Teatro Carcano
Teatro Carcano | |
---|---|
Letreiro sobre a entrada do teatro. | |
Cidade | Milán |
País | Italia |
Arquitecto/s | Luigi Canonica (1803) Nazzareno Moretti (1913) |
Propiedade de | Concello de Milán |
Capacidade | 1.200 - 1.500 |
Inauguración | 1803 |
Na rede | |
https://www.teatrocarcano.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatro Carcano é un teatro de ópera da cidade de Milán (Italia), inaugurado o 3 de setembro e situado no Corso di Porta Romana.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1801, no clima da renovación urbana determinada pola conquista napoleónica, a Società teatrale della Casa Carcano decidiu construír un novo e grande teatro (1.200 - 1.500 espectadores) no curso da prestixiosa Porta Romana, unha vía chea de mansións novas e renovadas nos derradeiros anos do século XVIII por Piermarini. Os planos do teatro, segundo o xove arquitecto Luigi Canonica, inspiráronse no Teatro alla Scala de Milán e ao Teatro della Cannobiana.
O deseño foi encargado a Luigi Canonica, daquela un xove arquitecto do Estado da República Cisalpina, quen asumiu o cargo en agosto de 1797 en lugar de Piermarini .
A apertura do teatro tivo lugar o día 3 de setembro de 1803 cunha representación de Zaira, con música de Vincenzo Federici e do baile Alfredo il grande de Paolo Franchi. Outros grandes momentos da música asociados ao teatro foron, por exemplo, a proclamación de Niccolò Paganini como o mellor violinista o 15 de outubro de 1813, as aparicións das divas Giuditta Pasta coas estreas de Anna Bolena (Donizetti) e de La sonnambula (Bellini) en 1830 e 1831 respectívamente, e Maria Malibran con Norma e La sonnambula de Vincenzo Bellini. As óperas de Bellini e foron interpretadas moitas veces no teatro milanés.
O teatro atravesou unha fase de declive durante o século XX a pesar dunha restauración levada a cabo polo arquitecto Nazzareno Moretti, quen modificou á vez a sala e a fachada. Recentemente recuperou o seu posto na escena cultural de Milán. Baixo a dirección do seu antigo director artístico Giulio Bosetti (de 1997 ata 2009) acolleu principalmente obras de teatro en lugar de ópera. Dende febreiro de 2010 a dirección artística foi confiada a Marina Bonfigli, e o teatro foi restaurado por completo no verán dese mesmo ano.
Características
[editar | editar a fonte]O Carcano está formado por catro niveis. A decoración orixinal estaba composta por numerosas molduras e dourados, cun medallón central, estando o conxunto cuberto de ornamentacións de estilo neoclásico. Hoxe en día, non queda nada da sala e da fachada orixinal, que foi reconstruída en torno a 1913 por Moretti segundo o estilo ecléctico floral e cunha fachada modificada.
A capacidade do Carcano elevouse ata as 1.200 - 1.500 prazas. O traballo realizado en 2010 aportoulle ao teatro un acceso cómodo ás persoas don mobilidade reducida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |