Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ponte do Forth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPonte do Forth
(en) Forth Bridge Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoPonte cantilever (pt) Traducir
ponte de aço (pt) Traducir
ponte de treliça (pt) Traducir
ponte ferroviaria Editar o valor en Wikidata
EpónimoEstuario de Forth Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCidade de Edimburgo, Reino Unido, Fife, Escocia, Reino Unido, Inverkeithing, Reino Unido (en) Traducir, Edimburgo, Reino Unido e Dalmeny, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEdimburgo Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°59′54″N 3°23′15″O / 55.9984, -3.3876
Características
Dimensións110 (altura) × 46 (calado aéreo) × 2.528,7 (lonxitude) m
AtravesaEstuario de Forth Editar o valor en Wikidata
Permite o paso deEdinburgh to Aberdeen Line (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Material usadoaceiro Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2015 (39ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador1485
Edificio categoría A
Data18 de xuño de 1973
Punto histórico da enxeñaría civil
Identificadorfirth-of-forth-railway-bridge
Historia
Data de creación ou fundación1890 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usoponte ferroviaria Editar o valor en Wikidata
PropietarioForth Bridge Railway (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeseñadorJohn Fowler (pt) Traducir e Benjamin Baker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webtheforthbridges.org Editar o valor en Wikidata

A Ponte do Forth[1] é unha ponte de tipo beiril para o ferrocarril que atravesa o Estuario de Forth no leste de Escocia, 14 km. ao oeste do centro de Edimburgo. Terminado en 1890, considérase un símbolo de Escocia (votado como a maior marabilla feita polo home en Escocia en 2016) é Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2] Deseñado polos enxeñeiros ingleses Sir John Fowler e Sir Benjamin Baker.[3] Ás veces denomínase Forth Rail Bridge (para distinguilo da adxacente Forth Road Bridge), aínda que este non é o seu nome oficial.

A construción da ponte comezou en 1882 e inaugurouse o 4 de marzo de 1890 polo duque de Rothesay, o futuro Eduardo VII. A ponte leva a liña Edimburgo-Aberdeen a través do Forth entre as aldeas de South Queensferry e North Queensferry e ten unha lonxitude total de 2467 m.. Cando se abriu tiña o vano máis longo de ponte en beiril do mundo, ata 1919 cando se completou a Ponte de Quebec no Canadá. Continúa sendo o segundo tramo en beiril máis longo do mundo, cun tramo de 521 m..

A ponte e a súa infraestrutura ferroviaria asociada son propiedade de Network Rail.[4]

O 5 de xullo de 2015, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO:[5][6]

Esta ponte de ménsula de varios tramos, que estendese por Escocia sobre o estuario do río Forth, é a máis longa deste tipo do mundo. Abriuse ao tráfico ferroviario en 1890 e aínda hoxe se usa para o transporte de pasaxeiros e mercadorías en tren. A súa característica estética industrial é o resultado da sinxeleza e pureza dos seus compoñentes estruturais. O deseño e construción desta ponte, innovadora nos seus materiais, estilo e amplitude, supuxo un fito importante no momento en que o ferrocarril se consolidou como medio de transporte terrestre de longa distancia de viaxeiros e mercadorías.
Descrición no sitio oficial da Unesco[7]

Construción e características

[editar | editar a fonte]
Ponte do Forth pola noite.

O Estuario de Forth ocupa un lugar estratéxico como conexión entre o nordés e o sueste de Escocia. Cruzala, con todo, era perigoso: as tormentas eran frecuentes, os transbordadores pouco fiables e ata o século XVIII existía a posibilidade de atoparse con piratas. Por iso, o Parlamento decidiu construír unha ponte ferroviaria sobre a baía. O primeiro proxecto para a ponte de Forth foi adxudicado a Sir Thomas Bouch en 1873, pero o colapso en 1879 dunha das súas obras anteriores, a Ponte Tay, fixo que os traballos se detivesen cando só comezaran a sentar as bases. Á morte de Bouch, o proxecto transferíuse a Sir John Fowler e Sir Benjamin Baker, quen deseñaron unha estrutura que foi construída pola compañía de Sir [[William Arrol]. entre 1883 e 1890. Baker considerábase "un dos enxeñeiros máis destacados do Reino Unido", e xunto co seu colega Allan Stewart recibiu a maior parte do crédito por deseñar e supervisar as obras de construción.

A ponte é considerada, aínda hoxe, unha obra mestra da enxeñaría. Ten 2,5 km de lonxitude e a súa dobre vía férrea elévase 46 m sobre o nivel máximo da auga. Consta de dous tramos principais de 520 m, dous tramos laterais de 200 m, 15 tramos de aproximación de 51 m e cinco de 7,6 m.[8] Cada sección principal contén dous soportes centrais de 104 m de altura, que descansan sobre piares de 21 m de diámetro. Os cimentos do extremo sur da ponte foron construídos utilizando caixóns baixo aire comprimido, a unha profundidade de 27 m.

No momento de maior actividade, preto de 4.600 persoas traballaban na construción da ponte. Inicialmente, durante os traballos recoñecéronse 57 falecidos, pero investigacións históricas recentes elevan este número a 98.[9] Outros oito homes tiveron que ser rescatados por botes salvavidas colocados para este fin debaixo da ponte durante a construción, e centos de traballadores quedaron incapacitados ou mutilados tras graves accidentes, durante un longo período do tempo cun historial de máis de 26.000 contratempos. En 2005, o Queensferry History Group comezou un proxecto para establecer un memorial dedicado aos falecidos durante a construción da ponte. En North Queensferry tamén se decidiu instalar bancos en memoria dos falecidos.

As dúas pontes sobre o Estuario do Forth; a ponte do ferrocarril é a da dereita.

Na construción da ponte utilizáronse máis de 55.000 toneladas de aceiro, así como 18.122 m³ de granito e máis de oito millóns de remaches. A ponte inaugurouse o 4 de marzo de 1890 polo Príncipe de Gales, que máis tarde se convertería no Rei Eduardo VII do Reino Unido, quen colocou o último remache, especialmente deseñado en ouro e cunha inscrición conmemorativa.[10] Unha análise contemporánea dos materiais da ponte (arredor de 2002) descubriu que o aceiro empregado era de boa calidade, e apenas sufriu variacións.

O uso de soportes no deseño dunha ponte non era unha idea totalmente nova, pero o enxeñeiro Benjamin Baker foi un pioneiro en levar esta idea a unha escala superior, en unha liña que despois sería moi imitada en varias partes do mundo. Gran parte dos traballos realizados non tiñan precedentes naquel momento, incluíndo cálculos de tensión durante a súa montaxe, disposicións feitas para reducir os custos de mantemento, cálculos de resistencia ao vento necesarios despois do desastre da ponte de Tay, cambios de temperatura da estrutura, etc. Na medida do posible, a ponte tamén aproveitou as características naturais do Estuario de Forth, como a illa de Inchgarvie, ou os promontorios a cada lado da baía.

A ponte ten unha velocidade máxima de 75 km/h para os trens de pasaxeiros e de 30 km/h para os de mercadorías. O peso máximo para calquera tren que cruce a ponte é de 1.422 toneladas, aínda que se exime desta limitación para os trens de transporte frecuente de carbón, sempre que dous trens deste tipo non coincidan na ponte ao mesmo tempo. O código de dispoñibilidade da vía é RA8, o que significa que calquera tren actual do Reino Unido pode cruzalo, xa que deseñouse para manexar as locomotoras de vapor máis pesadas. Actualmente, entre 190 e 200 trens cruzan a ponte ao día.[11]

Mantemento

[editar | editar a fonte]

Unha estrutura como a Ponte do Forth require un mantemento constante, polo que dende a súa creación existe un taller de mantemento, así como unha "colonia" ferroviaria cunhas cincuenta vivendas na Estación de Dalmeny. A vía da ponte está formada por vigas de madeira de 6 metros de lonxitude atornilladas á superficie de aceiro da ponte, e as vías están á súa vez unidas a estas travesas. En 1992 as vías substituíronse para acomodarse ao tipo de vía estándar BS113A. Antes, eran dun tipo especial, exclusivo da ponte Forth.

Aínda que os trens modernos supoñen menos tensión na ponte que os trens de vapor máis antigos, a ponte aínda require mantemento, que actualmente corre a cargo da empresa Balfour Beatty, subcontratada por Network Rail.[12]

Debido ao seu gran tamaño, "pintar a ponte Forth" converteuse nunha expresión coloquial para indicar unha tarefa interminable, algo así como unha versión moderna do mito de Sísifo. De feito, críase que nalgún momento da historia da ponte pintar levaba tanto tempo que cando se remataba un lado había que comezar de novo a pintalo polo lado oposto. Segundo un informe da revista New Civil Engineer en 2004, esta práctica nunca foi real, aínda que é certo que baixo a xestión de British Rail, e mesmo antes, había un persoal de mantemento permanente.

A última vez que se comezou a repintar a ponte foi en 2002, cando se adxudicou un contrato de pintura que durou ata 2009, coa aplicación de máis de 20.000 m² de pintura e un custo aproximado de 10 millóns de libras esterlinas por ano. Espérase que esta capa de pintura teña unha vida útil de 20 anos.

  1. "The Forth Bridge". forth-bridges.co.uk. Forth Bridges Forum. 2015. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2017. Inaugurado en 1890, A Ponte do Forth é recoñecida en todo o mundo como a máis famosa dos deseños en voladizo. 
  2. "The Forth Bridge". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  3. "The bridge builders | The Forth Bridges". www.theforthbridges.org. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  4. "The history of the Forth Bridge, Fife". Network Rail (en inglés). Consultado o 26 May 2020. 
  5. heritage-uk-list.htm Historic Scotland - UK Tentative List[Ligazón morta] Consultado o 3 de febreiro de 2008.
  6. east-fife -33397980 Forth Bridge dada a condición de Patrimonio da Humanidade - BBC Consultado o 6 de xullo de 2015.
  7. Ver en: http://whc.unesco.org/en/list/1485
  8. "Forth Rail Bridge Facts & Figures". Forth Bridges Visitors Centre Trust. Consultado o 3 de febreiro de 2008.
  9. "Rail bridge death toll increases". BBC News. 2006-09-04. Consultado o 3 de febreiro de 2008. 
  10. Overview of Forth Bridge Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine.. The Gazetteer for Scotland. consultado o 3 de febreiro de 2008.
  11. "The Forth Rail Bridge". Forth Bridges Visitors Centre Trust. Consultado o 3 de febreiro de 2008.
  12. "[https https://web.archive.org/web/20081004214814/http://www.balfourbeatty.co.uk/bbeatty/media/pr/2002/2002-05-28/ Balfour Beatty obtivo o contrato Forth Bridge]". Nota de prensa, 28 de abril de 2002. Consultado o 3 de febreiro de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]