Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tetrámero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A hemoglobina é un exemplo de proteína tetrámera (de catro subunidades). As subunidades α e β están coloreadas de vermello e azul.

Un tetrámero (de tetra, "catro" + -mer, "partes") é un oligómero formado por catro monómeros ou por catro subunidades proteicas. A propiedade asociada denomínase tetramería.

En bioquímica, son tetrámeras as moléculas formadas por catro subunidades, que poden ser iguais (nese caso é un homotetrámero[1]), por exemplo a proteína concanavalina A, ou diferentes (nese caso é un heterotetrámero[2]), por exemplo a proteína hemoglobina. A hemoglobina ten 4 subunidades, iguais dúas a dúas, aínda que todas moi parecidas. As inmunoglobulinas teñen tamén catro subunidades iguais dúas a dúas, pero moi diferentes. As diferentes subunidades dun tetrámero poden ter cada unha a súa propia actividade, como a unión á biotina nos tetrámeros de avidina, ou ter unha propiedade biolóxica común, como a unión alostérica do oxíxeno na hemoglobina.

  1. "GO term: protein homotetramerization". YeastGenome. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 22 febreiro 2012. 
  2. "GO term: protein heterotetramerization". YeastGenome. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 22 febreiro 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]