Século VIII
século
século VII < século VIII > século IX
Tempo que transcorre dende o 1 de xaneiro de 701 ata o 31 de decembro de 800.
Acontecementos destacados
editarGaliza
editar- 711: Tariq ibn Ziyad cruza o estreito de Xibraltar. Coa creación de Al-Andalus, a maior parte da Península Ibérica é conquistada por musulmáns árabes e bérberes, rematando así o dominio visigodo, e comezando case oito séculos de dominio musulmán.
- 711-791 - A ausencia da autoridade real, ocasiona que a nobreza galaica comece a disputarse o control sobre a antiga provincia de Gallaecia. Período de conformación dun novo reino cristián de Galicia.
Europa
editar- Século estimado no que se compón o poema Beowulf.
- O primeiro estado serbio fórmase a principios de século.
- Un relato da vida de Buda é traducido ao grego por Xoán Damasceno, e amplamente difundido entre os cristiáns como a historia de Barlaam e Josafat.
- 705: Xustiniano II vese obrigado a darlle o título de César de Bizancio ao emperador búlgaro Tervel. O Imperio Bizantino comeza a pagar tributos anuais a Bulgaria.
- 708 - 711: os búlgaros vencen a Xustiniano II na batalla de Anquialus. Un exército árabe Omeia ao mando de Muhammad ibn al-Qasim invade Sind no norte da India.
- 712 - 744: Liutprando, rei dos longobardos comeza o seu reinado.
- 713: pacto de Teodemiro, asinado entre Abd al-Aziz ibn Musa, o comandante das tropas musulmás invasoras en Hispania e Teodemiro, o conde visigodo de Aurariola.
- 717 - 718: cerco de Constantinopla. Os búlgaros e os bizantinos derrotan decisivamente aos árabes invasores, freando así o avance árabe cara a Europa.
- 726: o emperador bizantino León III o Isaurio destrúe a icona de Cristo sobre a porta de Chalke na cidade capital de Constantinopla, comezando a primeira fase da iconoclasia bizantina.
- 731: Beda completa a súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum (Historia eclesiástica do pobo inglés).
- 732: batalla de Poitiers. O líder dos francos Carlos Martel e os seus homes derrotan a un grande exército de mouros baixo o gobernador de Córdoba, Abdul Rahman Al Ghafiqi, que morre durante a batalla. Esta vitoria detén o avance do islam cara a Europa Occidental.
- 740: batalla de Akroinon. Os bizantinos gañan a súa primeira vitoria a grande escala nunha batalla campal contra os árabes.
- 751: Pipino o Breve funda a dinastía Carolinxia.
- 757: o rei Offa de Mercia convértese en gobernante dominante en Inglaterra.
- 768: morre Pipino; Carlos faise rei en Noyan e o seu irmán Carloman faise rei en Soissons.
- 772 - 804: Carlomagno invade o que hoxe é o noroeste de Alemaña, loitando contra os saxóns durante máis de trinta anos e finalmente esmagando a súa rebelión, incorporando Saxonia ao reino franco e ao mundo cristián.
- 787: A emperatriz Irene de Atenas convoca o segundo concilio de Nicea ou sétimo concilio ecuménico, que pon fin á primeira fase da iconoclasia bizantina.
- 792: batalla de Marcela. A vitoria búlgara sobre os bizantinos marca o final da inestabilidade política de medio século en Bulgaria.
- 793: primeiro relato escrito dunha incursión viquinga realizada na abadía de Lindisfarne, no norte de Inglaterra.
- 793: as guerras entre os frisóns e os francos chegan ao fin co último levantamento dos frisóns.
- 800: unha frota árabe navega polo Tíber.
- 800: o día de Nadal, Carlomagno é coroado o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico polo papa León III.
África
editar- 750: o Imperio de Ghana comeza en África occidental.
- 785: a dinastía Tang comeza a desembarcar misións marítimas regulares na costa de África oriental, eliminando os intermediarios dos comerciantes do mar árabe.
- 800 - 909: goberno dos aglabíes como provincia autónoma do califato no norte de África, con capital en Tunes.
- 800: inicio do antigo estado africano occidental de Takrur, que floreceu aproximadamente paralelo ao Imperio de Ghana.
Oriente Medio
editar- 705: morte do califa árabe Abd al-Malik, a súa sucesión polo seu herdeiro nomeado e fillo máis vello Al-Walid.
- 715: morte de Al-Walid I e foi sucedido polo seu irmán Sulayman ibn Abd al-Malik.
- 717: morte do califa Sulayman ibn Abd al-Malik e a súa sucesión polo seu curmán e herdeiro nomeado Umar ibn Abd al-Aziz.
- 718: Sri Indravarman, rei de Srivijaya, envía unha carta ao califa Umar bin Abdul Aziz do califato Omeia de Damasco, asinando o primeiro contacto oficial de Indonesia co mundo islámico de Oriente Medio.
- 720: morte do califa Umar ibn Abd al-Aziz e sucesión do seu curmán Yazid II.
- 724: morte do califa Yazid II e foi sucedido polo seu irmán e nomeado herdeiro Hixam.
- 743: morte do califa árabe Hixam e sucesión do seu sobriño e herdeiro Al-Walid II.
- 744: asasinato de Al-Walid II, sucesión de Yazid III ao trono califal.
- 744: morte de Yazid III e a súa sucesión polo seu irmán e nomeado herdeiro Ibrahim ibn al-Walid. O 4 de decembro Ibrahim viuse obrigado a abdicar a favor de Marwan II.
- 750: o último califa Omeia Marwan II é derrocado e executado polo primeiro califa Abasí, Abu al-Abbas al-Saffah. O califato trasládase a Bagdad que máis tarde se convertería nun centro de comercio e cultura.
- 754: morte do califa abasí Al-Saffah e ascenso do califa Al-Mansur ao califato árabe.
- 761: casamento da princesa abasí Raytah e Muhammad (futuro Al-Mahdi).
- 775: morte do califa Al-Mansur e foi sucedido por Al-Mahdi.
- 781: casamento da princesa abasí Zubaidah e Harun al-Rashid.
- 785: morte do califa abasí Al-Mahdi e sucesión de Al-Hadi o 24 de xullo de 785.
- 785 - 805: o xeógrafo chinés Jia Dan describe grandes piares de faro construídos no Golfo Pérsico, o que é confirmado un século despois por al-Mas'udi e Al-Muqaddasi.
- 786: morte do califa abasí Al-Hadi e ascenso do califa Harun al-Rashid.
Asia
editar- Fúndanse os cemiterios de Kombumerri.
- As historias budistas de Jataka tradúcense ao siríaco e ao árabe como Kalilag e Damnag.
- Śāntideva, un monxe budista do mosteiro de Nalanda na India, compón o famoso Bodhicharyāvatāra (Guía do modo de vida do bodhisattva).
- 701: o código Taihō promulgase a finais do período Asuka no Xapón.
- 705: derrocamento da emperatriz Wu Zetian, remata o reinado da primeira e única emperatriz muller da China.
- 710: a emperatriz Genmei traslada a capital a Heijō-kyū (actual Nara), iniciando o período Nara do Xapón.
- c. 712: a igrexa do Oriente establece a sede episcopal metropolitana na capital chinesa de Chang'an.
- 712 - 756: o emperador Xuanzong reinou, o tempo foi considerado un dos momentos álxidos da China.
- 712 - 740: campañas do califato na India.
- 713: morte de Dajian Huineng, sexto e último patriarca do budismo Chán.
- 716: Sanjaya ascende ao trono para ser o primeiro rei do reino de Mataram.
- 732: a dinastía Sanjaya é fundada por esta época segundo a inscrición de Canggal.
- 742: para o censo municipal da capital chinesa da dinastía Tang, Chang'an, e a súa área metropolitana de Jingzhou Fu (incluíndo pequenas cidades nas inmediacións), o Novo Libro de Tang rexistra que neste ano había 362.921 familias rexistradas con 1.960.188 persoas.
- 748: o monxe budista chinés Jian Zhen escrebe no seu Yue Jue Shu sobre o tráfico marítimo internacional que chega a Guangzhou, os barcos de Borneo, Persia, Sri Lanka, Indonesia e outros que traen toneladas de mercadorías.
- 751: os exércitos árabes derrotan ás tropas chinesas da dinastía Tang na batalla do Talas, no alto Pamir preto de Samarcanda, e conquistan Asia Central por completo.
- 752: o reino hindú Mataram florece.
- 755 - 763: a rebelión An Shi devasta a China durante a dinastía Tang media.
- 758: piratas e viaxeiros árabes e persas queiman e saquean a cidade chinesa de Guangzhou, mentres que as autoridades da dinastía Tang pechan o porto durante as próximas cinco décadas.
- 760: a construción da famosa estrutura budista indonesia Borobudur comezou, probablemente como un santuario non budista.
- 770 - 780: Xava lanzou unha serie de ataques navais nos portos de Dai Viet, Champa e Camboxa. Probablemente foron orquestrados por Sailendra-Srivijaya Maharajá Dharmasetu ou Dharanindra.
- 778: templo de Kalasan construído, segundo a inscrición de Kalasan.
- 781: a estela nestoriana eríxese na China.
- 782: o monxe budista Prajna chega a Chang'an e traduce os sutras ao chinés.
- 792: o templo de Manjusrigrha (Sewu) complétase segundo a inscrición de Manjusrigrha.
- 794: o emperador Kanmu traslada a capital a Heian-kyō (actual Kyoto), iniciando o período Heian do Xapón.
- 800: o reino budista Sailendra de base agrícola florece.
América
editarPersonaxes destacadas
editar- Abd al-Rahman I (731 - 788): fundador da dinastía independente dos Omeias en Al-Andalus.
- Hadrián I (? - 795): papa de Roma, o seu papado foi un dos máis longos da historia.
- Alcuíno de York (735 - 804): santo pola igrexa anglicana, teólogo e pedagogo anglosaxón.
- Beda (672 - 735): santo e escritor de orixe anglosaxón.
- Carlomagno (742 - 814): fundador do Imperio carolinxio.
- Carlos Martel (686 - 741): mordomo do palacio de Austrasia.
- Desiderio (710? - 786): último rei dos longobardos.
- Paio (? - 737): primeiro xefe cristián en facer fronte aos musulmáns na península.
- Tu Fu (712 - 770): poeta chinés.
- Estevo II (715 - 757): papa de Roma e fundador dos Estados Pontificios.
- Harun al-Rashid (766 - 809): califa abasí.
- Irene (752 - 803): santa da Igrexa Ortodoxa, emperatriz bizantina.
- Xoán Damasceno (675 - 759): teólogo e escritor sirio.
- Li Po (701 - 762): poeta chinés.
- Marwan II (688 - 750): último califa do califato Omeia.
- Musa ibn Nusayr (640 - 716): líder militar musulmán.
- Nicéforo I (765 - 811): emperador bizantino.
- Padmasambhava: fundador da escola budista tibetana Nyingma.
- Pipino o Breve (715 - 768): mordomo do palacio de Austrasia e Neustria, pai de Carlomagno.
- Rodrigo (688 - 711): último monarca do reino visigodo de Toledo.
- Tariq ibn Ziyad (689 - 720): líder militar musulmán.
- Teodulfo de Orleáns: santo e bispo de Orleáns de orixe hispana.
- Tervel: emperador dos búlgaros.
- Al-Walid I (668 - 715): califa da dinastía Omeia.
- Xuanzong (685 - 752): emperador chinés da dinastía Tang.
Invencións, creacións e descubrimentos
editar- Arado pesado en uso no val do Rin.
- O colar de cabalo en uso no norte de Europa dende o século VIII ou IX, quizais introducido desde Asia.
- Mediados do século VIII: a fabricación de papel foi introducida desde China aos árabes.
- As ferraduras de ferro entraron en uso común ao redor do 770.
- Pattadakal, arquitectura Chalukya.
- O monxe budista chinés Yi Xing aplica un mecanismo de escape de reloxo para operar e xirar o seu globo astronómico celeste.
- A primeira arpa triangular europea deseñada polos pictos de Escocia.
- Mediados do século VIII: reconstrúese a gran pagoda do ganso salvaxe no templo de Ci'en, Xi'an, Shanxi.
- Mediados do século VIII: realízase "Camello levando un grupo de músicos", procedente dunha tumba preto de Xi'an, Shanxi durante dinastía Tang. Agora consérvase no Museo da Historia Chinesa de Pequín.
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |