Estación de Sarria
A estación de Sarria é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Sarria, na provincia de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Sarria | |
---|---|
Estación de Sarria. | |
Situación | Sarria |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | MD |
Intermodalidade | |
Outros | Taxi |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 396,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarO ferrocarril chegou a Sarria o 2 de agosto de 1878 coa o apertura do tramo Sarria-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España constituída en 1862 era a encargada da construción e explotación do trazado aínda que nunca chegou a construír este tramo xa que crebou.[3] Esta situación fixo que a concesión da liña volvese de forma transitoria ao Estado que foi quen puxo en marcha o tramo Sarria-Lugo. Pouco despois creouse a Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarO edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no noroeste do centro urbano de Sarria. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Outras dúas vías son utilizadas como vías de servizo.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ 3,0 3,1 Palencia a La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway