Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Trilladeira dos prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trilladeira dos prados
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Superfamilia: Muroidea
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Microtus
Subxénero: 'Microtus (Microtus)'
Especie: M. agrestis
Nome binomial
'Microtus (Microtus) agrestis'
(Linnaeus, 1761)

Sinonimia
  • M. agrestoides, Hinton, 1910.
  • M. angustifrons, (Fatio, 1905).
  • M. arcturus, Thomas, 1912.
  • M. argyropoli, Ognev, 1944.
  • M. argyropuli, Ognev, 1950.
  • M. argyropuloi, Ognev, 1952.
  • M. armoricanus, Heim de Balsac y de Beaufort, 1966.
  • M. bailloni, (de Sélys Longchamps, 1841).
  • M. britanicus, de Sélys Longchamps, 1847.
  • M. bucklandii, (Giebel, 1847).
  • M. carinthiacus, Kretzoi, 1958.
  • M. enez-groezi, Heim de Balsac y de Beaufort, 1966.
  • M. estiae, Reinwaldt, 1927.
  • M. exsul, Miller, 1908.
  • M. fiona, Montagu, 1847.
  • M. gregarius, (Linnaeus, 1766).
  • M. hirta, (Bellamy, 1839).
  • M. insul, Lydekker, 1909.
  • M. insularis, (Nilsson, 1844).
  • M. intermedia, (Bonaparte, 1845).
  • M. latifrons, (Fatio, 1905).
  • M. levernedii, (Crespon, 1844).
  • M. luch, Barrett-Hamilton y Hinton, 1913.
  • M. macgillivrayi, Barrett-Hamilton y Hinton, 1913.
  • M. mial, Barrett-Hamilton y Hinton, 1913.
  • M. mongol, Thomas, 1911.
  • M. neglectus, (Jenyns, 1841).
  • M. nigra, (Fatio, 1869).
  • M. nigricans, (Kerr, 1792).
  • M. ognevi, Scalon, 1935.
  • M. orioecus, Cabrera, 1924.
  • M. pannonicus, Ehik, 1924.
  • M. pallida, Melander, 1938.
  • M. punctus, Montangu, 1923.
  • M. rozianus, (Bocage, 1865).
  • M. rufa, (Fatio, 1900).
  • M. scaloni, Heptner, 1948.
  • M. tridentinus, Dal Piaz, 1924.
  • M. wettsteini, Ehik, 1928.

A trilladeira dos prados (Microtus agrestis) é unha especie de roedor da familia Cricetidae amplamente distribuída por Europa e algunhas zonas de Asia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

De tamaño mediano e de aspecto robusto. A lonxitude da cabeza e do corpo varía entre 9,5 e 13,3 cm, e o rabo entre 2,5 a 4,4 cm. Pesa entre 20 e 51 g. O fociño é bastante romo, cunha coa cola relativamente curta, externamente ten unha morfoloxía moi similar á da trilladeira pataqueira, (Microtus arvalis), da que é difícil de distinguir, o pelo é máis mesto e máis longo e máis escuro, e as orellas son máis peludas tamén na trilladeira dos prados. A pelaxe é parda cinsenta no dorso cos flancos máis pálidos, chegando a ser amarelados; o pescozo, o ventre e as patas son grises e a cola presenta unha coloración máis escura.

O súa voz é un chillido débil e baixo, aínda que tamén emite unha serie de sons con chisquidos.[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Espallado por toda a rexión euroasiática, desde o norte da Península Ibérica até Siberia, o río Lena, o lago Baikal e o noroeste da China. En Europa falta en Irlanda, Italia e Grecia, así como en toda a zona de clima mediterráneo. En España esténdese polo terzo setentrional, nunha franxa que abrangue os Pireneos, a Cornixa Cántabrica, Serra de la Demanda, Galiza e zona norte de Castela e León. Tamén se atopa no sur de Galiza, por Portugal, chegando até Lisboa, Serra da Estrela e a Serra de Gata, en Salamanca e Cáceres.

Fundamentalmente encóntrase en pradarías de prados de herba espesa con pouca ou nula presión de pastoreo cun clima centroeuropeo, e, aínda que menos que a corta rubia, (Myodes glareolus), ocupa tamén plantacións forestais de árbores novas con substrato herbáceo desenvolto, sendo moi frecuente en zonas montañosas e boscosas. A cobertura espesa de gramíneas é unha das condicións ideais para a especie. Na Península Ibérica localízase desde o nivel do mar até altitudes superiores aos 1.600 metros.

Depredación

[editar | editar a fonte]

É presa de diferentes carnívoros, sobre todo mustélidos e o gato montés (Felis silvestris), así como de aves rapaces. Na Península Ibérica pode chegar a ocasionar problemas puntuais para a agricultura, pero nunca como a trilladeira pataqueira.

En Escandinavia, pode actuar como reservorio da tiña e a leptospirose.

  1. Kryštufek, B., Vohralík, V., Zima, J. & Zagorodnyuk, I. 2008. Microtus agrestis. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 31 de maio de 2011.
  2. Konig, Claus (1973). Mammals. Collins & Co. pp. 119. ISBN 978-0-00-212080-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]