Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Giuditta Pasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiuditta Pasta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giuditta Angiola Maria Costanza Negri Editar o valor en Wikidata
26 de outubro de 1797 Editar o valor en Wikidata
Saronno (República Cisalpina) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 1865 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Blevio (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebronquite Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÓpera Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica e ópera Editar o valor en Wikidata
AlumnosAdelaide Kemble (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano sfogato (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeGiuseppe Pasta Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:21, p.334) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 86052032 Editar o valor en Wikidata
Giuditta Pasta no papel de Anna Bolena.

Giuditta Angiola Maria Costanza Pasta (nada Giuditta Angiola Maria Costanza Negri), nada en Saronno (Italia) o 26 de outubro de 1797 e finada o 1 de abril de 1865 en Como, foi unha cantante italiana cun rexistro de mezzosoprano e soprano. É considerada, xunto con Maria Malibran, a máis célebre cantante lírica do século XIX, aclamada no seu tempo polo seu rango vocal e a súa expresividade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Carlo Antonio Negri e Rachele Ferranti, naceu en Saronno, unha localidade italiana próxima a Milán, o 26 de outubro de 1797 como Giuditta Negri, e dende moi pequena mostrou interese pola música.

Pasta estudou inicialmente de xeito privado con B. Lotti e seu tío F. Ferranti. Proseguiu os seus estudos con Bonifazio Asioli e Giuseppe Scappa no Conservatorio de Milán.

En 1815 realizou o seu debut profesional no Teatro Filodrammatici de Milán en Le tre Eleonore de Scappa, onde interpretou un papel de contralto. O 17 de xaneiro do ano seguinte casou co avogado e tenor Giuseppe Pasta, quen se converteu no seu axente. En 1821 realizou unha interpretación brillante de Desdemona no Otello de Rossini no Théâtre-Italien de París. En 1824 conquistou Londres cunha serie de papeis de óperas de Rossini entre os que incluía o de Semiramis en Semiramide.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]