Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Capibara

Meirande roedor do mundo, nativo de América do Sur

O capibara[1] (Hydrochoerus hydrochaeris) é o meirande roedor vivente do mundo.[2] Está relacionado co Dasyprocta leporina, a chinchilla, o Myocastor coypus e as cobaias.[3] As únicas outras especies de capibaras son os capibaras menores. Hai capibaras brancos tamén coñecidos como capibaras albinos[4] que son capibaras mutados xeneticamente e son baixos en melanina. Os capibaras son orixinarios de América do Sur e atópanse principalmente preto de masas de auga. O seu nome común, que provén do tupí ka'apiûara, significa «come-herba» (ou, literalmente, «aquel que come follas finas)»,[5] mentres que o seu nome científico, hydrochaeris, deriva dos étimos gregos ὕδωρ, «auga» e χοίρος, «porco». Os capibaras son animais moi sociais e gústalles estar en grupos de ata 100 individuos.

Capibara
Rango fósil: Plistoceno – presente

Tres capibaras
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Infraorde: Hystricognathi
Familia: Caviidae
Subfamilia: Hydrochoerinae
Xénero: Hydrochoerus
Gray, 1825
Especie: H. hydrochaeris
Nome binomial
Hydrochoerus hydrochaeris
(Linnaeus, 1766)
Mapa de distribución
Mapa de distribución

Mapa de distribución
Sinonimia
  • Hydrochaeris hydrochaeris Linnaeus, 1766

Descrición

editar

Os capibaras teñen o corpo en forma de bocoi e unha testa pequena coa pelaxe marrón avermellada na parte superior do corpo que se converte en marrón amarelado na parte inferior. Poden medrar até os 130 centímetros de longo e pesar até 65 quilogramos. As femias son lixeiramente máis pesadas que os machos. O peso máximo rexistrado é de 91 kg (201 lb) para unha femia salvaxe de capibara do Brasil. O peso máximo rexistrado dun capibara macho salvaxe é de 73,5 kg (162 lb) procedente do Uruguai. Os capibaras carecen de cola e teñen vinte dentes. As súas patas posteriores son lixeiramente máis longas que as anteriores e o fociño é romo, cos ollos, o nariz e as orellas na parte superior da testa. Os capibaras son animais semiacuáticos e excelentes nadadores, teñen os pés palmados que lles axudan a nadar.[3]

Os capibaras son herbívoros e a súa dieta principal consiste en herbas, plantas acuáticas, froitos e casca de árbores. Comen principalmente de herba durante a estación húmida xa que son comedores selectivos pero teñen que cambiar a outras plantas durante a estación seca para satisfacer as súas nutricións.[6]

  1. Definición de capibara no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Capybara". San Francisco Zoo. Arquivado dende o orixinal o 21-01-2008. Consultado o 17-12-2007. 
  3. 3,0 3,1 "Capybara (Hydrochoerus hydrochaeris)" (en inglés). Chester Zoo (RU). Arquivado dende o orixinal o 21-01-2008. Consultado o 17-12-2007. 
  4. "Albino Capybara - Price, Lifespan, Facts". What Is Capybara (en inglés). 2023-03-10. Consultado o 2024-02-16. 
  5. Ferreira, A. B. H. (1986) Novo Dicionário da Língua Portuguesa, 2a edició., Rio de Janeiro: Nova Fronteira, páx. 344 (en portugués)
  6. Jirik, Kate. "LibGuides: Capybaras (Hydrochoerus spp.) Fact Sheet: Diet & Feeding". ielc.libguides.com (en inglés). Consultado o 2024-02-16. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Mones, Álvaro; Ojasti, Juhani (16-06-1986). "Hydrochoerus hydrochaeris". Mammalian Species (264): 1–7. ISSN 0076-3519. doi:10.2307/3503784. 
  • Nowak, Ronald M. (1999) Walker's mammals of the world. 6a edició. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5789-9
  • Wilson, D. E.; Reeder, D. M. (2005). Mammal Species of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.