Vicente Risco
Aparencia
Vicente Risco |
---|
Artigo na Galipedia |
Multimedia en Wikimedia Commons |
Vicente Risco (1884-1963) foi un escritor galego. Adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1981.
- O souto onde andaba o Ánxel era pecho e sombrizo, cuberto o chan de herba verde entre a que medraban gamóns, estraloques, póutegas e chouparros, flora das terras húmidas...
- O lobo da xente. Lar, A Coruña, 1925.[1]
- Na post-guerra, Don Celidonio ascendeu de porco á marrán e chegou á Alcalde. A parenta inflou com'o fol da gaita.
- O porco de pé. Nós, 1928.[1]
- 'Ti dis: Galicia é moi pequena. Eu digo: Galicia é un mundo. Cada terra é coma se fose o mundo enteiro. Poderás percorrela en pouco tempo de norte a sur e de leste a oeste, poderás volver a percorrela unha e outra vez, non conseguirás andala de todo. E cada vez que a percorras atoparás novas cousas. Pode ser ela pequena en extensión pero en fondura, en entidade, é tan grande como queiras'
- Leria. 1961
Notas
[editar]- ↑ Alonso Girgado. Antoloxía do conto galego do século XX, pp. 35-43. Galaxia. Vigo. ISBN 978-84-8288-865-1.
|