é enviado aos Sacramento Kings a cambio do ala-pivote novato Billy Owens. En 1993-94, grazas a Chris Webber, elección de primeira rolda do Draft e posteriormente Rookie do Ano, xunto co escolta Latrell Sprewell, os Warriors chegan de novo ás eliminatorias polo título.
Ao comezo da seguinte tempada, con todo, formouse un abismo entre Webber e Sprewell por unha banda e Nelson pola outra. Os tres pronto deixaron o equipo e a franquía foise a pique. A temporada 1994-95 foi a primeira baixo a rexencia do novo dono do equipo, Chris Cohan, que o comprara a Fitzgerald e Finnane. No Draft de 1995 os Warriors tiveron a súa primeira oportunidade na historia de ter unha primeira elección, a cal utilizaron para seleccionar ao ala-pivote Joe Smith. Alén diso, contratouse a Rick Adelman como o novo adestrador. A mediados de competición houbo máis movementos, ao enviar a Tim Hardaway e a Chris Gatling aos Miami Heat a cambio de Kevin Willis e Bimbo Coles. Finalmente o equipo acabaría cunha marca de 36-46, a tan só tres vitorias de entrar nos playoffs. Ao ano seguinte os Warriors reformarían o seu pavillón, o Oakland Coliseum Area, polo que ese ano xogaron os seus partidos como local no San Jose Arena. Finalmente o ano acabaría cun rexistro de 30-52.
Pavillón
editar- Véxase tamén: Oracle Arena.
Os Golden State Warriors xogan os seus partidos como local no Oracle Arena de Oakland (California). Este pavillón é o fogar permanente dos Warriors desde a temporada 1971, exceptuando unha parada dun ano mentres se estaba a renovar. Con todo, xa o tiñan utilizado previamente na temporada 1966−67. Antes de trasladarse ao seu fogar definitivo o equipo xogou en diferentes cidades e pavillóns. O primeiro de todos foi o Philadelphia Arena, en Filadelfia, Pensilvania, o cal foi utilizado durante os primeiros dezaseis anos da historia da entidade. Ademais, tamén utilizaron, de forma compartida co anterior, o Philadelphia Convention Hall. Xa en California, o club moveuse entre diferentes pavillóns das cidades de Daly City, no Condado de San Mateo, San Francisco, San Diego e San Jose.
En 2018, o intención do club é de mudarse a novo pavillón situado en San Francisco. Os plans para a construción desta nova instalación foron anunciado o 22 de maio de 2012 nunha rolda de prensa na que estaban Ed Lee, alcalde de San Francisco, David Stern, comisionado da NBA, Gavin Newsom, vicegobernador de California, así como os donos e algúns empregados dos Warriors. O pavillón terá un custo de aproximadamente 500 millóns de dólares e terá capacidade para entre 17.000 e 19.000 espectadores. Nun principio, a idea era que o pavillón estivese situado á beira da Baía de San Francisco no Peirao 30-32, porén, o 19 de abril de 2014 os Warriors mudaron de plan, adquirindo uns terreos no barrio de Mission Bay.
Pavillón | Localización | Estado | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
Philadelphia Arena | Filadelfia | Pensilvania | 5.526 | 1946 | 1962 |
Philadelphia Convention Hall | Filadelfia | Pensilvania | 9.600 | 1952 | 1962 |
Cow Palace | Daly City | California | 12.953 | 1962 | 1964 |
San Francisco Civic Auditorium | San Francisco | California | 7.000 | 1964 | 1966 |
War Memorial Gymnasium | San Francisco | California | 5.300 | 1964 | 1966 |
Cow Palace | Daly City | California | 12.953 | 1966 | 1971 |
Coliseum Arena | Oakland | California | 19.596 | 1966 | 1967 |
San Diego Sports Arena | San Diego | California | 14.500 | 1971 | 1972 |
Oracle Arena | Oakland | California | 19.596 | 1971 | 2018 |
San Jose Arena | San Jose | California | 18.549 | 1996 | 1997 |
Novo San Francisco Arena | San Francisco | California | − | 2018 | − |
Temporadas
editarNota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | En posición de Playoffs |
Temporada | Liga | Conferencia | Posto | División | Posto | V | D | %V | PD | Playoffs | Premios | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Philadelphia Warriors | |||||||||||||
1946−47 | BAA | — | — | Leste | 2º | 35 | 25 | .583 | 14 | Gañada Primeira Rolda (Bombers) 2–1 Gañadas Semifinais da BAA (Knicks) 2–0 Gañadas Finais da BAA (Stags) 4–1 |
|||
1947−48 | BAA | — | — | Leste | 1º | 27 | 21 | .563 | — | Gañadas Semifinais da BAA (Bombers) 4–3 Perdidas Finais da BAA (Bullets) 4–2 |
|||
1948−49 | BAA | — | — | Leste | 4º | 28 | 32 | .467 | 10 | Perdidas Semifinais de División (Capitols) 2–0 | |||
1949−50 | NBA | — | — | Leste | 4º | 26 | 42 | .382 | 27 | Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0 | |||
1950−51 | NBA | — | — | Leste | 1º | 40 | 26 | .606 | — | Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0 | |||
1951−52 | NBA | — | — | Leste | 4º | 33 | 33 | .500 | 7 | Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–1 | Paul Arizin (AMVP) | ||
1952−53 | NBA | — | — | Leste | 5º | 12 | 57 | .174 | 34.5 | ||||
1953−54 | NBA | — | — | Leste | 4º | 29 | 43 | .403 | 15 | ||||
1954−55 | NBA | — | — | Leste | 4º | 33 | 39 | .458 | 10 | ||||
1955−56 | NBA | — | — | Leste | 1º | 45 | 27 | .625 | — | Gañadas Finais de División (Nationals) 3–2 Gañadas Finais da NBA (Pistons) 4–1 |
|||
1956−57 | NBA | — | — | Leste | 3º | 37 | 35 | .514 | 7 | Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0 | |||
1957−58 | NBA | — | — | Leste | 3º | 37 | 35 | .514 | 12 | Gañadas Semifinais de División (Nationals) 2–1 Perdidas Finais de División (Celtics) 4–1 |
Woody Sauldsberry (ROY) | ||
1958−59 | NBA | — | — | Leste | 4º | 32 | 40 | .444 | 20 | ||||
1959−60 | NBA | — | — | Leste | 2º | 49 | 26 | .653 | 10 | Gañadas Semifinais de División (Nationals) 2–1 Perdidas Finais de Divisón (Celtics) 4–2 |
Wilt Chamberlain (MVP, ROY, AMVP) | ||
1960−61 | NBA | — | — | Leste | 2º | 46 | 33 | .582 | 11 | Perdidas Semifinais de División (Nationals) 3–0 | |||
1961−62 | NBA | — | — | Leste | 2º | 49 | 31 | .613 | 11 | Gañadas Semifinais de División (Nationals) 3–2 Perdidas Finais de Divisón (Celtics) 4–3 |
|||
San Francisco Warriors | |||||||||||||
1962−63 | NBA | — | — | Oeste | 4º | 31 | 49 | .388 | 22 | ||||
1963−64 | NBA | — | — | Oeste | 1º | 48 | 32 | .600 | — | Gañadas Finais de Divisón (Hawks) 4–3 Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–1 |
Alex Hannum (COY) | ||
1964−65 | NBA | — | — | Oeste | 5º | 17 | 63 | .213 | 32 | ||||
1965−66 | NBA | — | — | Oeste | 4º | 35 | 45 | .438 | 10 | Rick Barry (ROY) | |||
1966−67 | NBA | — | — | Oeste | 1º | 44 | 37 | .543 | — | Gañadas Semifinais de División (Lakers) 3–0 Gañadas Finais de Divisón (Hawks) 4–2 Perdidas Finais da NBA (76ers) 4–2 |
Rick Barry (AMVP) | ||
1967−68 | NBA | — | — | Oeste | 3º | 43 | 39 | .524 | 13 | Gañadas Semifinais de División (Hawks) 4–2 Perdidas Finais de Divisón (Lakers) 4–0 |
|||
1968−69 | NBA | — | — | Oeste | 3º | 41 | 41 | .500 | 14 | Perdidas Semifinais de División (Lakers) 4–2 | |||
1969−70 | NBA | — | — | Oeste | 6º | 30 | 52 | .366 | 18 | ||||
1970−71 | NBA | Oeste | 4º | Pacífico | 2º | 41 | 41 | .500 | 7 | Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–1 | |||
Golden State Warriors | |||||||||||||
1971−72 | NBA | Oeste | 4º | Pacífico | 2º | 51 | 31 | .622 | 18 | Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–1 | |||
1972−73 | NBA | Oeste | 4º | Pacífico | 2º | 47 | 35 | .573 | 13 | Gañadas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–2 Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1 |
|||
1973−74 | NBA | Oeste | 5º | Pacífico | 2º | 44 | 38 | .537 | 3 | ||||
1974−75 | NBA | Oeste | 1º | Pacífico | 1º | 48 | 34 | .585 | — | Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2 Gañadas Finais de Conferencia (Bulls) 4–3 Gañadas Finais da NBA (Bullets) 4–0 |
Rick Barry (FMVP) Jamaal Wilkes (ROY) | ||
1975−76 | NBA | Oeste | 1º | Pacífico | 1º | 59 | 23 | .720 | — | Gañadas Semifinais de Conferencia (Pistons) 4–2 Perdidas Finais de Conferencia (Suns) 4–3 |
|||
1976−77 | NBA | Oeste | 4º | Pacífico | 3º | 46 | 36 | .561 | 7 | Gañada Primeira Rolda (Pistons) 2–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–3 |
|||
1977−78 | NBA | Oeste | 7º | Pacífico | 5º | 43 | 39 | .524 | 15 | ||||
1978−79 | NBA | Oeste | T-8º | Pacífico | 6º | 38 | 44 | .463 | 14 | ||||
1979−80 | NBA | Oeste | T-10º | Pacífico | 6º | 24 | 58 | .293 | 36 | ||||
1980−81 | NBA | Oeste | 7º | Pacífico | 4º | 39 | 43 | .476 | 18 | ||||
1981−82 | NBA | Oeste | 7º | Pacífico | 4º | 45 | 37 | .549 | 12 | ||||
1982−83 | NBA | Oeste | T-9º | Pacífico | 5º | 30 | 52 | .366 | 28 | ||||
1983−84 | NBA | Oeste | T-9º | Pacífico | 5º | 37 | 45 | .451 | 17 | ||||
1984−85 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 6º | 22 | 60 | .268 | 40 | ||||
1985−86 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 6º | 30 | 52 | .366 | 32 | ||||
1986−87 | NBA | Oeste | 5º | Pacífico | 3º | 42 | 40 | .512 | 23 | Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1 |
|||
1987−88 | NBA | Oeste | 11º | Pacífico | 5º | 20 | 62 | .244 | 42 | ||||
1988−89 | NBA | Oeste | 7º | Pacífico | 4º | 43 | 39 | .524 | 14 | Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–0 Perdidas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–1 |
Mitch Richmond (ROY) | ||
1989−90 | NBA | Oeste | 10º | Pacífico | 5º | 37 | 45 | .451 | 26 | ||||
1990−91 | NBA | Oeste | 7º | Pacífico | 4º | 44 | 38 | .537 | 19 | Gañada Primeira Rolda (Spurs) 3–1 Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1 |
|||
1991−92 | NBA | Oeste | 3º | Pacífico | 2º | 55 | 27 | .671 | 2 | Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1 | Don Nelson (COY) | ||
1992−93 | NBA | Oeste | 10º | Pacífico | 6º | 34 | 48 | .415 | 28 | ||||
1993−94 | NBA | Oeste | 6º | Pacífico | 3º | 50 | 32 | .610 | 13 | Perdida Primeira Rolda (Suns) 3–0 | Chris Webber (ROY) | ||
1994−95 | NBA | Oeste | 11º | Pacífico | 6º | 26 | 56 | .317 | 33 | ||||
1995−96 | NBA | Oeste | 9º | Pacífico | 6º | 36 | 46 | .439 | 28 | ||||
1996−97 | NBA | Oeste | 10º | Pacífico | 7º | 30 | 52 | .366 | 27 | ||||
1997−98 | NBA | Oeste | T-11º | Pacífico | 6º | 19 | 63 | .232 | 42 | ||||
1998−99 | NBA | Oeste | 10º | Pacífico | 6º | 21 | 29 | .420 | 14 | ||||
1999−00 | NBA | Oeste | 13º | Pacífico | 6º | 19 | 63 | .232 | 48 | ||||
2000−01 | NBA | Oeste | 14º | Pacífico | 7º | 17 | 65 | .207 | 39 | ||||
2001−02 | NBA | Oeste | 14º | Pacífico | 7º | 21 | 61 | .256 | 40 | ||||
2002−03 | NBA | Oeste | 11º | Pacífico | 6º | 38 | 44 | .463 | 21 | Gilbert Arenas (MIP) | |||
2003−04 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 5º | 37 | 45 | .451 | 19 | ||||
2004−05 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 5º | 34 | 48 | .415 | 28 | ||||
2005−06 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 5º | 34 | 48 | .415 | 20 | ||||
2006−07 | NBA | Oeste | 8º | Pacífico | 3º | 42 | 40 | .512 | 19 | Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Jazz) 4–1 |
Monta Ellis (MIP) | ||
2007−08 | NBA | Oeste | 9º | Pacífico | 3º | 48 | 34 | .585 | 9 | ||||
2008−09 | NBA | Oeste | 10º | Pacífico | 3º | 29 | 53 | .354 | 36 | ||||
2009−10 | NBA | Oeste | 13º | Pacífico | 4º | 26 | 56 | .317 | 31 | ||||
2010−11 | NBA | Oeste | 12º | Pacífico | 3º | 36 | 46 | .439 | 21 | ||||
2011−12 | NBA | Oeste | 13º | Pacífico | 4º | 23 | 43 | .348 | 18 | ||||
2012−13 | NBA | Oeste | 6º | Pacífico | 2º | 47 | 35 | .573 | 9 | Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 4–2 Perdidas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–2 |
|||
2013−14 | NBA | Oeste | 6º | Pacífico | 2º | 51 | 31 | .622 | 6 | Perdida Primeira Rolda (Clippers) 4–3 | |||
2014−15 | NBA | Oeste | 1º | Pacífico | 1º | 67 | 15 | .817 | — | Gañada Primeira Rolda (Pelicans) 4–0 Gañadas Semifinais de Conferencia (Grizzlies) 4–2 Gañadas Finais de Conferencia (Rockets) 4–1 Gañadas Finais da NBA (Cavaliers) 4–2 |
Stephen Curry (MVP) Andre Iguodala (FMVP) |
Rexistro histórico
editarEstatística | Vitorias | Derrotas | % vitorias |
---|---|---|---|
Philadelphia Warriors en Temporada Regular (1947–1962) | 1.091 | 545 | .667 |
San Francisco Warriors en Temporada Regular (1963–1971) | 330 | 399 | .453 |
Golden State Warriors en Temporada Regular (1971–presente) | 1.594 | 1.922 | .453 |
Total en Temporada Regular (1947–presente) | 2.482 | 2.866 | .464 |
Philadelphia Warriors en Playoffs (1947–1962) | 35 | 41 | .461 |
San Francisco Warriors en Playoffs (1963–1971) | 21 | 27 | .437 |
Golden State Warriors en Playoffs (1971–presente) | 54 | 57 | .486 |
Total en Playoffs (1947–presente) | 110 | 125 | .468 |
Total en Temporada Regular e Playoffs | 2.592 | 2.991 | .464 |
Xogadores
editarCadro actual
editarGolden State Warriors 2022–2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Líderes históricos
editarNegra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2016−17)[1]
- Wilt Chamberlain (17.783)
- Rick Barry (16.447)
- Paul Arizin (16.266)
- Chris Mullin (16.235)
- Nate Thurmond (13.191)
- Stephen Curry (13.088)
- Jeff Mullins (12.547)
- Purvis Short (11.894)
- Neil Johnston (10.023)
- Joe Barry Carroll (9.996)
- Klay Thompson (8.854)
- Tim Hardaway (8.337)
- Monta Ellis (8.087)
- Latrell Sprewell (8.032)
- Jason Richardson (8.008)
- Joe Fulks (8.003)
- Guy Rodgers (7.516)
- Phil Smith (7.343)
- Joe Graboski (6.961)
- Antawn Jamison (6.775)
- Sleepy Floyd (6.607)
- Al Attles (6.328)
- Tom Meschery (5.854)
- Tom Gola (5.710)
- David Lee (5.454)
- Mitch Richmond (5.301)
- Larry Smith (5.225)
- Terry Teagle (5.179)
- Clyde Lee (4.953)
- Cazzie Russell (4.631)
Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2016−17)[2]
Minutos xogados
- Nate Thurmond (30.735)
- Chris Mullin (28.225)
- Paul Arizin (24.897)
- Rick Barry (24.443)
- Jeff Mullins (23.495)
Rebotes
- Nate Thurmond (12.771)
- Wilt Chamberlain (10.768)
- Larry Smith (6.440)
- Clyde Lee (6.416)
- Paul Arizin (6.129)
Asistencias
- Guy Rodgers (4.855)
- Tim Hardaway (3.926)
- Stephen Curry (3.916)
- Rick Barry (3.247)
- Chris Mullin (3.146)
Roubos
- Chris Mullin (1.360)
- Stephen Curry (1.029)
- Rick Barry (929)
- Tim Hardaway (821)
- Purvis Short (710)
Tapóns
- Adonal Foyle (1.140)
- Joe Barry Carroll (836)
- Erick Dampier (728)
- Manute Bol (592)
- Andris Biedriņš (580)
Dorsais retirados
editarDorsais retirados polos Golden State Warriors | ||||
Nº | Xogador | Posición | Período | |
---|---|---|---|---|
13 | Wilt Chamberlain | P | 1959–65 | |
14 | Tom Meschery | AP | 1961–71 | |
16 | Al Attles | B | 1960–71 | |
17 | Chris Mullin | A | 1985–97, 2000–01 | |
24 | Rick Barry | A | 1965–67, 1972–78 | |
42 | Nate Thurmond | P | 1963–74 |
Basketball Hall of Fame
editarOs seguintes xogadores, adestradores e contribuidores dos Golden State Warriors, e das súas anteriores denominacións Philadelphia Warriors e San Francisco Warriors, foron incluídos no Basketball Hall of Fame.
Membros do Basketball Hall of Fame dos Golden State Warriors | |||||||||
Xogadores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
6 | Neil Johnston | P | 1951–1959 | 1990 | 17 | Chris Mullin | A | 1985–1997; 2000–2001 | 2011 |
10 | Joe Fulks | A | 1946–1954 | 1978 | 23 | Mitch Richmond | E | 1988–1991 | 2014 |
10 | Jo Jo White | B | 1979–1980 | 2015 | 24 | Rick Barry | A | 1966–1967; 1972–1978 | 1987 |
11 | Paul Arizin | E | 1950–1962 | 1978 | 25 | Guy Rodgers | B | 1958–1966 | 2014 |
13 | Wilt Chamberlain | P | 1959–1965 | 1979 | 30 | Bernard King | A | 1980–1982 | 2013 |
13 | Šarūnas Marčiulionis | E | 1989–1994 | 2014 | 41 | Jamaal Wilkes | A | 1974–1977 | 2012 |
14 | Tom Gola | E | 1955–1962 | 1976 | 42 | Nate Thurmond | AP | 1963–1974 | 1985 |
16 | Jerry Lucas | AP | 1969–1971 | 1980 | 50 | Ralph Sampson | P | 1987–1989 | 2012 |
17 | Andy Phillip | E | 1950–1953 | 1961 | 00 | Robert Parish | P | 1976–1980 | 2003 |
Adestradores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
– | Alex Hannum | Adestrador | 1963–1966 | 1998 | – | Don Nelson | Adestrador | 1988–1995; 2006–2010 | 2012 |
Contribuidores | |||||||||
Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso | Nº | Nome | Posicións | Período | Ingreso |
– | Eddie Gottlieb | Propietario | 1952–1964 | 1972 |
Galardóns individuais
editarAll-Star da NBA
editar
|
|
Adestradores
editarP | Partidos adestrados |
V | Vitorias |
D | Derrotas |
% | Porcentaxe de vitorias |
# | Número de adestrador |
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador | |
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Warriors | |
Hall of Fame coma adestrador e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Warriors |
# | Nome | Anos | Temporada regular | Playoffs | Logros | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P | V | D | % | P | V | D | % | ||||||
Philadelphia Warriors | |||||||||||||
1 | Edward Gottlieb | 1946–1955 | 581 | 263 | 318 | .453 | 32 | 15 | 17 | .469 | Un título da BAA (1947) | ||
2 | George Senesky | 1955–1958 | 216 | 119 | 97 | .551 | 20 | 10 | 10 | .500 | Un título da NBA (1956) | ||
3 | Al Cervi | 1958–1959 | 72 | 32 | 40 | .444 | — | — | — | — | |||
4 | Neil Johnston | 1959–1961 | 154 | 95 | 59 | .617 | 12 | 4 | 8 | .333 | |||
5 | Frank McGuire | 1961–1962 | 80 | 49 | 31 | .613 | 12 | 6 | 6 | .500 | |||
San Francisco Warriors | |||||||||||||
6 | Bob Feerick | 1962−1963 | 80 | 31 | 39 | .388 | — | — | — | — | |||
7 | Alex Hannum | 1963–1966 | 240 | 100 | 140 | .417 | 12 | 5 | 7 | .417 | Adestrador do Ano da NBA (1964) | ||
8 | Bill Sharman | 1966–1968 | 163 | 87 | 76 | .534 | 25 | 13 | 12 | .520 | |||
9 | George Lee | 1968–1970 | 134 | 63 | 71 | .470 | 6 | 2 | 4 | .333 | |||
10 | Al Attles | 1970–1971 | 82 | 30 | 52 | .366 | — | — | — | — | |||
Golden State Warriors | |||||||||||||
10 | Al Attles | 1971–1980 | 747 | 413 | 334 | .553 | 61 | 30 | 31 | .492 | Un título da NBA (1975) | ||
11 | Johnny Bach | 1980 | 21 | 6 | 15 | .286 | — | — | — | — | |||
— | Al Attles | 1980–1983 | 246 | 114 | 132 | .463 | — | — | — | — | |||
— | Johnny Bach | 1983–1986 | 246 | 89 | 157 | .362 | — | — | — | — | |||
12 | George Karl | 1986–1988 | 146 | 58 | 88 | .397 | 10 | 4 | 6 | .400 | |||
13 | Ed Gregory | 1988 | 18 | 4 | 14 | .222 | — | — | — | — | |||
14 | Don Nelson | 1988–1995 | 537 | 277 | 260 | .516 | 24 | 9 | 15 | .375 | Adestrador do Ano da NBA (1992) | ||
15 | Bob Lanier | 1995 | 37 | 12 | 25 | .324 | — | — | — | — | |||
16 | Rick Adelman | 1995–1997 | 164 | 66 | 98 | .402 | — | — | — | — | |||
17 | P.J. Carlesimo | 1997–1999 | 159 | 46 | 113 | .289 | — | — | — | — | |||
18 | Garry St. Jean | 1999−2000 | 55 | 13 | 42 | .236 | — | — | — | — | |||
19 | Dave Cowens | 2000–2001 | 105 | 25 | 80 | .238 | — | — | — | — | |||
20 | Brian Winters | 2001−2002 | 59 | 13 | 46 | .220 | — | — | — | — | |||
21 | Eric Musselman | 2002–2004 | 164 | 75 | 89 | .457 | — | — | — | — | |||
22 | Mike Montgomery | 2004–2006 | 164 | 68 | 96 | .415 | — | — | — | — | |||
— | Don Nelson | 2006–2010 | 328 | 145 | 183 | .442 | 11 | 5 | 6 | .455 | 10 mellores adestradores da historia da NBA | ||
23 | Keith Smart | 2010−2011 | 82 | 36 | 46 | .439 | — | — | — | — | |||
24 | Mark Jackson | 2011–2014 | 230 | 121 | 109 | .526 | 19 | 9 | 10 | .474 | |||
25 | Steve Kerr | 2014– | 629 | 429 | 200 | .682 | 127 | 93 | 34 | .732 | 4 títulos da NBA (2015, 2017, 2018, 2022) Adestrador do Ano da NBA (2016) |
Notas
editar- ↑ "Warriors: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ "Golden State Warriors Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015.