Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Melodía

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Figura 1. Un compás da Fuga N.º 17 en La bemol, BWV 862 de O clavecín ben temperado de Bach, Johann Sebastian Bach - The Well-tempered Clavier - Book 1 - 11Efuge Bbmaj.ogg Reproducir
É un exemplo de contrapunto con 4 voces. As dúas voces (melodías) que hai en cada pentagrama poden distinguirse grazas á dirección das plicas das figuras.
BachFugueBar1.mid Reproducir 1ª voz ,
BachFugueBar2.mid Reproducir 2ª voz ,
BachFugueBar3.mid Reproducir 3ª voz ,
BachFugueBar4.mid Reproducir 4ª voz , por separado.

Unha melodía é unha sucesión de sons que é percibida como unha entidade única. Desenvólvese nunha secuencia lineal, é dicir ao longo do tempo, e ten unha identidade e significado propio dentro dun contorno sonoro particular.

En sentido estrito unha melodía é unha combinación de alturas e ritmo, mentres que nun sentido máis figurado o termo en ocasións ampliouse para incluír as secuencias doutros elementos musicais como o timbre. Pódese considerar que a melodía é o primeiro plano respecto do acompañamento de fondo. Pero unha liña melódica ou unha voz non ten necesariamente que ser unha melodía en primeiro plano.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O vocábulo provén do baixo latín «melodia». Este termo latino, á súa vez, proviña do grego μελῳδία [melōidía] que significaba "canto coral" e era unha palabra composta de μέλος [melos] que significa "canción, música que acompaña a unha canción" e ἀοιδή [aoidḗ] que á súa vez quere dicir "canto, canción".

Descrición

[editar | editar a fonte]

A miúdo as melodías consisten nunha ou máis frases ou motivos musicais, e xeralmente repítense ao longo dunha canción ou peza musical en diversas formas. As melodías tamén poden ser descritas polo seu movemento melódico ou polas alturas ou intervalos entre alturas (predominantemente conxuntos, ou disxuntos ou con outras restricións), a gama tonal, a tensión e a relaxación, a continuidade e a coherencia, a cadencia, e a forma.

A melodía parte dunha base conceptual horizontal, con eventos sucesivos no tempo, e non vertical como sería nun acorde onde os sons son simultáneos. Con todo, esta sucesión pode conter certos cambios de alturas e duracións, e aínda ser percibida como unha soa entidade. A melodía é unha sucesión de sons que normalmente segue un esquema harmónico.

Elementos

[editar | editar a fonte]

Dada a cantidade e variedade de elementos e estilos de melodía «moitas das explicacións [de melodía] existentes limítannos a un modelo de estilo específico, sendo por tanto descricións demasiado excluíntes».[1] Paul Narveson afirmou en 1984 que máis de tres cuartas partes das cuestións teóricas acerca da melodía non foron completamente exploradas.[2]

As melodías existentes na meirande parte da música europea escrita antes do século XX, e na música popular do século XX, caracterízanse por «patróns de frecuencia fixos e facilmente discernibles», repetición de «eventos a miúdo periodicamente, en todos os niveis estruturais» e «patróns de repetición de duracións».[3]

Figura 2. Melodía medieval inglesa Pop Goes the Weasel.[1] Pop Goes the Weasel.ogg Reproducir

Nas melodías da música clásica do século XX «empregouse unha maior variedade de recursos do acostumado en calquera outro período histórico da música occidental» no tocante ás alturas. A escala cromática pasou a ser «amplamente empregada», mentres seguía a ser empregada a escala diatónica.[1] Ademais os compositores asignaron un rol estrutural ás «dimensións cualitativas» que en tempos anteriores «reserváranse case exclusivamente para alturas e ritmo». En palabras de Kliewer «os elementos esenciais de calquera melodía son a duración, a altura, o timbre, a textura e a intensidade».[1] Aínda que na práctica a mesma melodía pode ser recoñecible incluso cando é interpretada cunha gran variedade de timbres e dinámicas diferentes.[1]

Os diferentes estilos musicais empregan a melodía de xeitos moi diversos. Por exemplo:

Voz ou parte

[editar | editar a fonte]

O concepto de melodía con frecuencia se relaciona con termos como voz ou parte. Unha voz (ou parte) é a música ou melodía interpretada por un só instrumento ou voz (ou grupo de instrumentos ou voces idénticas) dentro dunha obra maior. Unha particella denota a copia impresa da voz ou parte de cada instrumento, a diferenza da partitura, que contén a música que han de interpretar todos e cada un dos instrumentos dunha agrupación musical.

A escritura de partes é a composición das voces tendo en conta a harmonía e o contrapunto. As partes poden ser "partes externas", cando se trata das voces situadas na parte superior e na inferior; ou ben "partes internas" cando se atopan na franxa media.

Nun contexto polifónico o termo voz emprégase para designar unha soa liña melódica ou capa textural (ver Figura 1). O termo é xenérico e non pretende dar a entender que a liña debe ser necesariamente de carácter vocal, senón que fai alusión á instrumentación ou simplemente ao rexistro.

Por outra banda, unha parte na música de gaitas das Highlands é unha sentence. Polo xeral, cada unha desas partes consta de catro frases musicais que duran un ou dous compases. Varias frases combínanse para producir tanto un parágrafo así como unha obra ou melodía completa.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Kliewer, Vernon: «Melody: Linear Aspects of Twentieth-Century Music» en Aspects of Twentieth-Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 270-301. (en inglés)
  2. Narveson, Paul: Theory of Melody. University Press of America, 1984. (en inglés)
  3. DeLone, Richard: «Timbre and Texture in Twentieth-Century Music» en Aspects of Twentieth-Century Century Music. Prentice Hall, 1975, cap. 4, pp. 111-113. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Apel, Willi. Harvard Dictionary of Music, 2ª ed., p. 517–19.
  • Edwards, Arthur C. The Art of Melody, p. xix–xxx.
  • Holst, Imogen (1962/2008). Tune, Faber and Faber, Londres. ISBN 0-571-24198-0.
  • Smits van Waesberghe, Joseph (1955). A Textbook of Melody: A course in functional melodic analysis, American Institute of Musicology.
  • Szabolcsi, Bence (1965). A History Of Melody, Barrie and Rockliff, Londres.
  • Toch, Ernst (1931). La melodía, Labor, Barcelona.
  • Trippett, David (2013). Wagner's Melodies. Cambridge University Press.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.