Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ministro sen carteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ministro sen carteira (ou ministra sen carteira) é un termo creado entre finais do século XIX e principios do XX para designar os membros do goberno coa consideración de ministro e coas mesmas funcións e prerrogativas ca estes aínda que, porén, carecen de cometidos determinados, polo que poden desenvolver aquelas que lles atribúe o Presidente do Goberno ou o primeiro ministro para unha cuestión especial ou para un tema xeral por tempo determinado.

O seu voto nas decisións do Consello de ministros teñen igual valor có dun ministro con área específica de goberno.

Nalgúns países, o número de ministros sen carteira está limitado por lei, como medida para evitar nomeamentos de favor.

Conselleiro sen carteira

[editar | editar a fonte]

Na estrutura do poder galego, este cargo denomínase conselleiro ou conselleira sen carteira.

Foron conselleiros sen carteira do goberno galego Vitorino Núñez durante a Xunta preautonómica, Xoán Manuel Diz Guedes, entre maio de 2000 e o 10 de xaneiro de 2001, e Vítor Manuel Vázquez Portomeñe entre 1996 e 1997, ocupados fundamentalmente de tarefas de asuntos parlamentarios e de relacións institucionais.