Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Partido Comunista de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de España
Partido político de España
Dirixentes e organización
PresidenteJosé Luis Centella
Secretario XeralEnrique Santiago
MocidadesUnión de Xuventudes Comunistas de España
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación13 de abril de 1921
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Internacionalismo
Republicanismo
Outros datos
SedeRúa Olimpo, 35. 28043 Madrid
PublicaciónMundo Obrero
Nuestra Bandera
Na rede
www.pce.es
Facebook: elPCE Twitter: elpce Instagram: el_pce Telegram: infoPCE BNE: XX114899 Dialnet: 3380974 Editar o valor en Wikidata

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado desde 1986 en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Fundación

[editar | editar a fonte]

O primeiro núcleo orixinario foi o Partido Comunista Español, formado en 1920 pola Federación da Xuventude Socialista, e o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), escindido formalmente do PSOE o 13 de abril de 1921 durante a celebración do III congreso extraordinario do PSOE no que este decidiu non entrar na III Internacional. Estes dous participaron na Conferencia da fusión que se celebrou entre o 7 e o 14 de novembro de 1921 que deu orixe ó Partido Comunista de España. O 15 de marzo de 1922 celebrou o PCE o seu primeiro congreso no que elixiu como secretario xeral a Antonio García Quejido. Durante a ditadura de Primo de Rivera o partido permaneceu na clandestinidade. Na conferencia de Pamplona, celebrada na clandestinidade en 1930, decidiuse a incorporación de Dolores Ibárruri ó comité central do PCE.

II República

[editar | editar a fonte]

Coa proclamación da II República o 14 de abril de 1931, abriuse unha nova etapa na historia de España e do PCE, a pesar de que o día da proclamación, membros do partido saíron á rúa para denunciar o que consideraban unha república burguesa.

En marzo de 1932 celebrouse o IV Congreso en Sevilla, co obxectivo de desterrar os métodos sectarios moi arraigados na dirección e pasar á construción da unidade antifascista segundo o discurso de Giorgi Dimitrov no anterior congreso da III Internacional Comunista. Neste labor, xogaron un papel prominente os membros do Comité Central elixidos no devandito congreso, entre eles José Díaz Ramos, Dolores Ibárruri (A Pasionaria), Vicente Uribe, Manuel Delicado, Antonio Mije e Pedro Checa.

Nas eleccións de 1933, o PCE acadou o seu primeiro posto no parlamento do estado, sendo elixido deputado Cayetano Bolívar Escribano. En 1934, o PCE xogou un papel prominente na chamada Revolución de Asturias, en outubro dese ano, na que durante 15 días as masas obreiras tomaron o poder nas comarcas asturianas. Para aplacar a revolución, o goberno radical-cedista, trouxo tropas de África, dirixidas polo xeneral Francisco Franco, que iniciou a represión contra os sublevados encarcerando a moitos deles e sendo outros moitos executados, o que logo o PCE aproveitaría para facer da esixencia de amnistía un dos piares do programa do Frente Popular.

Resultados da esquerda nas eleccións do 16 de febreiro de 1936
Frente Popular Escanos en 1936 Escanos obtidos en 1933
Izquierda Republicana 81 7
Unión Republicana 36 23
Esquerra 29 23
Partido Socialista 88 58
Partido Comunista 17 1
Outros partidos de esquerda 18 9

De acordo coa política de unificación das forzas antifascistas, o PCE impulsou e acadou o apoio do PSOE e dos partidos republicanos de esquerda (Izquierda Republicana, ORGA, Partido Galeguista), para formar o Frente Popular que gañou as eleccións do 16 de febreiro de 1936 con 268 escanos fronte aos 205 do centro-dereita, dos cales o PCE obtivo 17 deputados. O resto de escanos repartíronse así:

Malia non acadar un gran número de deputados o PCE gañou moito prestixio durante os últimos meses da república e pasou de 30.000 a 100.000 afiliados en poucos meses.

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1936, un golpe de estado de tinguidura fascista deu comezo, e ao fracasar parcialmente, comezou a guerra civil española, na que o PCE formou parte do goberno da Fronte Popular no momento do golpe, xogando un papel predominante.

Nun comezo, o PCE manifestouse a favor de armar ao pobo en milicias populares para parar os primeiros embites do golpe. Mais logo, unha vez confirmado que o golpe ía fracasar xa que non o bando fascista, chamado tamén bando nacional, non acadou o seu obxectivo principal de tomar Madrid, e foi un dos principais defensores da necesidade de unificación de tódalas milicias antifascistas nun exército republicano organizado.

Resultados do centro-dereita nas eleccións 16 de febreiro de 1936
Centro-Dereita Escanos 1936 Escanos obtidos 1933
Partido Radical 8 80
CEDA 94 113
Partido Agrario 13 39
Partido Liberal Demócrata 1 9
Lliga Catalanista 11 23
Partido Conservador 3 18
Partidos Monárquicos 24 32
Outros 51 38

A súa actuación durante o proceso bélico foi moi controvertida, o partido seguía a liña marxista-leninista da III Internacional (chamados stalinistas) e a consigna era "o primeiro gañar a guerra", o que o enfrontou directamente con grupos partidarios da revolución social e da colectivización no medio do proceso bélico como poden ser os trotskistas do POUM, dirixidos por Andreu Nin e aos anarquistas da CNT-FAI.

Moitas fontes consideran ao PCE o líder da defensa republicana contra o fascismo; o PCE foi esencial na organización das Brigadas Internacionais, brigadas voluntarias organizadas pola Komintern ou III Internacional, e tamén foi relevante na axuda outorgada pola Unión Soviética.

O PCE foi o impulsor e fundador do 5º Rexemento de milicias populares, unhas das unidades mais emblemáticas do exército republicano e futuro xermolo tanto da resistencia interior como da exterior e da loita contra os nazis na Francia.

Clandestinidade e exilio

[editar | editar a fonte]

O PCE foi un partido ilegal na zona franquista desde o comezo da guerra civil e en toda España tras a derrota da república, e así permaneceu ata o 9 de abril de 1977 cando foi legalizado polo goberno de Adolfo Suárez. En España mantivo unha estrutura clandestina mentres o PCE mantiña a súa estrutura no exilio contando co apoio da URSS e dos países do bloque oriental. Apoiou a loita de guerrillas no interior ata 1948 cando cambiou a súa política dando prioridade ao renacemento das organizacións obreiras, que culminaría na integración na organización sindical franquista, o Sindicato Vertical. Logo da morte de Stalin o PCE aprobou en 1956 a política de reconciliación. En 1960 celebrouse o VI Congreso en Praga con representantes do interior que foron detidos ó regresar a España, nesa época calcúlase en 25.000 os militantes do PCE sumando os do exilio e os do interior, nese congreso elixiuse a Santiago Carrillo como secretario xeral mentres Dolores Ibárruri pasaba a ocupar a presidencia. Carrillo converteuse nun dos máximos impulsores do eurocomunismo nos anos setenta, a entrada nunha vía reformista orixinou numerosas escisións que seguían a liña maoísta empezando pola do Partido Comunista de España (marxista-leninista) en 1963.

Legalidade

[editar | editar a fonte]

Logo da legalización do PCE, Dolores Ibárruri regresou a España e nas primeiras eleccións democráticas o PCE conseguiu 20 escanos, no IX Congreso (1979) definiuse como partido marxista revolucionario e en 1979 conseguiu 23 escanos. Nas eleccións de 1982 sufriu un desastre electoral perdendo un millón de votos e quedando con 19 escanos, o que provocou a dimisión de Santiago Carrillo e a elección de Gerardo Iglesias como secretario xeral. En 1986 o PCE foi o impulsor da formación de Izquierda Unida, coalición de esquerdas na que se integrou o PCE que elixiu como secretario xeral a Julio Anguita en 1987. Desde 1998 o secretario xeral do PCE é Francisco Frutos, politicamente enfrontado ó coordinador xeral de IU Gaspar Llamazares.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]
RESULTADOS ELECTORAIS DO PCE TRAS A DITADURA[1][2]
Ano Líder Votos % Representantes
Xerais 1977 Santiago Carrillo 1.709.890 9.33% 20 deputados
Xerais 1979 Santiago Carrillo 1.938.487 10.77% 23 deputados
Municipais 1979 Santiago Carrillo 2.139.603 12.70%
Xerais 1982 Santiago Carrillo 846.515 4.02% 4 deputados
Municipais 1983 Gerardo Iglesias 1.500.015 8.17%

Secretarios/as xerais

[editar | editar a fonte]
  1. Ministerio del Interior
  2. "El Mundo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2007. Consultado o 03 de maio de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]