Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rosa Mota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosa Mota

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Rosa Maria Correia dos Santos Mota Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
27 de outubro de 1995 – 2 de novembro de 1995

Circunscrición electoral: Porto

Datos persoais
Altura157 cm Editar o valor en Wikidata
Peso45 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniana, fondista, política Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón Editar o valor en Wikidata
Participou en
1990Campeonato da Europa de Atletismo de 1990 - Maratona feminina (pt) Traducir  (medalla de ouro)
1988Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 - Maratona feminina (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1987Campeonato Mundial de Atletismo de 1987 - Maratona feminina (pt) Traducir  (medalla de ouro)
1986Campeonato da Europa de Atletismo de 1986 - Maratona feminina (pt) Traducir  (medalla de ouro)
1984Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 - Maratona feminina (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1982Campeonato da Europa de Atletismo de 1982 - Maratona feminina (pt) Traducir  (medalla de ouro) Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14355935 Olympic.org: rosa-mota Editar o valor en Wikidata
Rosa Mota

Rosa Maria Correia dos Santos Mota, nada en Porto o 29 de xuño de 1958, é unha atleta portuguesa especialista en maratón e que foi campioa olímpica desta distancia nos Xogos de Seúl 1988.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empezou no atletismo por consello dos médicos para combater a asma. Ao principio participaba sobre todo en probas de cros-country. En 1980 coñeceu a Pedro Pedrosa, quen sería o seu adestrador durante toda a súa vida deportiva.

A súa primeira gran competición foron os Campionatos de Europa de Atletismo de 1982, celebrados en Atenas. Era a primeira vez que se celebraba o maratón feminino no marco dun grande evento atlético, e era tamén a primeira vez que Rosa Mota corría un maratón. A pesar de non contar entre as favoritas fíxose coa medalla de ouro en 2h36:03, vencendo a unha especialista consagrada como a norueguesa Ingrid Kristiansen, que só foi bronce.

En 1983 obtivo a vitoria no prestixioso maratón de Chicago, logro que repetiría en 1984. Con todo nos Campionatos do Mundo de Helsinqui de 1983 só puido finalizar en 4ª posición nunha proba gañada pola norueguesa e ex-plusmarquista mundial Grete Waitz.

No primeiro maratón olímpico feminina da historia, nos Xogos dos Ánxeles 1984, obtivo unha meritoria medalla de bronce, tras a estadounidense Joan Benoit (ouro) e a norueguesa Grete Waitz (prata)

A partir dese ano Rosa Mota sería a gran dominadora da proba de maratón ata finais da década dos oitenta. Revalidou o seu título de campioa europea en 1986 en Stuttgart (2h28:38), proclamouse campioa mundial en 1987 en Roma (2h25:17 e con máis de 7 minutos de vantaxe sobre a 2ª clasificada, a maior vantaxe da historia nuns Mundiais ou Xogos Olímpicos), e finamente obtivo a vitoria máis importante da súa carreira, gañando o ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988.

En Seúl Rosa Mota atacou a falta de 2 km para a meta e gañou con 2h25:40 e con 13 segundos de vantaxe sobre a australiana Lisa Martin, que foi prata con (2h25:53), mentres que o bronce levoullo a alemá oriental Katrin Dörre con 2h26:21

En 1990 logrou en Split o seu terceiro título consecutivo de campioa de Europa, nunha carreira épica na que chegou a liderar a proba cun minuto e medio de vantaxe, pero onde foi atrapada no quilómetro 35 pola soviética Valentina Yegorova. Ambas se enfrontaron nos últimos quilómetros e Rosa Mota logrou o triunfo por unha marxe de só 5 segundos, con 2h31:27. É a única maratoniana (muller ou home) que gañou en tres Campionatos de Europa.

Á parte dos seus triunfos en grandes eventos, Rosa Mota cimentou o seu prestixio no maratón de Boston, que gañou en tres ocasións (1987, 88 e 90), o maratón de Chicago en dous (1983 e 84), e o maratón de Londres, que gañou en 1991, na que foi a súa última vitoria importante. As súas outras vitorias logrounas en Rotterdam (1983), Toquio (1986) e Osaca (1990).

O final da súa carreira deportiva estaba próximo, en parte polos problemas de ciática que arrastraba desde había tempo. Nos Mundiais de Toquio 1991 non puido acabar a proba. Tras volverse a retirar no maratón de Londres de 1992 decidiu pór fin á súa carreira deportiva.

En total Rosa Mota correu 21 maratóns entre 1982 e 1992, gañando 14 deles. Curiosamente a súa mellor marca, de 2h23:29 logrouna no maratón de Chicago de 1985, onde só puido acabar 3ª, por detrás de Joan Benoit e de Ingrid Kristiansen.

Á parte do maratón, conseguiu triunfos noutras probas, como a prestixiosa San Silvestre de São Paulo que gañou en seis ocasións consecutivas entre 1981 e 1986, algo que ninguén máis conseguiu

Rosa Mota é unha das mellores corredoras de maratón da historia, quizais a mellor xunto á norueguesa Grete Waitz. No seu palmarés unicamente faltoulle bater a marca do mundo. É tamén unha das figuras máis importantes que deu o deporte portugués, xunto ao tamén maratoniano Carlos Lopes ou os futbolistas Eusébio e Luís Figo.

En 1998 concedéronlle en Nova York o Premio Abebe Bikila, pola súa contribución ao desenvolvemento do adestramento para carreiras de longa distancia.

Mellores marcas

[editar | editar a fonte]
  • 5.000 metros - 15:22,97 (1985)
  • 10.000 metros - 32:33,51 (1985)
  • Maratón - 2h23:29 (1985)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]