Santoña
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Santoña | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.892 (2023) (944,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11,53 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Milagros Rozadilla Arriola (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39740 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39079 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | aytosantona.org… |
Santoña é unha vila que se encontra na zona oriental de Cantabria, en España, situada na baía do seu nome, ao pé do monte Buciero. Dista uns 45 km da capital, Santander. A cidade de Santoña está limitada ao norte pola praia de Berria, ao sur pola praia de San Martín, ao leste polo monte Buciero e ao oeste polo porto pesqueiro e a nova sección de porto deportivo que á súa vez ten ao oeste as marismas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A acción do curso baixo do río Asón formou a chamada ría de Treto que desemboca no estuario e cuxos sedimentos de abundantes limos formaron o ecosistema da marisma santoñesa. O monte Buciero elévase a uns 400 m; ocupa unha superficie maior que a metade do total do Municipio. En tempos pasados as súas ladeiras estaban roturadas con socalcos que se aproveitaban para o cultivo. Na actualidade a súa vexetación é de sotobosque e matogueira, con loureiros, abruñeiros, abeleiras, teixos e érbedos. A base do monte polo lado que dá ao mar está configurada por unha costa irregular e sinuosa que ofrece un grande acantilado. Rodeando o monte polo seu lado sur encóntrase a praia de San Martín, que é a entrada á baía. Fronteiro a esta praia aparece un areal chamado O Puntal, pertencente á localidade de Laredo. Coa praia de San Martín comeza a cidade pola parte sur.
A praia de Berria encóntrase no norte de Santoña. Formouse polos arrastres que depositaron dúas correntes de mar de dirección contraria, N-S e S-N. Santoña era na antigüidade case unha illa e as súas augas vertían por esta parte da praia, mais foise enchendo a saída da auga pola acción dos ventos, formando un banco de area e unha liña de dunas con vexetación que foron impedindo o escoamento para o mar norte e formaron así un istmo, que son as actuais marismas. Parece ser que o canal que atravesa as marismas, chamado Canal de Boó, era o que efectuaba o dito escoamento. As marismas son dun gran valor ecolóxico, reserva natural e zona protexida. Abarcan 3.500 hectáreas nas que están comprendidas unha parte de Noja, Colindres e Limpias, ademais da grande extensión da propia Santoña.
No límite oeste do Municipio encóntrase outro monte chamado o Brusco, dunha altitude de 250 m. e para o sur oeste o monte Montehano, xa no municipio de Escalante, onde está en convento do mesmo nome. Neste convento están sepultados os restos de Bárbara Blomberg, mai de Xoán de Austria.
Demografía
[editar | editar a fonte]Con 11.592 habitantes (INE, 2005), este municipio era o oitavo núcleo máis poboado de Cantabria; aínda que ten o posto 94 en canto a superficie.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
4.339 | 6.315 | 7.327 | 7.024 | 11.136 | 8.938 | 9.082 | 10.633 | 11.003 | 11.211 | 11.556 | 11.592 |
Fonte: INE
.
Administración
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santoña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Foto de Google, con marea alta