Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Quito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaQuito
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 0°13′12″S 78°30′45″O / -0.22, -78.5125
EstadoEcuador
ProvinciaProvincia de Pichincha
CantónQuito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.763.275 (2022) Editar o valor en Wikidata (4.735,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá
Lingua kichwa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie372,39 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.850 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorSebastián de Belalcázar Editar o valor en Wikidata
Creación6 de decembro de 1534 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónFrancisco de Asís e Virgin of Quito (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataPabel Muñoz (en) Traducir (2023–2027) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalEC170150 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webquito.gob.ec Editar o valor en Wikidata

San Francisco de Quito é a capital da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo.

Cunha poboación de 1.978.376 (datos do 2019), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos.

Algúns lingüistas especulan que o seu nome significa, en tsafiqui, lingua da etnia Tsáchila ou Indios Colorados, centro (Quitsa) do mundo (To).

Localización xeográfica

[editar | editar a fonte]

A cidade de Quito encóntrase nas abas orientais do estratovolcán activo Pichincha, que está na Cordilleira Occidental dos Andes setentrionais de Ecuador. A Praza da Independencia no centro de Quito está situada a 2.850 m de altitude sobre o nivel do mar.

A cidade está no centro da provincia de Pichincha, no suroeste do foxo do río Guayllabamba. O foxo do Guayllabamba está rodeada por varios volcáns altos das cordilleiras Occidental e Central (tamén chamada Real). Os volcáns da Cordilleira Occidental que bordean o foxo inclúen, de norte a sur, o Pululahua, o Casitagua, o Pichincha, o Atacazo, o Corazón e o Illiniza. Os da Cordilleira Central inclúen o Cusinurcu, Cayambe, Saraurcu, Pambamarca, Filocorrales, Antisana, Sincholagua e Cotopaxi. Entre as dúas cordilleiras hai varios volcáns como o Moxanda, Ilalou, Pasochoa e Rumiñahui.

A cidade ten o segundo centro histórico máis grande de América, despois do existente na Habana en Cuba, e o máis grande de Suramérica. Os centros históricos de Cracovia en Polonia e de Quito foron os primeiros sitios en ser declarados Patrimonios Culturais pola UNESCO o 18 de setembro de 1978. Quito é sé arcebispal.

O aeroporto internacional da cidade chámase Aeroporto Internacional Mariscal Sucre, en honra a Antonio José de Sucre, un mariscal da Gran Colombia.

Dentro dos atractivos turísticos está a lomba de El Panecillo, onde se encontra unha estatua da Virxe de Quito inaugurada o 28 de marzo de 1976. Un atractivo turístico novo do Municipio de Quito é un teleférico, chamado ‘‘Telefériqo’‘ (con ‘‘q’‘ de ‘‘Quito’‘), que permite subir os visitantes a 4200 metros sobre o nivel do mar a Cruz Loma, que é unha lomba no leste do Pichincha, que se caracteriza por ter un ecosistema de páramo andino. Fóra da cidade, ao norte, na parroquia San Antonio do cantón Quito, existe un monumento para a liña ecuatorial, xunto cunha serie de locais comerciais chamada Cidade Metade do Mundo e administrada polo Consello Provincial de Pichincha.

Economía da cidade

[editar | editar a fonte]
Avenida Venezuela e Basílica do Voto Nacional.

(2001)

Política

[editar | editar a fonte]

División política da cidade

[editar | editar a fonte]

Actualmente, Quito está dividida en 19 parroquias urbanas, que se usan como divisións durante eleccións.

  1. Alfaro
  2. Benalcázar
  3. Chaupicruz
  4. Chillogallo
  5. Cotocollao
  6. La Floresta
  7. González Suárez
  8. Guápulo
  9. La Libertad
  10. La Magdalena
  11. O Salvador
  12. San Blas
  13. San Marcos
  14. San Roque
  15. San Sebastián
  16. Santa Bárbara
  17. Santa Prisca
  18. A Vicentina
  19. Villa Flora
Quito pola noite, desde o teleférico de Pichincha
Alcaldes de Quito
(táboa incompleta)
Desde Alcalde
1970 Sixto Durán Ballén
1978 Álvaro Pérez
1983 Gustavo Herdoíza
1987 Rodrigo Paz
1992 Jamil Mahuad
1998 Roque Sevilla
2000 Paco Moncayo

Poboación da cidade

[editar | editar a fonte]
Censo
nacional
Cidade
(soamente parroquias urbanas)
Poboación do cantón
(= "Distrito Metropolitano" desde 1993)
Poboación Fogares
(vivendas)
1950 209.932 319.221
1962 354.746 510.286
1974 599.828 782.651
1982 866.472 1.116.035
1990-11-25 1.100.847 1.409.845
2001-11-24 1.399.378 419.845 1.839.853
Fonte: Instituto Nacional de Estatística e Censos (Ecuador)
San Francisco Plaza, Quito.
TelefériQo

(datas en formato YYYY-MM-DD do padrón ISO 8601)

Ensino superior

[editar | editar a fonte]

A cidade e os seus arredores contan con varias universidades de pre e posgrao.

Fonte das datas de creación: Consello Nacional de Educación Superior.

Fundación Universidade
1586-03-18 Universidade Central de Ecuador UCE
1869-08-27 Escola Politécnica Nacional EPN
1946-11-04 Pontificia Universidade Católica de Ecuador PUCE
1977-12-20 Escola Politécnica do Exército ESPE
1986-02-18 Universidade Tecnolóxica Equinoccial UTE
1994-08-05 Universidade Politécnica Salesiana de Ecuador (Quito) UPSQ
1995-10-25 Universidade San Francisco de Quito USFQ
1995-11-29 Universidade das Américas (Quito) UDLA
1997-08-20 Universidade Tecnolóxica América UNITA
1998-08-10 Universidade Cooperativa de Colombia de Ecuador (Quito) UCCE
1999-07-17 Universidade Autónoma de Quito UNAQ
2004-05-20 Universidade dos Hemisferios

Equipos profesionais de fútbol

[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipos de fútbol de Quito xogan na primeira división ecuatoriana:

Equipo Maior avance na
Copa Libertadores
Estadio Parroquia
Sociedad Deportivo Quito Oitavos de final 1989 Estadio Olímpico Atahualpa Benalcázar
Club Deportivo El Nacional Semifinal 1985 Estadio Olímpico Atahualpa Benalcázar
Liga Deportiva Universitaria Campión 2008 Estadio Casa Blanca Cotocollao

Outros equipos da cidade teñen disputado varias tempadas da primeira división, como o CD Espoli, o SD Aucas, o CD Universidad Católica ou o CD América.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]