Pictor
Aparencia
Pictor | |
---|---|
Nome latino | Pictor |
Abreviatura | Pic |
Xenitivo | Pictoris |
Simboloxía | O Cabalete |
Ascensión recta | 4h 32m - 6h 51m h |
Declinación | −43 - −64° |
Área | 247 graos cadrados
Rango 59º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Pic
(magnitude ap. +3,27) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +26° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro | |
Pictor ou Cabalete do Pintor[1] é unha das constelacións austrais máis pequenas (declinación -50 a -60). Contén a estrela β Pictoris que está rodeada por un disco de po.
Historia
[editar | editar a fonte]Dado que foi creada por Nicolas Louis de Lacaille no século XVII, non foi visible para culturas antigas ou clásicas polo que non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas
[editar | editar a fonte]Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Pictoris, estrela subxigante branca de magnitude 3,24, a máis brillante da constelación, situada a 99 anos luz.
- β Pictoris, estrela branca de magnitude 3,85 cun disco protoplanetario de 500 UA de diámetro ó redor dela. Atópase a 63 anos luz da Terra.
- γ Pictoris, xigante laranxa de magnitude 4,50, a terceira estrela máis brillante da constelación.
- δ Pictoris, con magnitude 4,72, unha estrela binaria espectroscópica cun período orbital de 1,673 días. As súas compoñentes son unha xigante azul e unha estrela quente do tipo O.
- RR Pictoris, nova que estourou en 1925 e coñecida coma Nova Pictoris, acadou magnitude 1,25. É fácil de atopar a 1º37' ó suroeste de α Pictoris.
- TX Pictoris (HD 37434), estrela variable eruptiva RS Canum Venaticorum cun brillo que varía entre magnitude 6,08 e 6,12.
- AB Pictoris (HD 44627), nova anana laranxa cunha acompañante que pode que sexa unha anana marrón ou un planeta xigante.
- Estrela de Kapteyn (VZ Pictoris), estrela subanana vermella, a estrela do halo galáctico máis próxima ó sistema solar e a segunda estrela con maior movemento propio entre tódalas coñecidas, distante 12,8 anos luz.
Outras estrelas con designación de Bayer
[editar | editar a fonte]- ζ Pic 5,44; θ Pic 6,26; η1 Pic 5,37; η2 Pic 5,05; ι Pic – estrela dobre 5.58, 6,42; κ Pic 6,10; λ Pic 5,30; μ Pic 5,69; ν Pic 5,60
Estrelas con designación de Flamsteed
[editar | editar a fonte]- 61 Pic 5,20
Estrelas con planetas
[editar | editar a fonte]- HD 41004, sistema estelar composto por unha anana laranxa e unha anana vermella; ó redor da primeira delas descubriuse un planeta extrasolar, e ó redor da segunda unha anana marrón.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 1705, galaxia anana irregular a 17 millóns de anos luz da Terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Star Tales – Pictor (en inglés)
- Pictor @ Stargazing (en inglés)