Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

The Walking Dead (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Walking Dead
FormatoPostapocalíptico
Apocalipse zombi
Terror[1]
Creado porFrank Darabont
Desenvolvido porMark Huffam
Frank Doelger
Dirixido porFrank Darabont (tempadas 1, 2)
Glen Mazzara (tempadas 2, 3)
Scott Gimple (tempada 4)
IntérpretesAndrew Lincoln
Jon Bernthal
Sarah Wayne Callies
Laurie Holden
Jeffrey DeMunn
Steven Yeun
Chandler Riggs
Norman Reedus
Lauren Cohan
Danai Gurira
Michael Rooker
David Morrissey
Melissa McBride
Tema de aperturaBear McCreary
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas11
Episodios177
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Frank Darabont
Gale Anne Hurd
David Alpert
Robert Kirkman
Charles H. Eglee
Glen Mazzara
Localización(s)Atlanta, Xeorxia
Duración42–45 minutos
66 minutos (2 episodios)
DistribuidorAMC Studios
Circle of Confusion
Darkwood Productions
Valhalla Motion Pictures
Emisión orixinal
Canle de orixeAMC
Fox International Channels
Primeiro episodio31 de outubro de 2010
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.amc.com/twdu/the-walking-dead
IMDB: tt1520211 Filmaffinity: 561333 Allocine: 7330 Rottentomatoes: tv/the_walking_dead Metacritic: tv/the-walking-dead TV.com: shows/the-walking-dead
Facebook: TheWalkingDeadAMC Twitter: WalkingDead_AMC Instagram: amcthewalkingdead Netlix: 70177057 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Walking Dead é unha serie de televisión americana creada por Frank Darabont. Está baseada na serie de banda deseñada homónima The Walking Dead de Robert Kirkman, Tony Moore e Charlie Adlard. A serie está protagonizada por Andrew Lincoln que interpreta o papel de Rick Grimes[2], un policía da oficina do shériff que esperta dun coma e descobre que o mundo está dominado por zombis. El sae en busca da súa familia e atopa moitos outros superviventes ao longo do camiño.

A estrea de The Walking Dead realizouse o 31 de outubro de 2010 na canle de televisión por cable AMC dos Estados Unidos.[3] A estrea internacional fíxose a primeira semana de novembro de 2010 a través da Fox International Channels.[4] Baseándose na súa boa acollida, AMC renovou a serie para facer unha segunda temporada de 13 episodios, que se estreou o 16 de outubro de 2011.[5][6] Tras dous episodios da segunda temporada, AMC anuncio que a serie tería unha terceira temporada, que comezaría o 14 de outubro de 2012.[7] O 21 de decembro de 2012, AMC renovou The Walking Dead para unha cuarta temporada.[8]

A serie foi ben recibida[9] e tivo numerosos nomeamentos a premios, incluíndo un nomeamento ó Writers Guild of America Award e outro ó Globo de Ouro á Mellor serie dramática de televisión.[10][11] A serie tivo tamén uns índices de audiencia altos, batendo varios rexistros das series por cable, como ter unha audiencia de 10,9 millóns de espectadores na estrea da terceira temporada e converterse na serie dramática por cable máis vista da historia.[12]

The Walking Dead conta a historia dun pequeno fatado de sobreviventes a unha apocalipse zombi.[13] A primeira temporada tiña lugar na súa maior parte na área metropolitana de Atlanta, e da segunda á cuarta na zona rural do norte de Xeorxia, na que o grupo anda á procura dun lugar seguro no que refuxiarse das hordas de "camiñantes" (como se denomina na serie aos zombis) depredadores, que devorar calquera cousa viva que collan, e que infectan os humanos cando os traban. A trama céntrase principalmetne nos dilemas que o grupo enfronta na súa loita por manter a súa humanidade no medio dos cambios que día a día acontecen nun mundo hostil.

  1. Seibert, Perry. "The Walking Dead [TV Series]". Allmovie. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  2. "rick grimes". AMCtv.com. Consultado o 29 de marzo de 2012. a small-town sheriff's deputy 
  3. "The Walking Dead Premieres Halloween; Comic-Con Trailer Now Online". AMCtv.com. 24 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  4. "FOX International Channels (FIC) and AMC Announce a Global Launch for the Highly Anticipated TV Drama Series, The Walking Dead". Fox International Channels. 24 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  5. "AMC Resurrects "The Walking Dead" for a Second Season". AMC. 8 de novembro de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2010. 
  6. Webb Mitovich, Matt (22 de xullo de 2011). "The Walking Dead Reveals Season 2 Premiere Date, Creepy-Good New Trailer". TVLine. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  7. "'The Walking Dead' Renewed For A Third Season By AMC". TV by the Numbers. 25 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2011. 
  8. Harnick, Chris (21 de decembro de 2012). "'The Walking Dead' Season 4: AMC, Glen Mazzara Part Ways For New Season". The Huffington Post. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  9. "The Walking Dead: Season 1". Metacritic. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  10. Reiher, Andrea (14 de decembro de 2010). "2011 Golden Globes nominations: 'Glee,' '30 Rock' lead TV nominations". Zap2it. Consultado o 14 de decembro de 2010. 
  11. "AMC Garners Six WGA Award Nominations for Acclaimed Original Dramas "Mad Men," "Breaking Bad" and "The Walking Dead"". AMC. 8 de decembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  12. Hibberd, James (15 de outubro de 2012). "'Walking Dead' premiere gets fall's biggest rating". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2012. 
  13. Miska, Brad (5 de xullo de 2010). "Breaking Bad Director Michelle MacLaren Talks The Walking Dead". Dread Central. Consultado o 15 de xullo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]