Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Raymond Felton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaymond Felton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Marion, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo2 Editar o valor en Wikidata
Convocado porCharlotte Hornets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Denver Nuggets
- Charlotte Hornets
- Dallas Mavericks
- New York Knicks
- Portland Trail Blazers
2002-2005 North Carolina Tar Heels Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3091101 Twitter: RFeltonGBMS Editar o valor en Wikidata

Raymond Bernard Felton, Jr., nado o 26 de xuño de 1984 en Marion, Carolina do Sur, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Instituto

[editar | editar a fonte]

Felton comezou a súa carreira no baloncesto no Latta High School en Latta, Carolina do Sur. Alí liderou ó seu instituto para gañar dous campionatos estatais, e obter unha marca de vitorias de 104-9. Conseguiu dúas marcas estatais en anotación, con 2.992 puntos anotados e 117 triplas anotadas.

Felton gañou o premio Mr. Basketball de Carolina do Sur nos seus anos coma júnior e sénior, e foi nomeado Xogador do Ano Naismith Prep en 2002. Foi elixido mellor xogador no Roundball Classic de 2002 no United Center de Chicago, e foi seleccionado para o McDonald's All-American Game no mesmo ano. Nese partido, xogou no mesmo equipo con dous xogadores que posteriormente serían os seus compañeiros nos New York Knicks, Carmelo Anthony e Amar'e Stoudemire.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Felton foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Charlotte Bobcats. Foi elixido despois de bases coma Chris Paul ou Deron Williams. Os seus compañeiros da universidade Marvin Williams, Rashad McCants e Sean May tamén foron seleccionados no Draft. Felton xogou cinco tempadas nos Bobcats, e chegou a acadar 14.4 puntos por partido na tempada 2007-08. Na súa derradeira tempada en Charlotte, os Bobcats conseguiron chegar ós Playoffs, perdendo na primeira rolda contra os Orlando Magic por 4-0. Felton fixo 11.8 puntos e 5.0 asistencias por partido.

O 9 de xullo de 2010, Felton chegou a un acordo para xogar nos New York Knicks.[1] Alí, foi elixido coma o segundo capitán do equipo, tras Amar'e Stoudemire. Xogou 54 partidos na que foi a súa mellor etapa na NBA, con 15.5 puntos e 8.6 asistencias por encontro, números que lle fixeron gañar un gran número de votos para o All-Star Game da NBA.

O 22 de febreiro de 2011, Felton foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Minnesota Timberwolves, e que mandou a Carmelo Anthony ós Knicks. Este acordo mandou a Felton e ós seus compañeiros Wilson Chandler, Danilo Gallinari e Timofey Mozgov ós Nuggets. Denver conseguiu chegar ós Playoffs, onde perderon contra os Oklahoma City Thunder. Felton acadou 11.6 puntos, 6.5 asistencias e 1.8 rebotes por partido na postempada.

O 23 de xuño de 2011, durante o Draft de 2011, Felton foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio do base Andre Miller e a 26ª elección do Draft, Jordan Hamilton. Neste mesmo acordo, os Blazers enviaron ós Nuggets ó escolta Rudy Fernández, e os dereitos de Petteri Koponen.

O 16 de xullo de 2012, Felton e Kurt Thomas foron traspasados ós New York Knicks a cambio de Jared Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección da segunda rolda do Draft.[2]

O 25 de xuño de 2014, Felton e Tyson Chandler foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio de Shane Larkin, Wayne Ellington, José Calderón, Samuel Dalembert e as eleccións 34ª e 51ª do Draft de 2014.

  1. "Sources: Felton, Knicks close to deal". espn.com. 2010-07-09. Consultado o 2010-07-09. 
  2. "KNICKS ACQUIRE FELTON & THOMAS". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]