Xogos Olímpicos de 1900
Nome oficial | Spiller vun der II. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Número de participantes | 24 997 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 95 |
Localización | París (Metrópole do Gran París) 48°51′24″N 2°21′08″L / 48.8567, 2.3522 |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 14 de maio de 1900 – 28 de outubro de 1900 |
Número de edición | 2 (1900) |
Competición | |
Resultado | Union des Sociétés Françaises de Sports Athlétiques Gustave Sandras |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Os II Xogos Olímpicos da Era Moderna realizáronse en 1900, en París, Francia, terra natal do seu creador, o Barón Pierre de Coubertin. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na Exposición Universal de París, unha gran feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de cinco meses, entre o 14 de maio e o 28 de outubro, non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso.
Oficialmente, en Francia, as xogos foron bautizados como Concurso Internacional de Exercicios Físicos e de Deportes, e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira. Alén diso, París non posuía ningún complexo deportivo olímpico e as probas de atletismo disputáronse no medio dos bosques e árbores do Bois de Boulogne e a natación en plena corrente do río Sena.
O Comité Olímpico Internacional tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da Exposición Universal a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Particularmente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".
Adicionalmente, ó longo da Exposición Universal e concorrentemente coas modalidades olímpicas realizáronse eventos en moitos outros deportes, tales como motonáutica, carreiras en globo, natación subacuática, natación con obstáculos e tiro ós pombos, que non foron recoñecidos como modalidades olímpicas, polo que eses eventos non se consideran parte dos Xogos Olímpicos de 1900.
Por mor da gran confusión que foi a organización dos Xogos da II Olimpíada, o número de participantes (e mesmo de modalidades) varía largamente de acordo con diferentes fontes. De acordo co Comité Olímpico Internacional participaron 997 atletas, representando 24 estados e competindo en 20 modalidades. En fútbol, soga-tira, polo, remo e tenis, competiron equipos mixtas, compostos por atletas de diferentes nacións.
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Francia | 26 | 41 | 34 | 92 |
2 | Estados Unidos | 19 | 14 | 14 | 47 |
3 | Reino Unido | 15 | 6 | 9 | 30 |
4 | Equipo mixto | 6 | 3 | 3 | 12 |
5 | Suíza | 6 | 2 | 1 | 9 |
6 | Bélxica | 5 | 5 | 5 | 15 |
7 | Alemaña | 4 | 2 | 2 | 8 |
8 | Italia | 2 | 1 | 0 | 3 |
9 | Australia | 2 | 0 | 3 | 5 |
10 | Dinamarca | 1 | 3 | 2 | 6 |
Hungría | 1 | 3 | 2 | 6 |
Obs: Equipos mixtos, na época permitidos, de diversos países europeos mesturados a norteamericanos e australianos, gañaron 6 medallas de ouro, 3 de prata e 3 de bronce, no Atletismo, Polo, Vela (deporte), remo, Soga-tira e Tenis.