Sibaté
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Soacha Province (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 38.412 (2015) (304,86 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 126 km² | |||
Bañado por | Río Bogotá | |||
Altitude | 2.600 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1868 | |||
Páxina web | sibate-cundinamarca.gov.co… |
Sibaté é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Soacha, a 27 km ó sur de Bogotá. Forma parte da área metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005.
A Sibaté chégase a través da Autoestrada Sur. O concello é recoñecido pola súa produción de amorodos, patacas e chícharos. Na área rural atópase o encoro do Muña.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo «Sibaté», en muysc cubun (lingua muisca), significa «derramamento da lagoa».
Historia
[editar | editar a fonte]Menciónase dende a época colonial como poboado a beiras do río Muña, dende 1657, e en 1788 foi casarío até a fundación do poboado en 1868.
En 1895 construíuse a estación San Francisco para o ferrocarril, edificio que na actualidade serve de sede da Alcaldía Municipal. En 1908, rematada a Guerra do Mil Días, os herdeiros da Facenda Sibaté entran en xuízo de sucesión; a delimitación da mesma sería o que na actualidade forma o centro urbano. Nos anos 20 do século XX comeza o proceso de urbanización da antiga facenda, e nos anos 30 inícianse os primeiros estudos de organización urbana. En 1940 iníciase a construción do encoro do Muña, sobre o antigo casarío da Unión; tamén se constrúe unha casa de beneficencia para os enfermos psiquiátricos. Nos anos 50, Sibaté é erixido á categoría de Inspección.[1]
A ordenanza 40 do 28 de novembro de 1967 elevou a Sibaté a concello segregado de Soacha, ó que até entón pertencía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sibaté |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)