The Walking Dead (cómic)
Aparencia
The Walking Dead (en galego, Os mortos viventes) é unha serie de historietas estadounidense de periodicidade mensual escrita por Robert Kirkman[1] e primeiramente debuxada por Tony Moore, e logo por Charlie Adlar a partir do sétimo número.[2] The Walking Dead conta as peripecias dun grupo de persoas tratando de sobrevivir tras unha apocalipse zombi.
Realizada en branco e negro, e grises, excepto as portadas, que son a cor, foi publicada orixinalmente en Estados Unidos por Image Comics desde o ano 2003, e en España por Planeta DeAgostini Comics desde xuño de 2005. No 2010 foi obxecto dunha adaptación televisiva.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WEEK OF THE DEAD I: Robert Kirkman, Comic Book Resources, 19 de maio de 2008.
- ↑ WEEK OF THE DEAD II: Charlie Adlard, Comic Book Resources, 20 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Walking Dead |
- Páxina web oficial (en inglés)