Amálgama (química)
A amálgama[1] en química é en concreto unha aliaxe de mercurio con outro metal, principalmente coa prata e outros metais tales como estaño e cobre, ou tamén cunha aliaxe. A amálgama ten un baixo coeficiente de dilatación, boa estabilidade dimensional e resistencia. A amálgama fórmase doadamente, sen necesidade de quecemento. A maioría dos metais son solubles en mercurio, mais algún como o ferro non o son. As amálgamas úsanse en empastes dentais.
Controversia co uso dental das amálgamas
editarExiste un debate obre o uso de amálgamas, ao conter mercurio, como empastes dentais. Unha minoría de dentistas oponse a tal uso desde que este uso comezou hai uns 50 anos.
Nalgúns países como por exemplo Suecia, a amálgama dental foi proibida debido á potencial toxicidade do mercurio se é absorbido polo organismo ao longo dos anos.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amálgama.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |