Paul Éluard
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Eugène Émile Paul Grindel 14 de decembro de 1895 Saint-Denis (Francia) |
Morte | 18 de novembro de 1952 (56 anos) Charenton-le-Pont (Francia) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 97 |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Lycée Colbert (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, membro da resistencia francesa, poeta, político, artista |
Partido político | Partido Comunista Francés |
Movemento | Surrealismo e Dadaísmo |
Pseudónimo literario | Didier Desroches Maurice Hervent Jean Du Haut Paul Éluard |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Dominique Éluard (1951–1952), morte do cónxuxe Nusch Éluard (1934–1946), morte do cónxuxe Gala Éluard Dalí (1917–1929), divorcio |
Fillos | Cécile Éluard () Gala Éluard Dalí |
Pais | Eugène Grindel e Jeanne Cousin |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Элюар Поль) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Obálky knih, |
Páxina web | eluard.org |
Eugène Grindel, máis coñecido co pseudónimo de Paul Éluard, nado en Saint-Denis o 14 de decembro de 1895 e finado en Charenton-le-Pont o 18 de novembro de 1952, foi un poeta francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois dunha infancia feliz, viuse afectado por unha tuberculose que o obrigou a interromper os seus estudos. En Suíza, no sanatorio de Davos coñeceu a Gala coa que casou en 1917 e comezou a escribir os seus primeiros poemas. En 1918, Jean Paulhan descóbreo e asistirao durante toda a súa vida. Presentoulle a André Breton e Louis Aragon co que manterá toda a súa vida unha relación moi profunda pero tamén conflitiva (sempre ao redor do comunismo). Entrou no grupo dadaísta en Toulon. A súa contribución ao Dadaísmo comeza antes da chegada deste a París. Como Tristan Tzara estaba aínda en Zürich, editaron conxuntamente 4 carteis, dos que difunden pola cidade 1000 exemplares de cada un.
Tras unha crise conxugal, comeza unha volta ao mundo que termina en 1924. Os seus poemas de entón (L'Amour la poésie) son o testemuño dunha época difícil: recaída tuberculosa e separación de Gala que se converte na Exeria de Salvador Dalí con ocasión dunhas vacacións comúns das dúas parellas na casa de Dalí en Cadaques, transformada hoxe en museo.
En 1926, publica Capital da dor[1] que lle consagra como un poeta de primeira liña. En 1933 prodúcese unha "crise" coa súa exclusión do partido comunista francés ao que se afiliou en 1926, regresando ao partido clandestino en 1943, 10 anos despois en plena segunda guerra mundial. En 1934, casou con Nush, modelo de Man Ray e de Pablo Picasso, «a mascota, a moza dos Surrealistas». Desacordos políticos afastárono do grupo dos surrealistas 1938. Durante a segunda guerra mundial foi mobilizado e desenvolveu a súa actividade na resistencia.
Decide, sobre todo, loitar coas palabras. No seu poema Liberté (1942) xorde o xenio: transforma un poema de amor lixeiro e sublime en berro de protesta e compromiso que lle obriga a entrar na clandestinidade. A súa palabra aborda desde entón, de forma máis radical, temas militantes e comprometidos, aos que a extrema concisión formal do seu estilo dótalles dun maior impacto.
Tras a morte prematura de Nush, atopa o seu último amor, Dominique, e dedícalle o seu libro Le Phénix, transición entre o horror da longa decadencia de Nush e o renacemento polo amor de Dominique, no cal os temas da morte, da dúbida, da desesperación opóñense frontalmente coa vida, o amor, a sensualidade e a carne.
Morreu en 1952 a consecuencia dun infarto de miocardio, e está enterrado no cemiterio de Pére Lachaise en París.
Obras
[editar | editar a fonte]Na súa obra pódense identificar diferentes etapas:
Etapa dadaísta
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa traxectoria dentro das vangardas dos anos 20, en compañía de André Breton e Louis Aragon. Dentro da estética dadaísta publicou
- Le devoir et l'inquiétude (1917)
- Les animaux et leurs hommes (1920)
- Les malheurs des immortels (1922)
Etapa surrealista
[editar | editar a fonte]Unha vez posto en marcha o surrealismo, convértese nunha das súas figuras máis importantes, achegando ao mesmo obras como
- Mourir de ne pas mourir (1924)
- Les dessous d'une vie ou la pyramide humaine (1926)
- Capital da dor (1926), publicada en galego en 1997 en Espiral Maior, con tradución de Laurence Brault e Helena González Fernández.
- A liberdade ou o amor (1927)
- A vida inmediata (La vie immédiate) (1932)
- La rose publique (1934),
- L'évidence poétique (1937)
- Cours naturel(1938).
En 1930 escribe en colaboración con André Breton L'Immaculée Conception, un curioso libro de poemas en prosa no que imitan varias enfermidades mentais, na vea do método paranoico-crítico de Dalí. Este seduciu á muller de Éluard, Gala, provocando no poeta unha depresión que lle levou a desaparecer da vida pública durante varios meses.
Etapa comunista
[editar | editar a fonte]Fóra xa do surrealismo, durante a segunda guerra mundial converteuse no cantor da Resistencia e comprometeuse coa causa do comunismo soviético. A esta época e a seguinte pertencen:
- Poésie et vérité (1942), desta colección foi traducido ao galego o poema Liberté en forma de libro-obxecto artesanal en 2015[2]nunha edición do Grupo Surrealista Galego cunha tradución de Xoán Abeleira e gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro e Tono Galán.
- Le livre ouvert (1942)
- À Pablo Picasso (1944)
- Au rendez-vous allemand (1945)
- Poésie ininterrompue (1946)
- Souvenirs de la maison des fous (1946)
- Poèmes politiques (1948),
- Une leçon de morale (1949),
- Le désir de durer (1950),
- Tout dire (1951)
- Le Phénix (1952)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Éluard, Paul (1997). Capital da dor. A Coruña: Espiral Maior. ISBN 9788489814080.
- ↑ "Liberdade, obxecto-libro artesanal do GSG". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 12 abril 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Éluard |