Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Illas Baleares

(Redirección desde «Baleares»)

As Illas Baleares[1] (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da Península Ibérica. A súa capital é Palma, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

Modelo:Xeografía políticaIllas Baleares
Illes Balears (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′N 3°00′L / 39.5, 3
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
CapitalPalma Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.176.659 (2022) Editar o valor en Wikidata (235,72 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.991,66 km² Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa1.428 m Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPuig Major (1.436 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Día festivo
Organización política
Órgano executivoGoberno das Illas Baleares Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataMargarita Prohens Rigo (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento das Illas Baleares Circunscrición: 4, (Escano: 59) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialHigh Court of Justice of the Balearic Islands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ES-IB Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES53 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcaib.es Editar o valor en Wikidata

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes: as Gimnesias (Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos como Dragonera, Conillera e a illa de l'Aire) e as Pitiusas (Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean como s'Espalmador e s'Espardell). Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Historia

editar

Prehistoria e historia antiga

editar
 
Taula de Torralba

As illas estiveron poboadas desde tempos remotos. As primeiras aparicións de poboadores remóntanse ao III milenio a.C. Aínda que hai vestixios dunha presenza humana en Eivisa e Formentera durante a Idade de Bronce, posteriormente durante varios séculos estas illas atopáronse despoboadas, mentres que Mallorca e Menorca estaban habitadas por un pobo mal coñecido, cuxa cultura característica era a cultura talaiótica.

Posteriormente, producíronse colonizacións de gregos, fenicios e cartaxineses. Eivisa e Formentera non volveron ter unha presenza humana estable ata as colonizacións fenicias no século VII a.C., sendo a súa nova poboación moi probablemente de orixe semítico (de fenicios e púnicos). Máis tarde os romanos conquistaron o conxunto das illas no ano 123 a. C., unificando por primeira vez todo o arquipélago baixo unha mesma administración e unha mesma cultura (pois había unha dicotomía do fondo étnico entre as Pitiusas, poboadas por semitas, e as Gimnesias, con xentes pertencentes á cultura talaiótica), aínda que esta colonización foi pouco intensa. Incorporadas en principio á Hispania Citerior e posteriormente á Tarraconense, as illas formaron parte da provincia Carthaginense durante o Baixo Imperio, chegando a finais do século IV a constituírse en provincia independente, Balearica.

Alta Idade Media

editar

No ano 455, os vándalos ocuparon as Illas Baleares. Pouco despois, no ano 534, foron conquistadas polas tropas de Xustiniano e integradas ao imperio Bizantino ata principios do século VIII. A crise económica e demográfica do arquipélago, ao longo dos séculos VII ao IX, expúxolles de forma crecente aos ataques exteriores. Logo dunha etapa de incursións, o emirato de Córdoba ocupounas no 903. Posteriormente, dependeron da taifa de Dénia (1013-1067), do imperio almorábide (1120-1203) e dos almohades (do 1203 ata a conquista aragonesa).

Conquista cristiá

editar

A Coroa de Aragón experimentou durante os séculos XII e XIII unha forte expansión cara ao Mediterráneo, que a levou até as Baleares. Xaime I de Aragón capitaneou unha frota que desembarcou en Mallorca a finais do verán de 1229. Logo de longos combates que se prolongaron durante meses, o rei entrou vitorioso na cidade o 31 de decembro dese mesmo ano. O asalto foi seguido dunha matanza indiscriminada que ocasionou un verdadeiro xenocidio da poboación mallorquina, tanto é así que os miles de cadáveres que non puideron ser enterrados provocaron unha epidemia entre os conquistadores que causou numerosas baixas. Como consecuencia, os nobres quixeron quedar con todo o botín no canto de sortealo entre a tropa. Isto provocou a revolta de peóns e cabaleiros. Finalmente produciuse a repartición do botín que durou ata o 30 de abril de 1230.

 
Castelo de Bellver

Grazas a todo isto, os musulmáns sobreviventes tiveron tempo de organizar diversos focos de resistencia nas montañas, o que prolongou un par de anos as loitas contra os musulmáns de Mallorca que, finalmente, terminaron convertidos en escravos ou semi-escravos.

Toda esta destrución debilitou tamén ao exército de Xaime I ata o punto de que, cando Menorca pediu a vasalaxe da Coroa, séndolle concedida. Así, Menorca converteuse nunha Taifa autónoma, onde a relixión e a cultura árabe mantivéronse durante medio século máis. Mais en xaneiro de 1287, a frota de Afonso II, o Franco, chegou ao porto de Maó. Pactouse a capitulación da illa de forma que os caudillos e nobres puideron escapar dos cataláns a cambio de entregar ao resto da poboación para que se lles escravizara. Polo que respecta a Eivissa, tamén foi conquistada por Xaime I, mais en agosto de 1236 os seus habitantes foron tamén escravizados e os seus bens repartidos entre os magnates.

Xaime I de Aragón deu ás illas unha estrutura administrativa bastante autónoma dentro da Coroa de Aragón ao formar estas o Reino de Mallorca, que chegou a ser completamente independente uns anos. Tras a unión dinástica dos Reis Católicos, as illas foron obrigadas a integrarse, do mesmo xeito que os demais reinos da península, na nova unidade dinástica. Máis tarde, aplicouse un decreto español prohibindo o catalán e obrigando a españolizar as illas (1718).

Idade Moderna e Contemporánea

editar
 
Baleares en agosto de 1936, así manterá durante case toda a guerra

A illa de Menorca estivo ocupada entre 1708 e 1802 por tropas inglesas, por mor da guerra de sucesión. Durante a II República (1931-1939) proxectouse sen éxito un Estatuto de Autonomía para as Illas Baleares.

En 1936, co inicio da guerra civil española, o arquipélago queda dividido en dúas zonas: a parte central e oeste (Formentera, Eivisa, Mallorca) quedan dentro do area dominada polos militares alzados contra a Segunda República Española, mentres en Menorca fracasa a insurrección. Nos primeiros meses do conflito, desenvolverase desde Cataluña principalmente, unha operación para tomar Mallorca, o chamado Desembarco de Mallorca, que se desenvolvería entre agosto e setembro de 1936 e que finalmente sería rexeitado polo exército franquista, volvendo quedar as cousas igual que antes. A illa de Menorca non será ocupada ata o final da guerra.

Tras a transición regresan os ánimos autonomistas e en 1983 finalmente é aprobado un Estatuto de Autonomía.

Demografía

editar

As illas

editar

Na seguinte táboa pódense ver as principais illas das Baleares as súas características.

 
Mallorca
Mapa Fotografía Bandeira Nome Poboación (2008) Superficie (km²) Densidade (hab./km²)
      Mallorca 846.210 3.625,75 233,39
      Menorca 92.434 694,39 133,12
      Eivissa 125.053 569,60 219,55
      Formentera 9.147 83,24 109,89
    Cabrera 0 15,69 0

O arquipélago sufriu un gran crecemento demográfico tras o boom turístico dos anos 60: no período 1970-2005, este foi do 76,10%, fronte ao 29,90% da media española. No ano 2005, a poboación total das illas ascendía a 983.131 persoas.

Cidades máis poboadas

editar
Listaxe Cidade Illa Pob. Listaxe Cidade Illa Pob.
 
Palma
 
Calvià
 
Eivissa
1 Palma Mallorca 404.681 11 Sant Josep de sa Talaia Eivissa 22.871
2 Calvià Mallorca 51.462 12 Sant Antoni de Portmany Eivissa 22.136
3 Eivissa Eivissa 49.516 13 Alcúdia Mallorca 19.112
4 Manacor Mallorca 40.859 14 Felanitx Mallorca 18.225
5 Llucmajor Mallorca 36.681 15 Pollença Mallorca 16.981
6 Marratxí Mallorca 33.883 16 Sóller Mallorca 14.075
7 Santa Eulària des Riu Eivissa 32.637 17 Sa Pobla Mallorca 12.831
8 Inca Mallorca 29.321 18 Santanyí Mallorca 12.823
9 Ciutadella de Menorca Menorca 29.247 19 Son Servera Mallorca 12.286
10 Maó Menorca 29.050 20 Capdepera Mallorca 11.929
Censo 2010[2]

Poboación por anos

editar
 Evolución demográfica de Baleares 
Ano Poboación % España
1857 262.893 1,70%
1900 311.649 1,67%
1910 326.023 1,63%
1920 338.894 1,58%
1930 365.512 1,54%
1940 407.497 1,57%
1950 422.089 1,50%
1960 443.327 1,45%
1970 558.287 1,64%
1981 685.088 1,82%
1991 745.944 1,89%
2001 878.627 2,14%
2008 1 071 221 2,20%

A poboación balear medra a un ritmo vertixinoso, principalmente pola inmigración, que supón o 15,75% de poboación, sendo a primeira Comunidade Autónoma e a segunda provincia (tras Alacant) de España con maior número de residentes foráneos. Un 39,66% dos estranxeiros proveñen da Unión Europea, destacando os alemáns (14,59% do total), os británicos (9,58%), os italianos (5,46%) e os franceses (3,60%). Un 34,34% vén de Iberoamérica, destacando polo seu número os ecuatorianos (10,32%), os arxentinos (7,62%), os colombianos (5,95%) e os uruguaios (2,39%). Un 11,02% vén de África do Norte, principalmente de Marrocos, e un 7,54% provén de Europa do Leste, sobre todo de Romanía e Bulgaria.

Lingua

editar

As Baleares son actualmente bilingües no dialecto balear do catalán, xa que foron repoboadas maioritariamente por payeses do Rosellón, Xirona e Barcelona durante a Reconquista, e o castelán. Ademais, nas zonas turísticas, fálanse o inglés e alemán. A pesar da cooficialidade existente, a maioría de carteis municipais e rexionais e demais documentos están en só en catalán, como resultado dunha vontade para conservar a lingua autóctona.

A situación sociolingüística das Illas desembocou nun bilingüismo unidireccional favorable ao castelán, de tal xeito que, aínda que a maioría de habitantes entenden as dúas linguas, o bilingüismo activo (é dicir, falar as dúas linguas) é practicado case exclusivamente polos catalansfalantes, sendo os castelán-falantes maioritariamente monolingües no plano verbal.

Política e administración

editar

Goberno

editar
 
Palma, capital das Illas.
 
Bandeira das Illas Baleares.

A capital das Illas Baleares e da illa de Mallorca é a cidade de Palma, tamén chamada Ciutat en Mallorca. Aí está a sede do Goberno das Illas Baleares (Govern) e do Consello Insular de Mallorca.

Á marxe do goberno autonómico, as illas están divididas en catro Consellos Insulares (consells insulars en catalán):

Cabe indicar que nas eleccións habidas en maio de 2007, por primeira vez votouse aos Consellos insulares directamente. Dende as eleccións de 2007 vótase separadamente para o goberno dos Consellos Insulares, cuxos membros anteriormente coincidían cos deputados de cada illa elixidos para o Parlamento das Illas Baleares (Parlament).

Símbolos

editar

Os símbolos das Illas Baleares están integrados na bandeira. Estes símbolos son distintivos e lexitimados historicamente: as catro barras horizontais sobre un fondo amarelo, e o cuarto de fondo morado cun castelo branco de cinco torres en medio. Cada illa tamén pode ter a súa propia bandeira.

Aínda así, foise cuestionando[3], dende a súa oficialización o uso desta bandeira e a súa lexitimación histórica, xa que moitas veces só é considerada unha modificación da bandeira de Mallorca, que de feito tamén está inspirada escudo de Palma.

O outro símbolo das Illas Baleares, é o Día das Illas Baleares, festexado o 1 de marzo, data na que entrou en vigor o Estatuto de Autonomía de 1983.

Etimoloxía

editar
 
Fondeiro balear

A pesar que durante moito tempo creuse que "Baleares" proviña da palabra grega ballein que significa "lanzar", ultimamente cambiouse de opinión e parece que se descarta a orixe helénico. O certo é que os gregos utilizaron a palabra Gimnesias para referirse ás illas de Menorca e Mallorca. En cambio, cartaxineses e romanos preferiron a denominación "Baleares" para Menorca e Mallorca. Todos eles chamaron a Eivissa e Formentera Pitiusas.

A orixe do nome "Baleares" non é grego senón fenicio. Provén do plural "ba' lé yaroh". O substantivo "ba' lé" significa "os que exercitan o oficio de" e actúa como suxeito do verbo "yaroh" que significa "tirar pedras". O significado final sería algo así como "os mestres do lanzamento". E estes mestres do lanzamento son os fondeiros das illas. Así pois, Baleares significa "fondeiros". Autores clásicos como Plinio ou Diodoro falaron moito deles. Pero é a narración de Licofronte de Calcis, no seu poema hermético Alexandra (versos 633-641), cando fala dos fuxitivos da guerra de Troia que chegan ás Baleares, ás que o chama Gimnesias, onde se dá esta descrición:

E outros, logo de navegar como cangrexos nas rocas de Gimnesis rodeados de mar, arrastraron a súa existencia cubertos de peles peludas, sen vestidos, descalzos, armados de tres fondas de dobre cordada. E as nais sinalaron ao seu fillos máis pequenos, en xaxún, a arte de tirar; xa que ningún deles probará o pan coa boca se antes, con pedra precisa, non acerta un pedazo posto sobre un pau como branco
Licofronte de Calcis, Alexandracor

Esta fama e probablemente un exceso de poboación deu lugar a que moitos destes fondeiros das illas terminasen nutrindo aos exércitos cartaxinés e, máis tarde, romano. Parece ser que o costume de utilizar a fonda nas illas non se abandonou entre os campesiños ata ben entrado o século XX. En Menorca, ata non fai moitos anos, existía a tradición que, para entrar en determinados gremios, o aspirante tiña que acertar cunha pedra, e sen errar ningún tiro, oito espazos baleiros entre dúas barras.

Historia natural

editar
 
Mapa das Illas Baleares.
 
Serra Tramuntana

Paleoxeografía

editar

Gimnesias e Pitiusas tiveron unha historia xeográfica diferente. Durante as glaciacións do Cuaternario, debido á acumulación de auga en forma de xeo nos casquetes polares e nas grandes serras, mares e océanos baixaron de nivel. Isto provocou que se unisen Menorca e Mallorca por unha banda e Eivissa e Formentera polo outro. Todas as faunas e floras mesturáronse, pero entre a Gran Gimnesia e a Gran Pitiusa non foi así xa que permaneceu unha canle mariña de máis de 70 km, infranqueable pola fauna terrestre. A menor medida da Gran Gimnesia (2.000 km²) e un clima máis árido provocou a extinción da fauna terrestre e a falta de vexetais arbóreos notables.

No pasado, Gimnesias e Pitiusas tiveron ecosistemas distintos. As Gimnesias tiñan bosques de aciñeiras no interior e nos chairos costeiros grandes bosques de buxo balear (buxus balearica), planta que aínda se pode atopar de forma residual en Mallorca. As Pitiusas estaban practicamente espidas de vexetación arbórea e predominaban as herbas nitrófilas produto do efecto das dexeccións da gran cantidade de colonias de aves que tiñan.

No pasado, a fauna das Gimnesias e das Pitiusas era moi distinta. Parece ser que, fóra das especies voadoras (aves, morcegos e insectos voadores) non compartían case ningunha especie terrestre: diferentes comunidades vexetais, diferentes herbívoros, diferentes carnívoros.

Economía

editar
 
Rúa de Eivissa, importante núcleo turístico

O PIB por habitante das illes é un dos máis altos do Estado Español. O elemento socioeconómico máis determinante das últimas décadas da economía balear é o turismo, porén, o comportamento turístico é diferente segundo a illa. As illas de Mallorca e Eivissa teñen un fluxo turístico máis intenso, recibindo turistas principalmente alemás e ingleses, aínda que tamén moitos italianos sobre todo en Eivissa. Con todo, Menorca entrou máis tarde na industria do turismo, recibindo agora moitos turistas ingleses. No caso de Formentera a illa estivo apartada dos efectos desta industria, entre outras cousas polo seu pequeno tamaño e a falta de auga potable, mais ten recibido turistas principalmente italianos.

En tódalas illas o turismo do resto do estado español non representa máis dun cuarto do total, sendo en Eivissa onde é máis marcado (principalmente mozos atraídos pola fama das súas discotecas).

Este fenómeno do turismo modificou pois o tipo de economía das illas, traballando agora máis dun 70% da poboación no sector servizos. Ademais cómpre destacar a industria do téxtil, o coiro e o calzado.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. INE 2010.
  3. Heráldica e Vexilografía das Illas Baleares

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar