Pactos da Moncloa
Os Pactos da Moncloa foron uns acordos asinados no Palacio da Moncloa o 25 de outubro de 1977[1] durante a transición española entre o Goberno de España da lexislatura constituínte, presidido por Adolfo Suárez e outros asinantes entre os estaban os principais partidos políticos con representación parlamentaria no Congreso dos Deputados.
Os Pactos soamente foron asinaron exclusivamente polos partidos[2] aínda que os empresarios (que viñan de crear a CEOE)[3] e os principais sindicatos UGT e CCOO tamén os apoiaron pero sen asinalo.[4] O principal obxectivo que se buscaba era o de estabilizar o proceso de transición cara ao sistema democrático, así como adoptar unha política económica que contivese a elevada inflación que case chegaba a un 24% anual e máis dun 26 interanual.[5][6]
Coxuntura económica
[editar | editar a fonte]A situación económica era grave por mor da crise do petróleo de 1973 que afectara a España -aínda que a onda chegou máis tarde que ao resto dos países europeos, considerados pola OPEP como aliados de Israel-, provocando un forte incremento do paro -que durante o franquismo estaba escondido[7] pola emigración a Europa, e nese momento, non eran aceptados favorecendo o retorno dos migrantes-, e máis da inflación que pasara dun 19% no 1976[7] e superara o 26% en 1977 e ameazaba con se converter nunha veradeira hiperinflación como as que despois sufriron os países iberoamericanos. Igualmente, incrementouse fortemente o déficit exterior subindo de 3.500 millóns de dólares en 1975 a 5.000 millóns, dous anos máis tarde.[7]
Os empresarios, afeitos ao corporativismo e ao intervencionismo que presidiron as relacións económicas e sociais durante o franquismo, receaban da nova situación política e dos novos interlocutores sociais, os sindicatos de clase, que exhibían unha retórica que, segundo como fose entendida, ás veces era considerada como revolucionaria.
Os pactos
[editar | editar a fonte]Conversas anteriores
[editar | editar a fonte]Tras constituírense as Cortes Xerais, após as eleccións do 15 de xuño, Adolfo Suárez durante o 8 e 9 de outubro[8] mantivera conversas con Felipe González e Santiago Carrillo, como dirixentes dos principais partidos da oposición, para analizar unha posible vía de saída da crise económica e coa fin de sondar a posibilidade dun acordo de estabilidade política, dado que a gabinete carecía de maioría absoluta. Por outra banda, as Cortes non se presentaban como constituíntes, e esta era a intención da oposición e dunha parte importante de membros da Unión do Centro Democrático, o partido gobernante.
Ao mesmo tempo, Suárez encargoulle ao ministro de Economía e Facenda, Enrique Fuentes Quintana, considerado o artífice real dos pactos,[8] que discutise a posibilidade dun acordo marco cos novos sindicatos legalizados, UGT e CCOO, para evitar un alto nivel de conflitividade social. Finalmente UGT, que rexeitara inicialmente o acordo, igual que algunhas seccións sindicais de Comisións Obreiras, rematou por apoialo. O outro sindicato significativo, a CNT, rexeitou absolutamente o acordo.[4]
Os acordos
[editar | editar a fonte]En realidade, os acordos son dous: o Acordo sobre o programa de saneamento e reforma da economía (coloquialmente denominado como acordo económico) e o Acordo sobre o programa de actuación xurídica e política[3][4] (denominado como acordo político).[9]
No acordo político acordouse modificar as restricións da liberdade de prensa, prohibíndose a censura previa e deixando ao poder xudicial as decisións sobre esta; modificouse a lexislación sobre segredos oficiais para permitir á oposición o acceso á información necesaria para cumprir as súas obrigas parlamentarias; aprobáronse os dereitos de reunión, asociación política e o de liberdade de expresión mediante propaganda. Modificouse o Código penal, especialmente no referido á muller e as liberdades públicas[9] e foron tipificandos os correspondentes delitos pola violación destes dereitos: creouse o delito de tortura; recoñeceuse asistencia xurídica aos detidos, despenalizouse o adulterio e o amancebamento (relacións sexuais entre homes e mulleres non casadas entre si); despenalizouse e regulamentouse a venda de anticonceptivos[10] e a modificación das idades da muller tomadas en consideración para a tipificación do rapto e do estupro. Tamén se modificaron a Lei de Procesamento Criminal, o Código de Xustiza Militar e a Lei de Orde Pública e reorganizáronse os corpos e forzas policiais.
En materia económica, recoñeceuse o despedimento gratuíto para un máximo do 5 por cento da forza de traballo das empresas, o dereito a asociación sindical, limitouse o aumento salarial ao 22% (esa era a previsión de inflación para 1978), estableceuse unha contención da masa monetaria e a desvalorización da peseta (fixándose o seu valor real do mercado financeiro) para conter inflación; reforma da administración tributaria fronte ao déficit público (creación do Imposto da Renda das Persoas Físicas),[1] así como medidas de control financeiro a través do Goberno e o Banco de España ante o risco de quebras bancarios e de fuga de capital ao exterior.[7]
Asinantes
[editar | editar a fonte]Os asinantes foron finalmente Adolfo Suárez en nome do goberno, Leopoldo Calvo Sotelo (pola UCD), Felipe González (polo Partido Socialista Obrero Español), Santiago Carrillo (polo Partido Comunista de España), Manuel Fraga (por Alianza Popular ), Enrique Tierno Galván (polo Partido Socialista Popular ), Josep Maria Triginer (pola Federación catalá do PSOE)[11], Joan Reventós (pola Convergència Socialista de Cataluña, despois PSC), Juan Ajuriaguerra (polo Partido Nacionalista Vasco) e Miquel Roca (por Convergència e Unió).
Finalmente, Manuel Fraga non asinou o acordo político, mais si o económico. Os acordos foron posteriormente ratificados no Congreso e no Senado.
Relevancia
[editar | editar a fonte]Máis aló dos cambios económicos e políticos, varios autores atribúen a que o axuste e as reformas económicas propiciadas polos Pactos da Moncloa foron determinantes para a posterior aprobación da Constitución que era o obxectivo último.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 García Cuartango, Pedro (6-4-2020). "Así fueron los verdaderos Pactos de La Moncloa". abc.es (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ Egaña (1996), p. 587
- ↑ 3,0 3,1 Noceda, Miguel Ángel (21-10-2017). "Los Pactos de la Moncloa, el acuerdo que cambió España hace 40 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Bayo, Carlos Enrique (6-4-2020). "Las siete preguntas clave sobre el papel de los Pactos de la Moncloa en la Transición". publico.es (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ "IPC de España-1977". expansion.com (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ "Tasas de inflación 1977". es.global-rates.com (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 García, Yolanda (17-4-2020). "Qué fueron los Pactos de la Moncloa de 1977 y qué es lo que propone ahora el Gobierno". newtral.es (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ 8,0 8,1 Hernández Andreu (2004), p. 49
- ↑ 9,0 9,1 Blanco, José Miguel (7-4-2020). "¿Qué fueron los Pactos de la Moncloa de 1977 a los que apela Pedro Sánchez?". lne.es (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ Ballesteros, Sonia (9-6-2017). "La despenalización de los anticonceptivos". cadenaser.co (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ Gil, Andrea (6-4-2020). "¿Qué fueron los Pactos de la Moncloa de los que tanto se habla estos días?". eldiario.es (en castelán). Consultado o 29-6-2020.
- ↑ Hernández Andreu (2004), p. 58 n
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carr, Raymond (1983). España: de la Restauración a la democracia, 1875-1980 (en castelán). Barcelona: Ariel. ISBN 9788434465428.
- Egaña, Iñaki (1996). Diccionario histórico-político de Euskal Herria (en castelán). Tafalla (Navarra): Txalaparta. ISBN 84-8136-041-4.
- Fuentes Quintana, Enrique (novembro 2005). "De los Pactos de la Moncloa a la entrada en la Comunidad Económica Europea (1977-1986)". Información Comercial Española, ICE: Revista de economía (826): 39–71. ISSN 0019-977X.
- Hernández Andreu, Juan (2004). Económica política de la transición en España: (1973-1980) (en castelán). Madrid: Editorial Complutense. ISBN 84-7491-749-2.
- Juliá, Santos (1997). Los socialistas en la política española, 1879-198 (en castelán). Madrid: Taurus. ISBN 84-306-0010-8.Juliá, Santos . Los socialistas en la política española, 1879-1982 . Ediciones Taurus. Madrid, 1999.