Raj Kapoor
Ranbir Raj Kapoor (en hindi, devanágari: राज कपूर; en urdú: راج کپور, Rāj Kapūr), nado en Peshawar (actualmente en Paquistán) o 14 de decembro de 1924 e finado en Nova Delhi o 2 de xuño de 1988, tamén coñecido como "o maior showman do cinema hindi",[1][2] foi un destacado actor, produtor e director do cinema da India.[3] Fillo do actor Prithviraj Kapoor foi un importante membro da familia Kapoor que deu varias grandes estrelas de Bollywood.
Kapoor está considerado un dos máis grandes e influentes actores e cineastas da historia do cinema.[4] Gañou varios premios incluíndo tres National Film Awards e once Filmfare Awards na India. O premio Filmfare honorífico recibe o seu nome. A súa interpretación en Awaara foi recoñecida como unha das dez mellores de todos os tempos pola revista Time.[5] Os seus filmes atraeron público de todo o mundo, especialmente en Asia e Europa. Foi chamado tamén "o Clark Gable da industria cinematográfica india".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "14th December 1924: Raj Kapoor, Indian actors and directors, was born". mapsofindia.com. 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Raj Kapoor: The Greatest Showman". sulekha.com. 18 de febreiro de 2016.
- ↑ "Raj Kapoor and the Golden Age of Indian Cinema". hcl.harvard.edu. 19 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2018.
- ↑ Allmusic biography
- ↑ "All-Time 100 Movies". Time. 12 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Film World. T.M. Ramachandran. 1965.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nanda, Ritu (2002). Raj Kapoor: Speaks. Penguin Books India. ISBN 978-0-670-04952-3.
- Gooptu, Sharmistha (2010). Bengali Cinema: 'An Other Nation'. Taylor & Francis. ISBN 978-0-203-84334-5.
- Bruzzi, Stella; Gibson, Pamela Church (2000). Fashion Cultures: Theories, Explorations, and Analysis. Routledge. ISBN 978-0-415-20685-3.
- Jain, Madhu (2009). Kapoors: The First Family of Indian Cinema. Penguin Books Limited. ISBN 978-81-8475-813-9.